Sábado. 24.07.2021
El tiempo

PE A Ruña III: Enriba dun humidal

Zona do Parque Eolico A Ruña 2 en Mazaricos
Zona do Parque Eólico A Ruña 2 en Mazaricos. Foto: Petón do Lobo
PE A Ruña III: Enriba dun humidal

”Este proxecto é terrible. Nunca vira nada así”, recoñece Ana Martina Varela, da Asociación Ambiental Petón do Lobo. E non é que sexa o primeiro proxecto que analiza, senón que xa leva ducias só nestas últimas semanas, realizando mesmo talleres de análise das características e impactos para a veciñanza.

O que máis lle chama a atención é que o Proxecto Eólico A Ruña III, promovido por Eurus Desenvolvementos Renovables, “cárgase literalmente un humidal”. Pero o documento deste proxecto situado no Concello de Mazaricos, un dos Concellos máis castigados da provincia, ten moitas máis cousas a estudar.
Ata o punto de que hai 16 parques na contorna (sendo os máis próximos os da Ruña e Currás, ambos en fase de operación, e o Parque Eólico A Ruña II, en fase de tramitación pero temporalmente paralizado pola denuncia do concello tras unha serie de accións ameazantes da mesma empresa) e o plano comparte zona de estudo cos parque eólicos de “Outes” e “ Paxareiras II”.

Parque Eolico A Runa 3
O mapa da zona dá conta da cantidade de proxectos eólicos

Serán 4 aereoxeneradores en parcelas das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Fornís e Loureiro. Entre eles, algunha parcela necesita unha recalificación urbanísitca “non amparada legalmente”, segundo a Asociación Ambiental, “en relación ao chan rústico de protección forestal e o chan rústico de protección agropecuaria”.

O Parque tería unha directa Afección severa aos núcelos de Vilar, Campelo, Vilar de Coiro ou Fornís, situados a uns 800 metros de distanci, así como de Colúns e Beba, a pouco máis de 1km.

Pero comocomentaba Ana, o máis grave debe ser a “afectación severa” ao humidal Lagoa de Beba, que sufrirá directamente un viravento.

Ademais, tamén afectará abrezais, turbeiras… e como non, terá un impacto paisaxístico visible dende practicamente toda a comarca, dende o Tambre, ata o Monte Pindo, e mesmo dende o Cabo C.

En definitiva, Petón do Lobo denuncia que o parque provoca unha “fragmentación excesiva dos hábitats e perda da biodiversidade”.

A entidade, como adoita facer, comparte un documento para presentar alegacións.

Novas relacionadas

Informe eólicos

Máis novas eólicos

Máis relacionados

comentarios