Martes. 16.04.2024
El tiempo

Ignacio Vilar pon fin á rodaxe de Sicixia

Ignacio Vilar pon fin á rodaxe de Sicixia
Durante cinco semanas o equipo de Sicixia rodou en varios lugares da Costa da Morte Durante cinco semanas o equipo de Sicixia rodou en varios lugares da Costa da Morte Tras percorrer os lugares máis emblemáticos da Costa da Morte recollendo as súas paisaxes, xentes e sonido Ignacio Vilar ponlle fin á rodaxe do seu próximo filme - Sicixia - despois de cinco semanas de intenso traballo. As últimas tomas recolleranse na Mostra do Encaixe de Camariñas, que o farán hoxe entre as 11 e as 13:30 horas, e o venres na procesión do Venres Santo de Fisterra - de 10:30 a 12:30 horas -. Esta "historia para escoitar a vida na Costa da Morte”, tal e como sinalaba Nacho Vilar nunha entrevista realizada recentemente, foi rodada integramente en galego, estará protagonizada por Monti Castiñeiras e Marta Lado; unha veciña da Costa da Morte coa que tivemos oportunidade de falar estes días. A historia contará ademais con outro protagonista moi especial, a Costa da Morte. Co fin de captar a súa esencia en todas as súas facetas, a rodaxe prolongarase ata a Semana Santa. Durante cinco semanas, o equipo de gravación estivo rodando nos concellos de Carnota, Dumbría, Fisterra, Muxía, Camariñas, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee, Cerceda, Vimianzo e Corcubión. Do mesmo xeito, por esixencias do guión, a primeira fase da rodaxe tivo lugar na popular Rapa das Bestas de Sabucedo, na Estrada, unha festa que pola súa forza e carácter salvaxe serve de prólogo a unha historia de amor e desamor na Costa da Morte.

Máis información

Novas cinematográficas

Fonte

Comentarios