Que foi do chapapote do Prestige?

Chapapote almacenado do Prestige

Aínda a día de hoxe, 20 anos despois, hai días que o mar de fondo deixa á vista galletas do Prestige nos nosos areais. Pero que foi de todo o fuel recollido pola Marea Blanca?

Estas semanas estamos analizando a xestión política da maior catástrofe ambiental de toda España, e hoxe é ADEGA á que pon enriba da mesa, con cifras, as consecuencias ecolóxicas do Prestige, como xa fixera hai 10 anos Lorena Martínez Canosa en QPC.

Se ben ADEGA recoñece que en apenas 5 anos a produtividade biolóxica case recuperou os níveis previos, cómpre recordar as cifras de animais mortos das que se teñen constancia:

  • 125.000-300.000 aves.
  • 337-841 tartarugas.
  • 33-84 cetáceos.
  • 11-28 lobos mariños.
  • 18-46 lontras.

ADEGA lembra ademais que as poboacións galegas dalgunhas aves peláxicas como o arao dos cons, non se recuperaron e actualmente considéranse extintas.

O fuel impactou en un Parque Nacional, un Parque Natural, 20 LICs (lugares de iterese comunitario), e 6 ZEPAs (zonas de especial protección de aves), afectando a 20 hábitats terrestres protexidos pola Directiva de Hábitats.

Que foi das toneladas recollidas

Foron 90.000 as toneladas de fuel mesturado con algas, area, auga mariña, plásticos (arredor do 10%)… recollidos polos milleiros de mariñeiros e voluntari@s de todo o mundo durante aqueles meses. Pero a realidade, e como reflexiona Adega, é que “o tratamento dos refugallos do Prestige é un asunto escuro e sen resolver”, con informacións contradutorias.

A entidade fai un unha viaxe ano ano polas plantas onde se almacenou o fuel.
Unhas 60.000 foron armacenadas nas instalacións de SOGARISA (Ferrovial) nas Somozas, das que “unhas 10.000 toneladas fican aínda sen tratamento”. Outras 20.000 toneladas foron almacenadas en Cerdeda e outras 10.000 "en diferentes puntos". O seu tratamento puido ter costado máis 22 millóns de euros.

Ata 2006 non se comezou o tratamento das primeiras 20.000 t armacenadas en Cerceda mediante unha planta móbil.
En 2007 a Xunta anunciou que o tratamento doutras 60.000 t en SOGARISA comezaría en xullo dese ano e apontaba como razóns do retraso "causas políticas e administrativas".
En abril de 2008 publicitouse que SOGARISA procesou outras 30.000 das 60.000 t restantes nas balsas. Agardaban rematar o proceso a principios de 2009, pero as informacións de que a planta de Sogarisa tiña capacidade para procesar unhas 20 t ao día sinalaban que ata 2015 non estaría tratado todo o residuo almacenado.
Xa en 2009 Adega denunciaba que aínda faltaban por tratar outras 10.000 t de refugallos do Prestige almacenadas nas Somozas, unha cifra que non se tocou ata 2011, por “falta de fondos”.
Ata o día de hoxe, 2022, pois as10.000 t de refugallos daquela catástrofe que fican armacenadas en balsas por SOGARISA, nas Somozas, agardando a que o Estado e a Xunta se poñan de acordo para investir os aproximadamente 3 milóns de € que custaría o proceso.

Falamos de 10-15 anos de tratamento cando “a daquela vixente Lei 22/2011 de residuos e solos contaminados obrigaba a tratar estes refugallos nun prazo máximo de 6 meses…”

De calquera xeito, as cifras de Sogarisa sinalan que se incineraron 956 toneladas de plásticos e 482 de fuel, isto é, un 10,2% e un 7,5% respeitivamente, do almacenado. “Onde foron logo o resto dos plásticos e do fuel?”, pregúntanse ADEGA.

Culpables

A entidade lamenta ademais a falta de culpables políticos tralo xuízo. Pero ademais, faltan solución legais para evitar unha situación coma esta.

ADEGA ten claro os culpables da xestión política do Prestige, pero a realidade é que a meirande parte foron ascendidos

Artigos relacionados

Novas do Prestige

Seguemento do Xuízo do Prestige, por José Luís Louzán