Martes. 13.04.2021
El tiempo

PE Monte da Croa: Ateigando de viraventos nunha zona xa sobreexplotada

outros-parques-eolicos-na-entorna
Mapa dos parques eólicos situados entre Vimianzo e Dumbría arredor do Monte da Croa
PE Monte da Croa: Ateigando de viraventos nunha zona xa sobreexplotada

Seguimos debullando os 39, si 29, novos proxectos eólicos que se nos veñen enriba. Da man da Asociación Ambiental Petón do Lobo descubrimos hoxe o que se agocha detrás do Proxecto Eólico Monte da Croa, que afecta aos concellos de Dumbría e Vimianzo).

O proxecto, promovido pola empresa Villar Mir Energía SL, instalará 7 aereoxeneradores de 112 altura de buxe e 126 diámetro de rotor. Boa parte afectan ao monte veciñal en man común Monte de Ogas.

O máis destacable é que nos atopamos nunha zona absolutamente ateigada de viraventos como son Paxareiras II E, Paxareiras IID, Ponte Rebordelo, Valsalgueiro, Monte Tourado… ademais dunha serie infinita de Liñas de Alta Tensión que atravesan a zona.

A entidade ademais, despois de analizar o proxecto de posta en march, asegura que existe unha “afectacción severa a hábitats prioritarios” como brezais secos ou brañas; “afectación severa a recursos hídricos”, mesmo provocando a “vulneración da Directiva Marco da Auga” pois non existe análise da afectación a acuíferos como os Rego de Cambeda e de Berdoias, cando a propia empresa a recoñece.

aeroxenerador-a4
O aéreoxenerador 4 irá neste monte

Aseguran que, ademais do impacto paisaxístico inerente a todo proxecto eólico (neste caso ademais os aereoxeneradores van en montes de arredor de entre 300m e 400 metros de altura), tamén haberá un impacto directo en patrimonio como o Castro das Barreiras, a Casota de Freáns e boa parte das mámoas vimiancesas.

As entidades invitan a descargar o modelo de alegación para presentalo.

Informe eólicos

Máis novas eólicos

Máis relacionados

comentarios