Martes. 10.09.2024
El tiempo

Os pais dos afectados pola exclusion no CEIP Fogar seguen sen solución ante a pésima planificación das administracións

Os pais dos afectados pola exclusion no CEIP Fogar seguen sen solución ante a pésima planificación das administracións
Loita pola escolarizacion no CEIP FOgar de Carballo

Continúa a loita dos pais afectados pola falta de prazas no Fogar para atopar unha solución e poder escolarizar aos seus cativos. E seguen cos mesmos problemas que xa avisaban aló por febreiro, e que xa se tiña que ter en conta se as administracións fixesen os deberes e analizasen correctamente os datos de nacementos. Por iso, acusan á “pésima xestión e planificación” das administracións, máis e cabe cando se poden habilitar as aulas necesarias para cubrir a demanda.

Xa van varias reunións alá, unha no CEIP na que se determinou que o máis interesante era abrir unha 4ª aula no CEIP Fogar, algo ideal para os pais, e ao que o Concello aportaba o seu gran de area investindo na remodelación da aula. Só facía falta un mestre posto pola Consellería para que uns 30 nenos non teñan que pasar 9 anos (e probablemente os 4 de Secundaria) nun centro que non lle corresponde.

O 27 de maio, os membros da corporación municipal (do BNG, PP e TEGA) ofrecéronse para artellar unha reunión co xefe territorial D. Indalecio Cabana Leira pero a día de hoxe dita reunión aínda non foi convocada.

Así, o novo paso, e debido a un posible erro no procedemento de admisión, pais excluídos do colexio Fogar presentaron recursos de alzada ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, educación e ordenación universitaria contra a resolución de listas definitivas de admisión de alumnos e alumnas de 4º de Educación infantil dos colexios Fogar, Bergantiños e CRA Ponte de Pedra de Carballo, publicadas o 14/05/2015 e ditadas polas respectivos centros educativos e posterior valoración e adxudicación de prazas da Comisión de Escolarización celebrada o pasado 20/05/2015.

O recurso baséase nas seguintes alegacións (resumo):

  • 1. Fallo no procedemento. Amplíanse o número de vacantes dos colexios fóra de prazo e de distinta forma, no CEIP Bergantiños dunha maneira e no CEIP Fogar doutra, polo que se comete un erro no procedemento.
    A pesar de constar oficialmente unha oferta de 50 prazas en cada centro, no CEIP Fogar foron admitidos na lista provisional e posteriormente na definitiva 50 alumnos, mentres que no CEIP Bergantiños foron admitidos 53 tanto na lista provisional coma na definitiva.
  • 2- Sen constar no taboleiro de anuncios nin na páxina web información expresa sobre o número real de prazas vacantes incrementadas, nin a data na que isto se produciu, nin en base a que normativa. A comisión de escolarización, en lugar de velar polo rigor do procedemento, dá por bo o incumprimento e adxudica as prazas vacantes sen denunciar a irregularidade.
  • 3. A falta de planificación e xestión da Consellería os últimos anos. Carballo medra pero as prazas escolares non, quedan en función da arbitrariedade e das protestas dos pais que se manifestan ano tras ano. No CEIP Bergantiños houbo obras para amplialo, no CEIP Fogar habilítase ano tras ano unha terceira aula como medida para que os menores teñan praza.

Ademais, hai pais que están a presentar queixa ante o Valedor do Pobo pedindo a súa mediación. E tamén se enviou escrito ao Conselleiro de educación onde se lle informa de primeira man da problemática e do recurso de alzada presentado ante a xefatura territorial, e onde se solicita a súa mediación para solucionar o problema.

Veremos que segue a acontecer.

Máis información

Novas relacionadas

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios