“O ritmo acelerado da Xunta na implantación de eólicos é proporcional á degradación que sofren os chans"
Cando a Xunta xa fala de “Complexo Eólico Costa da Morte” é que a cousa vai en serio. Así o denuncian varias entidades medioambientais como a Plataforma Quijote de Outes, a Asociación Petón do Lobo, a Plataforma contra os eólicos das Salgueiras en Ponteceso e a Plataforma de veciños O Cerqueiral en Coristanco. “Centos de hectáreas de chans ameazados pola desertización tras a implantación de eólicos en terras fértiles e humidais en boa parte do territorio galego”, lamentan.
As entidades piden á Xunta que “avalíe as consecuencias que a implantación masiva de eólicos está a ter na erosión dos chans e a perda produtiva destes”.
As entidades alertan do novo impulso eólico que propón 39 novos proxectos na Costa da Morte, e poñen o foco en proxectos como o de Banzas e Maragouto, en Outes e Mazaricos, que se asentan sobre turbeiras, brañas, humidais e terras de alta capacidade agrícola.
Lembran que “o chan é un recurso natural non renovable cuxo proceso de formación tómase centos de anos. Son unha parte fundamental no equilibrio dos ecosistemas: funciona como filtro e amortiguador ao reter substancias, protexe as augas subterráneas e superficiais contra a penetración de axentes nocivos e transforma compostos orgánicos descompoñéndoos ou modificando a súa estrutura conseguindo a mineralización”. Por iso, “a implantación masiva de eólicos sobre os chans de Galicia podería alterar os ciclos bioxeoquímicos dos chans. O ritmo acelerado da Xunta na implantación de eólicos é proporcional á degradación que sofren os chans e isto supón unha ameaza á capacidade deste recurso para satisfacer as necesidades das futuras xeracións”.
Continúan: “A materia orgánica do chan ou humus é fundamental para manter a estrutura do chan, reter a auga necesaria, actuar como reserva nutritiva e imprescindible para manter a produtividade dá terra. Certos usos do chan, como as cimentacións eólicas, poden diminuír de forma drástica o contido de materia orgánica do chan. As remocións de terra que esixe a implantación dun parque eólico non é cuestión baladí e eses chans non se van a recuperar polo que nun futuro teremos grandes áreas desertificadas”.
”Coa implantación das cimentacións dos parques elimínase a materia orgánica dos chans e pérdese a produtividade destes. Non só se produce un cambio de uso. Tamén se produce unha transformación urbanística non amparada legalmente ao quedar os chans erosionados e perder de forma irreversible a súa produtividade orixinaria”.
Informe eólicos
Máis novas eólicos
- P.E. Soesto: Dous grandes viraventos entre a praia de Traba e a de Soesto.
- PE A Ruña III: Enriba dun humidal.
- PE Monte da Croa: Ateigando de viraventos nunha zona xa sobreexplotada.
- PE Alto do Torreiro: Denuncian a tramitación fraudulenta do parque por fragmentación irregular.
- PE Monteadugo-SET Morás: Outro mar de viraventos entre Arteixo, Carballo e A Laracha.
- PE Monte Chan: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Agrelo e Muriño: Outro proxecto eólico sobre os montes de Cabana e Zas .
- PE Orzar e Tornado: Outros dous proxectos eólicos de Greenalia en Carballo .
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- PE Bustelo e Baralláns: Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico.
- PE Corme: A Xustiza demostra o incumprimento de EDP, e a connivencia da xunta, á hora de medir o ruído dos eólicos de Corme .
- PE Berdoias: Varias entidades presentan alegacións ao Parque Eólico de Berdoias polo impacto no seu patrimonio.
- PE Campelo, Bustelo e Monte Toural: A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico.
- PE Banzas: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas.
- PE Maragouto: Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña.
- PPEE Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado: Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría.
- G3 Corme: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- PE Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- PE Cerqueiral: O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- PE Mouriños: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- P.E. Pena Catasol: Laxe xa non é un Concello Libre de Eólicos.