É o Parador o mellor revulsivo para o sector hostaleiro costeiro nestes momentos?

Eran outros tempos cando se formulou a construción do Parador da Costa da Morte. Van 17 anos de promesas e 5 de retrasos, 8 anos de obras, e 25 millóns de euros de investimento (de cartos públicos) para unha infraestrutura chamada a ser o gran revulsivo do sector hostaleiro da Costa da Morte.
Eran outros tempos. Tempos de crecemento económico, de aumento continuo de chegada de visitantes, tempos nos que había turistas de diferentes perfís, que ben podían encher dende os albergues de peregrinos, ata os pequenos hoteis pasando polo turismo rural.
A día de hoxe a situación é ben diversa, e así o reflexiona o propio sector. Un sector que conseguíu entender que en clave de futuro o Parador si que “marcará destino”, e servirá de referente. “Pero a día de hoxe hai que vivir día a día”.
Ante a caída radical de visitantes, e o peche dos establecimentos durante dous meses, a perda da campaña de Semana Santa e de, polo menos, medio verán, prevese unha recuperación lenta, moi lenta, ata volver aos números do ano pasado. De aí que os hostaleir@s, amosen a súa preocupación. O propio Jesús Picallo recoñecía que esta crise vai facer unha limpeza, pero chega ao taboleiro un novo competidor desleal, doutra liga.
Nunha comarca na que nos últimos 10 anos se xerou moito traballo privado, moito proxecto hostaleiro pequeno, autónomo, dos que xenera economía local, dos que manteñen vivas as vilas, ”é importante que abra este portavións se non temos avións?", pregúntase algún hostaleiro.
en conta que na comarca hai moito autónomo con pequenas casas rurais, que acabarán
A realidade é que xa se pode reservar habitación no Parador a 105-110€ para a vindeira semana, cando o Turismo Rural aínda tarda en recuperarse e reaxustarse. E precisamente esas casas de turismo rural que hai meses acollían con felicidade a apertura dunha infraestrutura referente como esta, agora convírtese en competidor directo do trasatlántico. “A conta de que marca destino? a conta de matar ao pequeno hostaleiro?”, reflexionan.
Moitos mesmo cren que non sería unha idea descabellada reconvertir o proxecto nunha residencia para a terceira idade, unha verdadeira necesidade na comarca.
Novas de turismo
- A CMAT reformula a estratexia 2020 centrándoa nas persoas.
- "O Camiño dos Faros non só é bonito, é emocionante”.
- O Foro Turismo Covid19 da Deputación da Coruña reflexiona sobre o posible rescate do sector.
- Jesús Picallo: “No mellor escenario a hostalería podería reabrir en xuño”.
A historia do Parador
- Decembro 19: Marisol Soneira: Non foi sen tempo.
- Decembro 19: Rematan as obras do Parador de Lourido, que abrirá en marzo.
- Xuño 19: As obras do Parador, executadas ao 98%, tras 5 anos de retrasos e 17 anos de promesas.
- Febreiro 18: O Parador de Lourido podería estar listo no verán de 2019.
- Agosto 2016: Sen novas do Parador.
- Abril 2016: O Parador de Lourido, sen data de remate.
- Maio 2014: Parador de Muxía: Comezando a segunda fase.
- 12-04-12: Rueda asegura que o Parador será unha realidade en 2015.
- 14-03-12: O Goberno paraliza o Parador de Muxía.
- 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014.