Luns. 29.11.2021
El tiempo

Aula 11 cruza o telón de grelos a ritmo de garage

Aula 11 cruza o telón de grelos a ritmo de garage
Aula 11 o novo grupo de garage de Carballo

Un novo grupo musical carballés nace na escena garage carballesa. A cultura pop carballesa segue medrando despois de tantos anos, e dá gusto ver novas bandas de rapaces facendo soar as guitarras deste xeito tan auténtico.

A nova banda Aula 11 xa cruzou o chamado “telón de Grelos” para participar no Mat Mad 2015 no apartado para mozos de menos de 18 anos. Tres foron as bandas seleccionadas a nivel nacional, The Sharrocks e The Ramblings, ambas de Madrid, para participar neste concerto que terá lugar o sábado día 20 de xuño na coñecida sala Matadero de Madrid. Os carballeses compartirán escenario con bandas consagradas no circuíto musical españolo como Ilegais, Los Enemigos, Corizonas ou Kiko Veneno entre outros. O concerto arrinca ás dez e media da mañá e acabará sobre as sete e media da tarde. Os carballeses saltarán ao escenario entre as dúas e as tres media da tarde para actuar uns vinte minutos.

A banda carballesa está formada por catro membros, todos de menos de 18 anos e que son Juan Rodríguez (17 anos), batería e estudante de 1º de bachiller no IES Monte Neme de Carballo; Manu Eirín (16 anos), guitarra e estudante de 1º de bachiller no IES Alfredo Brañas de Carballo; Jaime Regueiro (16 anos), baixo e estudante de 4º diso no IES Monte Neme de Carballo e o cuarto integrante é Guillerme Queijeiro (16 anos), guitarra e voz, estudante de 4º diso no Centro Artai de Carballo.

O estilo da banda se decanta polo o punk-rock con aires garajeros dos anos 80 e teñen como grupos de de cabecera, de influencia a Novidades Carmiña, Fidlar, Os Nastys e Ty Segall, entre outros como os veciños do sur da Costa Terbutalina. Pese á súa mocidade xa deron varios concertos pola comarca, en Carballo, en Razo, en Ponteceso e na Laracha. E se preparan para asaltar o Sereas e Piratas de Razo o vindeiro 11 de xullo.

Así soan:

Máis novas musiqueiras

Fonte

comentarios