QPC participou no 10 aniversario do Galicia Confidencial
10 anos informando son moitos. En QPC levamos 6 e medio, pero é que o dixital galego por excelencia xa leva 10. Falamos do noso xornal colaborador Galicia Confidencial, o decano dos medios dixitais en galego.
E para celebralo, o seu director Xurxo Salgado, artellaba unhas xornadas para debater sobre o pasado, o presente e o futuro dos medios dixitais en galego. Precisamente estivo na mesa Rocío Castro, primeira directora de Vieiros, medio galego pioneiro na rede que finaba no 2010. Tamén estaba presenten na mesa de debate Marcus Fernández, un xigante da comunicación tecnolóxica de Galicia, e en galego, á fronte da revista de referencia Código Cero.
E xunto a estes dous grandes (faltou o decano do Colexio de Xornalistas Xosé Pereiro por motivos familiares) estaba o responsable de QPC Ubaldo Cerqueiro. Todo un luxo.
Falouse moito do xornalismo de resistencia, esa actividade empresarial máis ou menos precaria á que se ven avocados os pequenos medios do país lonxe das millonarias axudas que reciben os 4 grandes.
Falouse de sustentabilidade nos medios, falouse da posiblidade de aproveitar o ppotencia do hiperlocalismo, e falouse de xornalismo cidadán nun foro tan complexo como a facultade de xornalismo. Era o espazo para o debate.
E abofé que houbo debate. Ca presencia de membros dos 5 principais partidos do espectro galego (PP, BNG, PSdG, AGE e CG), foi reseñable a intervención de Beiras, pendido un espazo público galego comandado polo goberno. Foi Rocío a que lle respondeu que é a cidadanía a que ten que dar un paso adiante nestes días.
A xornada pechouse cunha presentación dos 10 anos de GC, da man de Xurxo Salgado, e cun impresionante concerto de Herbens Consort, que encheu a aula de música barroca e renancentista.
Máis información
Novas relacionadas
- #6anosQPC.
- QPC entre as 100 webs máis lidas de Galicia.
- Gran expectación arredor do #AlbumdaCosta.
- Un bo ano para os medios en galego.
- QPC: 5 anos informando na Costa da Morte.
Máis novas QPC
- Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”.
- Descarga a túa APP de QPC no teu móbil.
- 2011: Un gran ano para QPC.
- II Encontro de Colaboradores QPC: Os colaboradores de QPC tomaron a palabra.
- QPC e outros medios lanzan a campaña Vitaminas par o Galego.
- QPC e Certo unen a Costa da Morte e a Barbanza.
- QPC exporta información da Costa da Morte a toda Galicia Confidencial.
- QPC segue crecendo e se afianza como unha referencia informativa na Costa da Morte.
- 1 millón de visitas, 1 millón de gracias.
- Repaso ao 2010 para QPC.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- I Encontro de Colaboradores QPC: QPC presentouse en sociedade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).