Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Rafael Lema e Miguel San Claudio, medalla ao mérito cultural polos seus submariños traballos arqueolóxicos

Rafael Lema e Miguel San Claudio, medalla ao mérito cultural polos seus submariños traballos arqueolóxicos
Rafael Lema e Miguel San Claudio coa Medalla ao Merito Cultural

O traballo en materia de naufraxios que realizaron dúas das persoas máis especialistas da zona, co permiso de Pepe de Oleghario, xa ten polo menos unha condecoración a nivel estatal.
A Real Liga Naval Española vén de premiar coa Medalla ao Mérito Cultural aaarqueólogo subacuático Miguel San Claudio Santa Cruz e o escritor e delegado da Liga na Costa da Morte Rafael Lema Mouzo. Tamén recibiu esta mención o historiador coruñés e presidente da Asociación Contraarmada Luís Gorrochategui. Os tres, a proposta do delegado en Galicia José Manuel Pato González.

Miguel San Claudio foi o responsable de varias campañas aqueológicas sobre galeones da flota de Martín Padilla en Fisterra ou sobre o pecio do Great Liverpool en Cee, mentres que Gorrochategui realizou un magnifico traballo de investigación sobre a Armada Invencible e a Contraarmada Inglesa de 1589.

O presidente da RLNE Juan Díaz Cano destaca sobre Rafael Lema que "como delegado na Costa da Morte da RLNE participou e organizado nestes tres anos unha media de doce actos singulares anuais de tipo cultural e formativo (relatorios, presentacións de libros, exposicións)". Ademais é autor do maior censo galego de naufragios, acaba de reeditar a súa obra "Costa da Morte, un país de soños e naufragios" e ten xa na imprenta unha segunda parte "Catálogo de naufragios, Costa da Morte-Galicia". Entre os seus 16 libros individuais publicados destaca unha premiada trilogía poética de tema mariño, tres novelas de corsarios galegos e unha obra narrativa sobre o submarino alemán O-49.

Novas relacionadas

Novas sobre naufraxios

Outras novas

Fonte

Comentarios