2ª Autonómica: Triple estrea nos bancos e rota a xeira histórica do Outes



Xornada atípica esta 12ª na 2ª Autonómica pois os protagonistas foron os adestradores. Ata 3 debutantes nos bancos costeiros cun enfrontamento directo ademais moi especial. No banco do Mazaricos sentouse por primeira vez Álex Romero, que ata hai dúas semanas era adestrador do Volantes. Precisamente o rival era o Volantes, no que debutaba Felipe Candamo. Ao final, vitoria para os amarelos.
E debutou tamén Nieto no banco muradán trala marcha de Manolo Camello, e o fixo cunha vitoria importante ante o Cabana, que evita que o cadro celeste se meta en máis problemas.
A xornada tamén deparou a primeira derrota do Outes, que deixa unha marca probablemente para a historia, polo menos dos últimos anos. 11 partidos sen perder sumou o equipo de Manu Roque e tivo que ser o Zas, firme candidato a todo, o que fixese que o Outes coñecese o sabor da derrota. Queda agora o líder con 4 sobre o propio Zas e sobre o Sofán, que protagonizada un partidazo no san Paio de Refoxos ante outro dos candidatos, o Cee. Empate que deixa ao Cee 4º a 5 puntos de zasenses e carballeses.
Por abaixo, seguen Corcubión, IDC e Cabana tocados, e o San Lorenzo, que sumaba onte un puntiño.
Sp. Zas - Outes (3-2)

- ZAS: Anxo, Martín, Pereiro, Óliver, Víctor Vecino, Canedo, Isma, Pablo Fuentes (Peque, min.60), David Blanco (Samuel, min.65), Rubio (Damián, min.70), Lagoa (Amado, min.80).

- OUTES: Gato, Arturo, Borja (Migui, min.46), Rubén (Damián, min.55), Chúa, David, Martín, Poke (Fabio, min.46), Piqui, Elías (Saúl, min.60), Barral.
- Goles: 1-0, min.15: David Blanco á reviravolta; 2-0, min.25: David Blanco; 2-1, min.75: Piqui nunha combinación completa; 3-1, min.87: Samuel; 3-2, min.92: en propia meta nun barullo.
Acabou o Zas coa racha histórica do Outes. E o fixo nun partidazo cheo de emoción ata o último segundo. Comezaba o choque en San Andrés co Outes avisando cun balón de Piqui ao longueiro e unha xogada de Arturo dende a banda que tamén petou no longueiro. E á volta, na primeira chegada do Zas, David Blanco non perdoaba. Ademais, ten tempo a dixerir, balón longo e David Blanco volvía marcar. 2 para equipo e 2-0 á media hora para un conxunto local tremendamente práctico e eficaz, facendo unha boa presión.<(/p>
Na segunda fixo un partidazo o Outes, xogando moito o balón ante un Zas moi ben armado atrás. Piqui recurtaba nunha gran combinación de todo o cadro da Serra, e varias chegadas puideron significar o empate, sobre todo con varias de Migui, Piqui e David. E cando máis parecía que podía chegar o empate, chegou o 3-1 nunha contra que case que sentenciaba o partido con apenas 5 para rematar. Non se rendeu o equipo da Serra, que caeu coma un campión e aínda tivo arrestos para marcar o 3-2 no desconto.
Cabe destacar a volta os terreos de xogo de Rubio, que tras casi 3 meses de baixa, volvía recorrer a sua banda.

Camelle - Buño (1-0)
- CAMELLE: Ángel (Adrián de Arteixo, min.20), Chuchi (Sergio, min.88), Baliña, Martín, Matías, Miguel Riveiro, Javi Rañal, Varu, Sergio, Adrián da Barca, Mario.
- BUÑO: Toni, Ángel, Rubén, Diego, Iago, Dani, Gurita, Dourado (Secundino, min.46), Fran Borrazás, Elías (Miguel, min.75), Charro.
- Gol: 1-0, min.80: Sergio nun balón morto que quedou na área tras un córner.
- Lesión: o meta camellán Ángel (min.20) cunha lesión probablemente grave no xeonllo.

Partido igualado, de moita brega, de forza, sen ocasións e que parecía avocado ao 0-0. Pero foi no último instante cando Sergio aproveitou un balón morto para darlle os 3 puntos ao cadro camellán diante da súa espectacular afección.
Algo máis de posesión tivo o Camelle pero sen chegar a facer dano. O Buño mantíñase aguantando moi ben pero sen crear perigo tampouco. Aproveitou o Camelle a que tivo, un balón morto na área a 10 para o final que serviu para sumar 3 puntos e superalo Buño na táboa.
A mala nova protagonizouna o meta camellán Ángel. Sufriu unha lesión, probablemente grave, no xeonllo. Tivo que situarse Matías baixo paus, e o míster Anxo espera á volta de Porrúa.

Cee - Sofán (3-3)

- CEE: Parroto, Nico, Jorgito (Javi, min.78), Aitor (Tebo, min.55), Carlos Leis, Angeliño, Yayá (Lamela, min.66), Diego Cespón, Penedo (Rodri, min.46), Cristian e Josiño.
- SOFÁN: Bugy, Santi, Gustavo (Alberto, min.65), Pablo Martinez, Eloy Boedo, Jorge Calvete, Martín, Iván Rojo, Bertín, Brais e Raúl.
- Goles: 1-0, min.10: Cristian de volea; 1-1, min.22: Iván Rojo remata un centro de Bertín; 2-1, min.40: Rubén Yaya remata un centro de Nico; 2-2, min.70: Brais a pase de Bertín; 2-3, min.72: Bertín de cabeza nunha falta de Martín; 3-3, min.95: Josiño nunha contra arrincada por Parro chutando pola escuadra tras un centro de Cristian.
Partidazo no San Paio de Refoxos entre dous dos equipazos da categoría. Presentábase o Cee con ata 8 baixas (Cristian Lourido, Fiuza, Dani Freire, Jacobo, Berto, Poky, Piquero e Llanero), ante un Sofán ben armado, e ambos conxuntos protagonizaron un fermoso espectáculo.
Arrincaba o partido e sen tempo para asentarse Cristian asinaba o primeiro para os locais cunha fermosa volea. A SD non tardou en reaccionar e Bertín e Rojo comezaron a internarse na zona perigo ceense, cun par de rematesde Raúl. Aos 20 minutos, Iván Rojo remataba un centro de Bertínpara facer a igualada. Seguía o partido de ida e volta, con perigo en ambas porterías.
Era agora Josiño o que protagonizaba, coa súa velocidade, un par de chegadas para o Cee apoiado na calidade de Diego Cespón. E ao fío do descanso, gol que caue coma un xerro de auga fría na SD, por medio dun Rubén Yaya que remataba un centro de Nico.
Saíu a SD polo empate na segunda, e o Cee intentaba enfríar o partido. Á contra Cristian desaproveitou un gran pase de Diego Cespón só diante de Bugy. E de contado, en apenas dous minutos, o Sofán daba a volta ao marcador ante a páxara ceense. Cambiou o panoramaba. Era agora o Cee o que se viña arriba intentando xogar para acadar o empate nos 20 minutos que faltaban.
Puido a SD sentenciar á contra con Alberto e Brais, pero non chegaba e o Cee arrimábase á meta sofanista cada vez con máis verticalidade. Pasaban 5 para o desconto cando, co partido gañado, a SD descoidou a defensa e nunha conta Josiño fixo unha galopada e acadou un importante empate que mantén o Ce na loita.
Corme - Corcubión (3-1)
- CORME: Suso, Adolfo, Pandi (Fran, min.85), Dani, Alejandro, Miguel Torrado, Antoniño (Manu, min.60), Adrián Doldán (Eloi, min.75), Lucas, Toniño, Sergio.
- CORCUBIÓN: Perlón, Trillo, Gabi, Senra, Alán, Sebas, Balucho, Jesús, Coiradas (Checho, min.70), Alberto, Lema (Mini, min.65).
- Goles: 1-0, min.10: Toniño; 1-1, min.40: Alán de penalti; 2-1, min.60: Lucas de penalti sobre Toniño; 3-1, min.61: Lucas sen deixar caer o balón sacando unha falta rápida.
- Expulsión: Sebas no min.60 tras recibir a segunda tarxeta no penalti nunha xogada protestada polos visitantes.
- Lesión: o corcubionés Lema.
Encontro máis igualado do que indica a táboa, pois o Corcubión, que quedou moi descontento coa arbitraxe, prantou cara durante máis de unha hora ao Corme. Non foi mellor oo Corme que o Corcubión, pero estivo máis acertado e meteu as poucas que tivo. Na primeira, adiantouse pronto o cadro cormelán pero o Corcubión empatou de penalti e tirou á madeira dúas veces.
Custoulle na segunda ao Corme e iso que se beneficiou dunha xogada na que o colexiado sinalou un dubidoso penalti de sebas que era ademais o seu segundo cartón amarelo, deixando ao equipo con 10. Lucas transformaba o penalti, e de contado, unha falta ao borde da área era sacada rápida e Lucas facía o terceiro sen deixala caer para sentenciar.
Mazaricos - Volantes (2-1)
- MAZARICOS: Pejo, Estéfano, José Ramón, Rodri, Tuco, Esteban, David, Coxo (Oreiro, min.46) (Chico, min.90), Ricardo, Sandelo (Molinos, min.80), Kevin.
- VOLANTES: Iago, Juan, Miguel, Maikel, Varo, Moja, Martin, Adri, Ivi, Brais (Pardelo, min.30), Cajulo (Gabi).
- Goles: 0-1, min.7: Juan de cabeza a balón parado; 1-1, min.30: David; 2-1, min.70: en propia meta de Iago tras un córner de Esteban que se colaba directo.
- Lesión: O muradán Brais cunha sobrecarga.
Partido especial o que se xogou en Mazaricos este domingo. Debutaban dous adestradores nos bancos, Alex Romero "Alinhos" no Mazaricos, o ex do mesmo Volantes, onde Felipe Candamo recollía o seu relevo.
Comezou o Mazaricos enchufado, pero o Volantes adiantouse pronto cunha xogada a balón parado. Pero non foi o mellor partido dos laranxas e malia que tardou en recuperarse o Mazaricos, acabou meténdose no partido no último treito da primeira, e David faía o empate.
A segunda foi de claro cor amarelo pero chegaría o 2-1 en propia meta. E foi aí cando o Volantes foise arriba e apretou nos últimos minutos, creando perigo sobre todo a balón parado.
San Lorenzo - Fisterra (1-1)
- SAN LORENZO: Gabrie, David Álvarez, Adrián, Casillero, Anxo, Cachizo, Chucho (Germán, min.80), Schuster, Joaquín (Eloy, min.60), Dani (Canteiro, min.85) e Velo (Javi, min.60).
- FISTERRA: Joselu, Dani, Sergio Manín, Julito, Manuel Cartamil, Tati, Guardiola, Bruno, Mario (Hidalgo, min.65) e Aitor.
- Goles: 0-1, min.43: Sergio Manín nunha falta lateral; 1-1, min.44: Dani tras un centro de Joaquín.
- Expulsión: o carballés Javi (min.88)
Pouco fútbol e moita brega, poucas ocasións e un fútbol moi directo no campo demasiado brando de Verdillo. Non se puido adaptar o Fisterra, que chegaba con numerosas baixas ao céspede, e non puido dominar o partido como gusta. Así foi un partido bronco, sen apenas ocasións nin moitas cousas que destacar, máis que unha arbitraxe quenon gustou a ningún e un empate bastante xusto.
Muros - Cabana (4-2)
- MUROS: Fabio, Ramón, Pedro de Nieto, Veloso, Ramón, Miguel, Gelo, Gabo, Sexo, Eloy e Samu. Tamén xogaron Yanki e Xandre.
- CABANA: Añón (Chechu, min.60), Ismael (Iván Mato, min.35), Iván de Treos, Dani Mato, Pepe, Fariña, Josiño, Sandro, Manolo do Cruceiro (Eloy Pereira, min.50), Fernando (Adán, min.65), Berti (Samuel, min.55).
- Goles: 1-0, min.10: Gelo de xogada a balón parado a centro de Veloso; 2-0, min.20: Gabo de cabeza a balón parado; 3-0, min.30: Sexo en xogada individual tras un pase de Gabo; 3-1, min.60: Josiño de cabeza; 4-1, min.65: Sexo; 4-2, min.90: Adán de falta directa.
Nieto debutaba con vitoria en Muros, unha vitoria importante que evita que o cadro celeste quedase demasiado abaixo. E pagou caro os erros en defensa o Cabana, e á media hora xa o marcador sinalaba un definitivo 3-0. Dúas xogadas a balón parado e unha contra de Sexo mataban o partido ante un Cabana demasiado infantil.
Na segunda, o Cabana veuse arriba e aproveitou o baixón fisico muradán, pero só conseguiu maquillar o resultado.
Segue botando de menos Raúl Periscal a Rubén Rama, aínda tocado do xeonllo, que xa fixo a resonancia e esta semana sabe ata que punto é grave.
Castriz - Porteño (2-0)
- CASTRIZ: Juan, Rubén, Alberto, Álex, Pose, Bruno, Cili (Esteban, min.70), Martín (Sergio, min.65), Luís, Chinda e Pichín (Fabio, min.55).
- PORTEÑO: Bonano, Gabi, Pejo, Caamño, Iago, Doyle, Cousillas, Piti, Óscar, Brais e Marcos.
- Goles: 1-0, min.81: Álex de cabeza a balín parado; 2-0, min.89: Esteban de cabeza nunha xogada a balón parado.
Vitoria do Castriz para tentar volver á zona alta. E foi traballada, pois non chegarían os goles ata os últimos minutos e en xogadas de estratexia. Primeira metade igualada, cun Castriz que estivo ben 15 minutos pero despois desapareceu e os pelotazos tomaron o relevo. Parecía un partido avocado ao 0-0.
Na segunda si que tivo o Castriz máis o balón e as ocasións sendo Bonano o gran protagonista do choque cun varias intervencións, destacando unha a un remate de cabaza de Bruno dende a área pequena. Varias ocasións tivo o Castriz, cun Chinda moi activo por banda, antes do gol, que tardou en chegar. Foi o capi Álex o que abría o marcador cando faltaban menos de 10 para o final. Aínda tivo o Porteño algún balón bombeado perigoso pero de novo, a balón parado, Esteban facía a sentencia.
Indep. Carballo - Carnota (1-2)
- IDC: Diego, Atu, Dani, Seo, Yoni, Belar, Carlos, Pichel (Pichel, min.65), Manu, Fraga e Juni.
- CARNOTA: Luís De la Peña, Ferreiro, Pedro Pichín, Manolo Chouza, Pumuky, Urko (Manuel Luís, min.65), Rodrigo, Fernando, Miguel Poyo, Pablo Beiro (Iván Maceiras, min.75) e Adrián.
- Goles: 0-1, min.15: Adrián; 1-1, min.35: Fraga de penalti; 1-2, min.85: Manuel Luís de cabeza a centro de Iván.
- Lesión: o carballés Pichel.
Segue sorprendendo o Carnota de Cambeiro que está na 6ª praza por riba de equipos coma o Fisterra ou o Castriz, teoricamente moi superiores. Pero o equipo carnotán vai ao seu, pasiño a pasiño. E un bo paso pegou o domingo en Carballo, ante un Independiente que puido merecer o empate, pero o acerto dos visitantes foi clave.
Comezaba o choque co Carnota dominando algo máis pero sen crear perigo. Foi Adrián o que puña por diante aos visitantes pero de contado Fraga facía o empate dende os 11 metros.
Na segunda parecía que o partido marcharía ao empate. Poucas ocasións pero algunha boa como as de Juni e Fraga para o IDC, cada un por partida doble, que non quixeron entrar. Foi Manuel Loís o que faltando 5 para o final asinaba o tanto da vitoria para os carnotáns, que deixa ao IDC en descenso.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Malpica e Baio levan o premio dos intensos derbis costeiros.
- Preferente: Doro aúpa ao Dumbría.
- Resultados dos 77 partidos e análise da xornada do #FutboldaCosta.
- Liga FS Carballo: S2 e Pel. Este-Oeste mandan.
Artigos relacionados
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
- Unha de seguros privados de ida e volta no fútbol base.
- Kike Paluca e Mané lideran as táboas de goleadores do Fútbol da Costa.
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colabora o SD Sofán e Unión Club Cee.