mércores. 30.04.2025
El tiempo

2ª Autonómica: O Corme proclámase campión e a zona baixa ferve

2ª Autonómica: O Corme proclámase campión e a zona baixa ferve
Corme en Lombáns celebrando o título da Liga da Costa 2013-2014-Foto-Fin Lema

Tras 22 partidos sen perder, o Corme sentenciaba onte en Lombás o título da 2ª Autonómica e o ascenso á 1ª Autonómica. Este ano non dirán que non os azulóns e despois dunha campaña espectacular, sendo o mellor tanto en resultados como en xogo, o cadro cormelán disfruta xa do seu título. Un título que viviu con intensidade toda a vila de Corme, e todo o equipo, especialmente os Lentejo, Alejandro e Miguel Torrado, que repiten o título colleitado na campaña 95/96.

Mentres, o Sofán aseguraba a promoción de ascenso coa 2ª praza, a mellor clasificación da historia do cadro sofanista, ao que todos apoiaremos na Fase de Ascenso.

Alejandro Lentejo e Miguel Torrado-Foto-Fin Lema Familia do Corme na Fonte do Campo-Foto-Alfredinho

Ferve a zona baixa

Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Mentres, por abaixo a última xornada será de infarto pola zona baixa. Ata 6 equipos están pendentes da salvación (o Castriz safou vencendo ao Zas e sumando os puntos do IDC na última xornada), cun ollo na Esteirana, se ben parece que Mazaricos e Porteño, con 42 puntos, teñen as cousas máis claras.
O Volantes é o equipo que máis complicado o ten, con 38 puntos, enfrontarase a un xa descendido Muros na última xornada. Con 39 o Camelle, que visita ao Cee coa imperiosa necesidade de gañar. Con 40, o Cabana, que tamén necesita gañar pois ten o golaverage perdido con Volantes, Camelle e Volantes, pero gañado co San Lorenzo. Os cabaneses reciben a un Sofán xa coa Promoción de Ascenso asegurada. Con 40 tamén está o San Lorenzo, despois de dar un pase de xigante no partido máis importante desta pasada xornada, ademais do do Corme, entre carballeses e o Volantes. Os carballeses reciben ao Porteño en Verdillo, un Porteño que non se pode relaxar pois se gañan todos os de abaixo e perde o Mazaricos quedaría nun triple empate con amarelos e camelláns e quedarían descendidos.

Mazaricos - Buño (1-2)

  • MAZARICOS: Marcos, Rodri, Matías, Ramón (Martín, min.70), Estéfano, David, Coxo (Molinos, min.70), Ricardo, Esteban (José Ángel Xuv, min.80), José Ángel e Kevin (Oreiro, min.70).
  • BUÑO: Toni, Ángel, Rubén, Iago, David de Secundino, Diego, David Dourado (Pedro, min.75), Dani Calvete, Fran Borrazás, Charro e Elías (Adrián, min.65).
  • Goles: 0-1, min.30: Charro; 1-1, min.42; Matías nun córner; 1.2, min.50: Elías.

O Mazaricos, aínda onte salvado matematicamente, leva varios partidos sen demasiada tensión, e menos mal que os números lle permiten respirar. O choque ante o Buño, outro dos recentemente safos, foi tranquilo, con dous equipos que se vían salvados.

Sen xogar mal o cadro amarelos, tocando e chegando, non tivo a intensidade dun Buño que imprimiu unha marcha atrás, e foi máis efectivo. Charro á media hora adiantaba aos de Esmorís. Matías, nunha xogada de estratexia facía o empate ao fío do descanso para os de Alinhos. Pero á volta dos vestiarios Elías facía o segundo e definitivo tanto para os malpicáns, aínda cun 40 minutos de xogo sen demasiadas ocasións.

Castriz - Zas (3-0)

  • CASTRIZ: Pablo, Chinda, Martín, Álex, Víctor (Alberto) (Yordi), Luís, Cilindro (Balsa), Bruno, Pablo, Agra e Adrián Prol (Sergio).
  • ZAS: Rizos (Hadrián, min.80), Martín, Pereiro, Fabián, Victor, Canedo, Peke, Pablo Lestón (Andrés, min.75), David (Daniel, min.75), Samuel (Pastor, min.15) e Isma.
  • Goles: 1-0, min.65: David Agra coa axuda da defensa; 2-0, min.70: Chinda; 3-0, min.75: Adrián Prol.
  • Lesión: o zaense Samu nun xeonllo.

Solventou a papeleta o equipo de Esteban Blanco pois a vindeira xornada suma os puntos do IDC e xa ten a salvación asegurada. Non foi tranquilo o partido a pesar do resultado, pois o primeiro tiempo foi moi igualado, pero a lesión de Samu trastocou os plans no xa tocado equipo de Iván Cancela, que xa chegaba con 3 cadetes na convocatoria (Hadrián, Andrés e Daniel).
Pero 3 xogadas no ecuador da segunda metade solucionaron o partido.

Porteño - Cee (0-2)

  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Óscar, Maikol, Alex, Piti (Rodri, min., Doyle, Marcos, Iago (Esteban, min.46), Varela (David, min.30) e Cousillas.
  • CEE: Paulo (Parroto, min.70), Nico, Jacobo, Piquero, Berto, Josiño, Angeliño, Diego Cespón, Penedo, Javi (Yaya, min.65) e Cristian.
  • Goles: 0-1, min.20: Diego Cespón anota un golazo dende a frontal tras unha xogada de Penedo; 0-2, min.65: Pikero de penalti sobre Penedo.
  • Expulsión: o local Pejo no min.70.

Non foi bonito o partido vivido na Grixa entre dous equipos sen moito en xogo, e que viñan de enfrontarse nos Dezaseisavos da Copa. O Porteño xa contaba coa salvación e plantou cara a todo un Cee. Un Cee que levou o peso do partido e que se adiantaba pronto cun fermoso tanto de Diego Cespón dende a fronta. Intentouno o cadro da Ponte pero foi Pikero de penalti o que sentenciaba o choque.

Volantes - San Lorenzo (0-2)

  • VOLANTES: Vicente, Juan, Néstor, Nimo, Miguel, Uru (Martín, min.65), Moja (Maikel, min.70), Ivi, Edu (Pardelo, min.60), Brais (Cajulo, min.15) e Seluco.
  • SAN LORENZO: Puyol, David Álvarez, Adrián, Germán, Rubén, Cachizo, Chucho (Velo, min.70), Schuster, Dani (Joaquín, min.80), Fuentefría (Fraga, min.75) e Juni (David Rey, min.90).
  • Goles: 0-1, min.60: Cachizo de cabeza tras unha falta; 0-2, min.85: Joaquín de penalti.

Paso de xigante do San Lorenzo en Muros a costa dun Volantes ao que se lle pon a salvación costa arriba. O partido máis importante da xornada por abaixo, como era de esperar, foi apretadísimo. A primeira metade foi dos carballeses, que buscaron a fixeron dano por arriba sen permitir que o Volantes, moi tensos durante todo o partido, baixase a pelota.

Achucharon na segunda os laranxas, e durante un cuarto de hora meteu atrás aos visitantes. Pero cando mellor estaban os locais unha falta lateral era rematada por Cachizo para adiantar ao equipo dirixido por Anxo. Intentouno o Volantes, que protestou ademais dunha actitude algo chulesca dos noviños árbitros, que o penalti do segundo tanto que setenciaba o partido foi dubidoso.

Terá que vencer no derbi ante o Muros a vindeira xornada o cadro laranxa e esperar que perdan Camelle, Cabana ou o propio San Lorenzo.

Outes - Muros (2-0)

  • OUTES: Gato, David (Rafa, min.60), Chúa, Borja, Saúl (Arturo, min.46), Martín, Babu, Poke (Migui, min.46), Samuel (Ibra, min.70), Piki e Kin (Elías, min.46).
  • MUROS: Fabio, Dani, Ra, Pelos, Saúl, Carocho, Gelo, Sexo, Piki e Yanki. Tamén xogaron: Berni e Jesús.
  • Goles: 1-0, min.65: Arturo tras un pase atrás de Samuel; 2-0, min.75: Migui a pase de Piki.
  • Lesións: Varios xogadores muradáns entre eles Yanki.
  • Moita calora no Conchido que pillou de sorpresa a ambos conxuntos. O Muros estivo moi mellor na primeira metade, xogando moi ben o balón e chegando á meta de Gato. Pero non acertaron os celestes nos tímidos achegamentos que tiveron.

    Cambiou o conto na segunda, polas lesións de varios xogadres muradáns. E permitiiu que o Outes, máis enteiro fisicamente, dominase a segunda metade e sentenciase o choque.

    Debutou o xuvenil Ibra no equipo de Manu Roque.

    Carnota - Corme (0-1)

    Lucas e Andres Fandino no Carnota-Corme-Foto-Jorge Parri
    • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Pumuki, Manolo Chouza, Andréz Fandiño (Elías, min.73), Fernando, David (Pablo Pichín, min.60), Joselu, Adrián dos Lombos (Nakata, min.47), Rodrigo e Manuel Luís.
    • CORME: Javi, Dani, Alejandro, Diego, Adrián, Brais, Sergio, Lucas, Juan Chans, Alejo e Toniño. Tamén xogaron: Manu, Josiño, Antoniño e Juanma.
    • Gol: 0-1, min.44: Alejo.

    Era o partido da xornada e o Corme non fallou. Arroupado pola marea azulona que invadíu as bancadas de Lombáns para un partido no que o Carnota, en terra de ninguén, prantou cara a todo un líder, que sumou o 22º partido sen perder.

    Os de Lentejo souberon ler o partido, non arriscaron e aproveitaron a mellor ocasión que dispuxeron, na que o “killer”, Alejo, baixa durante boa parte da campaña, facía un gol que vale un título e un ascenso.

    Sofán - Corcubión (7-0)

    Sofan-Corcubion-Foto-Luis Gonzalez
    • SOFÁN: Lerma, Cantudo, Javi Souto, Diego (Seo, min.65), Pablo Martinez (Jorge Calvete, min.72), Míchel (Boedo, min.55), Martín, Leilán, Raúl, Bertín e Iván Rey.
    • CORCUBIÓN: Trillo, Gabi (Lucas, min.69), Senra, Checho, Marcos, Edu, Alan, Antón Lestón, Mini, Lema e Toja.
    • Goles: 1-0, min.12: Raúl de penalti; 2-0, min.30: Raúl; 3-0, min.50: Pablo Martínez; 4-0, min.55: Raúl; 5-0, min.60: Iván Rey; 6-0, min.75: Leilán; 7-0, min.80: Raúl.

    Asegurou a SD Sofán a Promoción con esta rotunda vitoria ante o pechacancelas. E asegurou ademais o pichichi para Raúl, que cos seus 4 goles suma xa 28 tantos.

    Con 12 debido ás baixas presentábase o Corcubión no Carral, e a calor fixo que durante a segunda metade o cadro corcubionés se vise superado pola pisonadora. Ademais, Gabo tiña que saír cun corte nunha cella e Senra quedaba sen cambios ante a marea sofanista.

    Sofan celebrando un gol ante o Corcubion-Foto-Luis Gonzalez

    Fisterra - Cabana (3-2)

    • FISTERRA: Joselu, Dani, Robertín, Sergio Manín, Santi, Julito, Aitor, Tony, Huete, Mario e Bruno. Tamén xogaron: Borja, Rubén, Gabi, Borja, Noé.
    • CABANA: Añón, Raúl (Diego, min.80), Pepe, Iván de Treos, Ismael, Manu Guillamet, Eloy Vilas, Manolo do Cruceiro (Berti, min.70), Fernando, Eloy García (Eloy Pereira, min.46) e Sandro.
    • Goles: 1-0, min.10: Huete; 1-1, min.50: Manolo do Cruceiro; 2-1, min.59: Huete; 3-1, min.61: Bruno; 3-2, min.82: Berti.

    Pesou a eliminatoria de Copa, que se creceu e tratou cara a cara ao Soneira, e pasou factura aos de Periscal. En fronte, un Fisterra relaxado, xa pensando na Copa, pero os cabaneses non estiveron moi finos.
    Meteuse por dúas veces no partido o Cabana pero o Fisterra respostaba con goles. Ao final os cabaneses tiveron varias para empatar pero non acertaron Berti nun man a man que se entretivo, Eloy Vilas, e Manolo de Cruceiro. Un Cabana non terá unha ocasión como esta para gañar en Ara Solis.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
    • Colabora Blog do Sofán.

Comentarios