Martes. 28.01.2020
El tiempo

Os [email protected] volven poñerse en loita para traballar en función das mareas

Foto dos percebeiros de Laxe en plena faena de José Manuel Ojén
Foto dos percebeiros de Laxe en plena faena de José Manuel Ojén
Os [email protected] volven poñerse en loita para traballar en función das mareas

Chega o tempo do Nadal, chega o tempo do marisco. Pero “non vale de nada que o rei do marisco se venda a 200€, se cando se paga a ese prezo non se pode coller”. Quen fala é Roberto Vidal, percebeiro e patrón maior de Corme, que ve como están pasando as datas máis esperadas do ano e o mar impide traballar o suficiente.

Onte, con ondas de 7 metros, “non tivemos máis remedio que saír a traballar, e tivemos sorte de non levar un golpe”, recoñece adoecido polas maniotas de gabear polas rochas. Todo para coller 6kg de percebe, a metade do tope, o que dá conta do complicado que estaba o mar.
Coma en Corme atópanse percebeiros de Lira, Muxía… despois de varias semanas de traballar moi pouquiño por culpa do mar.

Un dos grandes impedimentos cos que contan @s [email protected] é a imposición de 48 de descanso á semana que obriga á Consellería do Mar. Unha situación que impide traballar o domingo, e normalmente o sábado, que limita e moito o traballo. “O ideal sería que do 15 de decembro ao 6 de xaneiro sería traballar en funcións das mareas, sen restricións de horarios”, sinala Vidal, que explica que van as Confrarías van enviar un escrito á Consellería pedindo traballar, alomenos, este sábado, pois domingo, luns e martes dan mal tempo… de novo.

Esperan que chegue a contestación a tempo, pero saben que varias confrarías recibiron contestación negativa xa.

Plan para o 2020

Para o Nadal seguinte si que está aprobado o plan que presentaron de cara a 2020. Un plan que non gusta a toda a xente do mar, pois por exemplo non quitaron a restrición das 48 horas de descanso á semana, incluído o domingo, para os mariscadores de a flote. Deste xeito, os de a pé si que poden traballar os sábados e luns, pero os de a flote deben escoller entre sábado ou luns.

En todo caso, as confrarías están en alerta. “O plan parece aprobado pero non está escrito en ningures, polo que en calquera momento volven co anterior e aí nos quedamos”, avisa Vidal.

Novas relacionadas

OUTRAS NOVAS

Comentarios