Martes. 08.10.2024
El tiempo

Os trasnos crean a Asociación Camiño dos Faros

Os trasnos crean a Asociación Camiño dos Faros
Formada a Asociacion Camino dos Faros con Traski

Vai collendo forma. Bueno, forma forma xa ten abonda, a mesma que o litoral da Costa da Morte entre Malpica e Fisterra. Pero o Camiño dos Faros segue medrando e se este domingo arrinca unha nova serie de 8 etapas, desta volta xa o fará como asociación.

Lembra Traski, aquel 28 de abril do 2012 cando saíron de Malpica 23 trasniñ@s e 3 cans cun obxectivo: unir Malpica con Fisterra polo bordo do mar. Esa era a única premisa que tiñan: vertebrar bisbarra polo bordo do mar e darlle un sentido a esta ruta a pé pola Costa da Morte que sabían ía ser espectacular.
Hoxendía non baixan de 100 os trasnos que se unen a cada etapa, sempre co máximo respecto á natureza, pois precisamente é a nosa virxindade a que o fai tan especial.

Os trasnos exploradores foron abrindo camiño, formando unha gran familia e coa sorte de cara de non ter ningunha "avaría". Foi no final da 2ª edición cando decidiron que había que formar unha estrutura dentro do sistema, e nesa cea naceu a "Asociación O Camiño dos Faros". E o fixo cun único fin: que O Camiño dos Faros exista e perviva no tempo, e que o faga moita xente co máximo respecto á natureza.

Outros fins complementarios a este principal son:

  • Promocionar esta ruta en todos os ámbitos e a todos os niveis como un destino de natureza e sostenible.
  • Concienciar e defender este tramo da Costa da Morte para que sempre estea libre de calquera especulación e que nós e xeracións futuras podámolo gozar como está agora.
  • Inspirar, fomentar e apoiar calquera iniciativa tanto pública como empresarial que cumpra o fin principal dá asociación.
  • Facelo todo cunha filosofía de baixo custo, máxima eficiencia e máxima transparencia.

Un exemplo de acción cidadá

Esta iniciativa será lembrada durante anos. I é que unha aposta da sociedade civil, nacida na internet, nas redes sociais, cun persoeiro público como Traski, sen unha cabeza humana visible, e que aposta polo territorio dun xeito descarado. Como arrinca humildemente e vai crecendo ata convertirse nun referente a nivel turístico en toda a bisbarra,

Medrando medrando, con esta idea de colaboración e expansión global, chegan mesmo ao suplemento El Viajero de El País. E a QPC, por suposto!!

Faite socio

Xa vos podedes facer socio da Asociación "O Camiño dos Faros":

Comentarios