En que gastan os Concellos as subvencións turísticas?


Anuncia hoxe o BOP as axudas da Deputación correspondentes ao programa DP0006 dirixido a concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para investimentos en promoción turística durante o exercicio 2015. Reciben os concellos da Costa da Morte unha media de 5.000-6.000€, se ben non reciben axudas ningunhas Carballo, Dumbría nin Mazaricos.
E a verdade é que son moitas as carencias en materia de promoción turística na Costa da Morte. Poderíamos enumerar ducias: sinalización (habería que pelexar conxuntamente por colocar sinais co destino “Costa da Morte” polo resto do país), promoción online (a aposta pola rede é mínima na zona), oficinas turísticas (un tema de traca, con oficinas pechadas en pleno verán), sendas peonís (parece que a do Cabo Fisterra por fin se levará adiante despois de moitos anos)…
Falaríamos, por exemplo, de facer un apoio real a iniciativas civís como o Camiño dos Faros na procura dunha Ruta Homologada de Longo Percorrido GR, pero para iso teríanse que unir varios concellos, algo que parece moi difícil.
Precisamente, hoxe o BNG critica que a semana pasada, durante a chegada dun milleiro de trasn@s a Malpica para a primeira etapa do Camiño dos Faros, o Concello e o Concelleiro de Turismo non aproveitarsen para informar aos trasnos cuns trípticos de promoción turística do concello coa información pertinente.
Vemos estas axudas, algo cortas para facer algo realmente importante, obxectos como sinalización, puntos de información, promoción online… A ver en que se traducen.
Concello | Obxecto da Subvención | Cantidade |
CABANA | SINALIZACION TURISTICA | 6.669,61€ |
CAMARIÑAS | DOTACION EQUIPAMENTO PUNTO DE INFORMACION TURISTICA E PANEIS INFORMATIVOS | 4.944,75€ |
CARNOTA | PROMOCIÓN RECURSOS TURISTICOS 2015: “CARNOTA NA NUBE” | 4.665,00€ |
CEE | Actuacións a realizar no paseo marítimo de Cee | 6.673,62€ |
CORCUBION | Puntos de información turística | 4.671,81€ |
CORISTANCO | SEÑALIZACION TURISTICA | 6.664,00€ |
FISTERRA | Mellora hotel O Semáforo. APP de promoción turística. Iluminación solar Paseo langosteira. reparación e substitución elementos praias e paseos. | 8.646,87€ |
LAXE | DESEÑO E ADQUISICIÓN DE SINALIZACIÓN PARA OS RECURSOS TURÍSTICOS [NATURAIS E CULTURAIS] | 6.668,00€ |
MALPICA | MELLORA PÁXINA WEB E EQUIPAMENTO TURÍSTICO | 4.673,66€ |
MUROS | CREACION DUNHA PAXINA WEB PARA PROMOCION TURISTICA DO CONCELLO DE MUROS E SINALIZACION | 4.670,87€ |
MUXIA | APLICACION PARA DISPOSITIVOS MOBILES E TABLETS | 4.667,23€ |
PONTECESO | Investimento en promoción turística do Concello de Ponteceso | 6.669,96€ |
SANTA COMBA | Mellora da páxina web e sinalización turística 2015 | 6.666,00€ |
VIMIANZO | Investimentos para a promoción turística de Vimianzo. 2015 | 4.674,20€ |
ZAS | CREACION WEB TURISMO ZAS | 3.673,70€ |
Novas relacionadas
- Turoperadores de todo o mundo interesáronse na Costa da Morte na Turexpo de Silleda.
- Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros.
- Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido.
- CMAT, constituído o ente que coordinará o Xeodestino Costa da Morte.
- Sabe o Concello de Fisterra aproveitar o potencial turístico da Fin da Terra?.
- O BNG propón coidar o turismo de autocaravanas.
- Bluscus ou un empurrón ao Turismo Mariñeiro en Galicia.
- Por fin unha senda peonil ata o Faro Fisterra.
- Fisterra queda sen o seu selo de Patrimonio Europeo ante a irresponsabilidade municipal.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- Necesidades do Camiño: Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra.
- O Cabo Fisterra terá que agardar máis dun ano polo seu ambicioso Plan Director.
- O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo.
- Pola mellora da sinalización da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).