Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo

Cruceiro de Rebordelo copia
O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo

Rebordelo é un lugar que pertenece á parroquia de Salgueiros (Dumbría). Está situado a uns 200 m. do borde oeste da estrada AC-552 de A Coruña-Cee, un pouco antes de chegar a aldea de Vilanova. Polo norte deste lugar pasaba o Camino Real de Bustelo a Muxía que cruzaba o río Castro por uns pasais coñecidos como “Os Posados de Mintiráns”.

Fronte a este lugar e no borde norte deste camino existía un cruceiro de pedra coñecido como “O Cruceiro de Rebordelo” que ó longo da súa historia debeu moverse por distintos paraxes do entorno. Todo o que imos contar sobre este cruceiro está sacado das conversas mantidas con persoas maiores, alguhas das cales xa non están con nos, que son os únicos documentos verbais para poder recompoñer a súa historia.

Dicían que este cruceiro estivo no lugar de Codesos e sobre mediados do s.XX un veciño do caserío da Cubela levono para súa horta. Este caserío, que xa non existe, estaba situado a uns 300 m. na marxe este e no borde da estrada AC-552, un pouco antes de chegar a Rebordelo.
Esta casa facía de marco que separaba o Concello de Cee co de Dumbría. Un documento do 26 de Xuño de 1920 fala deste marcoa e dí: Sexto Mojón: Se reconoció como tal la arista S.O. del cuerpo principal del edificio conocido como Casa da Cubela, propiedad de los herederos de Ramón Romero”.

Pois ben, contaban que este veciño tiña problemas co cruceiro porque de noite aparecían cousas misteriosas como luces e ruídos polo que determinou levalo o borde do Camiño Real de Muxía.

Outras versión contradictorias falan de que este cruceiro foi feito por Ramón Calo Liñeiro da casa de Calo de Rebordelo, no ano 1890. Esta casa tamén era coñecida como “Casa do Casillero”. Descoñezo se este Ramón tiña algún parentesco con Ramón da Cubela. O que sí está claro é que este cruceiro desapareceu na época da República, xunto con outros da parroquia, culpando a uns xitanos que o romperon para roubarlle o aro de ferro que unía a cruz coa vara.

Algún veciño opinaba que sobre os restos tirados no chan, un trozo da vara tiña gravado 1770 e a cruz din que foi para o lugar de Vilanova. Na actualidade , o Camiño Real xa non existe, e no entorno só se recoñece unas rochas onde nunha delas ten o furado cuadrangular onde se asentaba o cruceiro.

Outros artigos no "Modesto Patrimonio"

Patrimonio Pindexo

Comentarios