Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O CMAT podería estar en marcha en varias semanas

O CMAT podería estar en marcha en varias semanas
Paso adiante para a CMAT ca reunion entre APTCM e a Xunta

Parece que o CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), o ente chamado a ser o interlocutor único do sector turístico da Costa da Morte a Xunta, segue adiante. E pode que no vindeiro mes xa estea definitivamente conformado, e listo para recibir a primeira partida orzamentaria da Xunta, que a 31 de marzo xa terá todos os cartos dos Xeodestinos destinados.

Onte, a Xunta directiva da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a patronal do sector que está promovendo a creación do ente, mantiña unha reunión directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa delegada territorial da Xunta en A Coruña, Belén Do Campo, contando ca presencia da alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, que ademais fixo de ponte para conseguila. Unha boa ocasión para demostrarlle a implicación desta renovada xunta directiva.

Unha APTCM que levaba feitos os deberes, agora que en temporada baixa teñen tempo para estas cousas. Chegaron xa con todos os concellos do territorio do Xeodestino tocados (a día de hoxe, e unha vez que a reunión con Pequeño parece que deu bos froitos, parece que só Carnota e Corcubión se resisten a adherirse e por motivos econonómicos) e cunha serie de propostas formativas de aplicación das TIC ao turismo ou cursos de inglés ou atención ao cliente para a hostalería; así como de desenvolvemento de campañas de promocion online e audivosual. Todo coa idea de avanzar conxuntamente na potenciación do destino turístico Costa da Morte e mellorar a competitividade da súa oferta turística.

Segundo nos confirman dende a directiva, e tras falar tamén ca Deputación, consideran que nas vindeiras semanas o CMAT (equivalente ao que sería o Consorcio) podería ser unha realidade, e que en abril estaría funcionando a pleno rendemento, e contan con poder contar cun orzamento inicial anual de 200.000€.

Forte crecemento na demanda turística da Costa da Morte

Nos once primeiros meses do ano 2014 a cifra de viaxeiros nos establecementos hoteleiros do destino Costa da Morte incrementouse nun 47%, con preto de 150.000 viaxeiros. Subiu tamén durante este período de tempo o volume de pernoitas en máis do 71%, acadando a cifra das 253.000.

Este forte crecemento tivo un carácter homoxéneo tanto no turismo nacional coma no internacional mellorando ambos os volumes de demanda en relación ao pasado ano en porcentaxes do entorno do 70%.

Segundo destino de Galicia con maior peso do turismo internacional

O 66% da demanda hoteleira correspondeu ao turismo nacional mentres que o 34% restante foi internacional. Así pois, unha de cada tres pernoitas hoteleiras correspondeu a un viaxeiro estranxeiro, proporción elevada que soamente se observa en termos similares na cidade de Santiago de Compostela. Deste xeito, a Costa da Morte é, despois de Santiago, o destino de Galicia con maior peso do turismo internacional dentro da estrutura da demanda.

Como consecuencia desta boa dinámica rexistrouse tamén unha importante mellora dos niveis de ocupación no sector, de case dez puntos porcentuais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios