2ª Autonómica: Xornada de movementos nos bancos
Xa van 4 os equipos que substituirón aos seus adestradores neste comezo de campaña na 2ª Autonómica. Senra substituía a Nito no banco do Corcubión, Alex Romero deixaba o Volantes (un Volantes que aínda non atopou recambio) e esta fin de semana Manolo Camello deixaba o Muros e Couso xa non acodía ao partido do Mazaricos.
Hoxe, o Presidente do Mazaricos nos confirmaba que será o propio Álex Romero o que se faga cargo do cadro amarelo, levando tamén os xuvenís. Mentres, por bando muradán soa Felipe Candamo, logo da sua marcha do Soneira.
No deportivo, as cousas seguen como estaban. O Outes, ao seu, coa súa dose de sorte segue implacable. O Sofán non recúa, e o Zas sacaba tamén unha vitoria importante en Carnota. O choque máis importante era en Ara Solis, cun gran derbi que había anos que non disfrutaba a Costa. Ao final fisterráns e ceenses asinaban un empate que deixa aos dous relativamente ben situados. Os que parece que perden comba son o Corme e o Castriz, que caían en Buño e ante o Volantes con claridade.
Por abaixo, vitoria do Corcubión, que apreta moito as cousas por abaixo, quedando xa 6 equipos en 3 puntos.
Fisterra - Cee (2-2)
- FISTERRA: Joselu, Dani, Manuel Cartamil, Julito, Robertín (Insua, min.65), Santi (Guardiola, min.63), Bebeto, Isma Leis, Aitor, Bruno (Mario, min.87) e Mané (Hidalgo, min.72).
- CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Aitor, Berto, Carlos Leis (Angeliño, min.46), Piquero, Penedo (Rodri, min.71), Cristian (Yayá, min.83), Diego Cespón e Josiño (Javi, min.89).
- Goles: 1-0, min.10: Aitor; 2-0, min.44: Aitor tras un regalo da defensa; 2-1, min.56: Diego Cespón de penalti por mans; 2-2, min.77: Josiño dende 25 metros.
- Expulsión: o ceense Piquero por doble cartón no min.68:
Facía anos que non se vían as caras dous eternos rivais como Fisterra e Cee. E Ara Solis acolleu un partido emocionante, vibrante, fermoso, cun gran ambiente nas bancadas.
Comezaba o choque cun Fisterra máis entonado, e en apenas 10 minutos xa se puido ter adiantado se o ex do Cee, Isma Leis, ou Aitor, estiveran máis finos.O propio Aitor resarciríase pronto cun tiro seco dende a frontal, que metía por diante aos locais.
Tardou en reaccionar o Cee e só no min.25 se achegaba por primeira vez cunha tímida chegada por banda de Cristian. O propio Cristian probaba a Joselu tras un recorte e a 1 minuto para o desconto, un despexe de Nico pega nas costas do seu compañeiro Aitor, e o seu tocaio fisterrán non desaproveita o regalo para facer o segundo.
Mellorou o Cee na segunda, consciente de que tiña que ir polo partido. Diego Cespón recurtaba pronto de penalti, quedando máis de media hora co partido totalmente aberto. Angeliño, que serviu de revulsivo tralo descanso, tivo o empate, pero este chegaría un rato máis tarde, a pesar de que o Cee se quedaría con 10 pola expulsión de Piquero. Non se meteu atrás o Cee e Josiño cun chutazo dende lonxe facía a igualada.
Bruno tivo a vitoria local nunha internada contra o final, pero o balón marchouse alto e o marcador non se movería desas táboas, que deixan aos dous equipos preto da zona noble e coas opcións intactas para aspirar a todo.
Corcubión - Muros (1-0)
- CORCUBIÓN: Perlón, Trillo, Gabi, Jesús, Marcos, Balucho, Edu, Alán, Alberto (Xabi,m in.78), Tito (Coiradas, min.60), Lema.
- MUROS: Fabio, Eloy, Javi, Veloso,Nieto, Ramón, Dani, Gelo, Gabo, Sexo, Yanki. Tamén xogaron: Adri Juanche e Xandre.
- Gol: 1-0, min.30: Alán de penalti.
- Expulsión: o muradán Javi por berrar.
- Lesión: Marcos con posible fractura do tabique nasal.
Foi o partido no Cubaleiro o último partido de Manuel Camello, cun equipo ademais en cadro. O adestrador muradán anunciaba a súa marcha este domingo tras unha derrota ante o pechacancelas, e deixando un equipocon 9 puntos, ao fío do descenso.
O choque comezaba cun bo Muros, claro dominador que parecía ía ter un partido fácil. Pero marrou as dúas primeiras accións claras por medio de Sexo que marra o man a man e de Yanki.
Á media hora o colexiado sinala penalti por unha acción na que Javi levantou o pé demasiado e sen ver ao rival dalle na cara. Alán puña por diante aos de Senra cun resultado co que se chegaría ao descanso.
A segunda metade tivo poucas ocasións para os dous equipos cun Corcubión contemporizando e un Muros que o intentaba pero apenas facía perigo. O partido case que remataba cando Javi sufría un cabezazo e tralo berro, o colexiado decidía sacarlle a segunda tarxeta por protestar, malia que os berros non ían dirixidos ao árbitro.
Seguiría dominando o Muros pero sen facer dano ante un Corcubión moi armado atrás, que deixaba pasar os minutos.
Cabana - San Lorenzo (1-1)
- CABANA: Añón, Pepe, Charli, Iván de Treos, Eloy García, Fariña (Diego, min.55), Fernando, Sandro, Adán (Eloy Pereira, min.65), Manolo Cruceiro (Samuel, min.75), Berti.
- SAN LORENZO: Gabriel, David (Sergio, min.80), Adrián, Canteiro, Germán, Cachizo, Javi (Chucho, min.60), Schuster, Joaquín, Dani (Eloy, min.65), Velo.
- Goles: 0-1, min.13: Velo; 1-1, min.26: Berti.
- Expulsión: o cabanés Eloy García no min.80.
Partido de poder a poder, moi físico pero sen ser unha marabilla para o espectador. Non foi o mellor partido dun Cabana que intentou dominar pero non puido crear perigo. Pola súa banda, o San Lorenzo tirou da fortaleza que tanto demostra e tivo algunha ocasión máis, sobre todo a balón parado.
O partido seguía o guión dun Cabana que intentaba saír combinando dende atrás, pero sen en profundidade, sen rebasar as liñas defensivas carballesas. Nunha xogada a balón parado Velo facía o primeiro pero pronto o Cabana empataba por medio de Berti.
Se o porteiro do San Lorenzo apenas tivo traballo, máis que con dúas aproximacións de Berti e de Adán, Añón si que tivo que esforzarse e sacou dúas moi boas contras na segunda metade, e mesmo unha tivo que ata que sacar Pepe baixo paus.
Porteño - Camelle (1-2)
- PORTEÑO: Bonano, Gabi (Pejo, min.78), Óscar, Maikol, Iago, Doyle, Cousillas (Caamaño, min.75), Piti (Meu Lar, min.46) (Jimmy, min.80), Varela, Brais, Felipe.
- CAMELLE: Ángel, Jesús (Adrián, min.46), Baliña, Martín, Matías, Varu, Mario, Carlos de Dido, Javi Rañal, Barreiro, Adrián da Barca.
- Goles: 0-1, min.27: Adrián da Barca dende fóra da área á cepa do pau; 1-1, min.55: Doyle tras varios rexeites; 1-2, min.65: Javi Rañal.
Gran ambiente na Grixa (como podemos comprobar nas Galerías do Camelle e do Porteño) para este intenso derbi. Un derbi que rematou, con 0 tarxetas no que o Camelle, a pesar de chegar completamente en cadro conseguíu levar os puntos tras estar máis acertado cara gol.
O Camelle aproveitou as súas e o Porteño non, detalle clave nun choque moi igualado, moi fisico, onde a colocación foi fundamental e os balóns longos os protagonistas. Cómpre sinalar o regular estado do céspede da Grixa, un campo con só ano e medio de vida.
Así que levou o derbi o Camelle a pesar das 11 baixas que presentaba. Hoxe ademais Barreiro ten o careo co colexiado no Comité... A ver en que queda a cousa.
Volantes - Castriz (4-2)
- VOLANTES: Jota, Maikel, Miguel (Fran do Español, min.75), Nimo, Varo, Martín, Moja, Adrián, Ivi (Edu, min.65), Brais (Pardelo, min.60), Cajulo (Gabriel, min.75).
- CASTRIZ: Toño, Rubén (Martín, min.55), Ales, Agra (Marqués, min.65), ALberto, Pose, Chinda, Cili (Fabio, min.75), Bruno, Luís Castro, Pichín (Esteban, min.80).
- Goles: 0-1, min.10: Luís Castro; 1-1, min.25: Cajulo; 2-1, min.44: Ivi; 3-1, min.50: Brais cun golazo dende fóra; 4-1, min.75: Pardelo; 4-2, min.85: Luís Castro.
Moi ben o Volantes que foi un gran partido, ante un Castriz faltou de actitude, un equipo que compite moi ben contra os de arriba pero cos supostos inferiores non rinde tanto. O Volantes moi ben prantado no campo, e malia que o equipo bota de menos un dianteiro, pois Cajulo e Ivi non son puntas natos.
Adiantouse o Castriz pero pronto Cajulo igualaba e o gol antes do descanso de Ivi foi clave. Tamén fundamental foi o gol aos 5 da segunda, rompendo ao equipo xalleiro que xa non soubo respostar.
Tres puntos para un Volantes que recuperaba a Brais, que volvía marcando ademais, e que agora mesmo segue Chisco, o Secretario, no banco, un chisco que, por certo, está a organizar moi ben a liña defensiva. Van tocar a Felipe Candamo, que xa foi tocado por varios equipos, entre eles o Mazaricos.
Carnota - Zas (1-2)
- CARNOTA: Luís De la Peña, Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro PIchín, Boni (Urko, min.30), Pumuky, Fernando (Iván, min.70), Nakata, Poyo, Pablo Beiro (Rodri, min.50) (Pablo Pichín, min.70), Adrián (Manuel Luís, min.65).
- ZAS: Anxo, Martín, Fabián (Pereiro, min.55), Óliver, Víctor (Rizos, min.80), Canedo, Peke (Pablo Lestón, min.55), Samuel (Lagoa, min.55), David Blanco, Pablo Fuentes, Isma (Damián, min.70).
- Goles: 1-0, min.25: Pablo Beiro; 1-1, min.60: Pablo Fuentes de cabeza; 1-2, min.70: David Blanco define no man a man.
- Lesión: O zaense Víctor e os carnotáns Boni e Rodri.
- Expulsión: o carnotán Nakata nunha expulsión rigorosa (min.75).
Viña de 3 vitorias consecutivas o Carnota pero non puido cun candidato ao ascenso, un Zas que leva sen perder dende a xornada 3 e que xa se sitúa 3º a só 2 do Sofán.
David Blanco avisou pronto cun remate a un centro de Samu ao comezo, pero foi o Carnota o que se adiantou por medio de Pablo Beiro. Estaba facendo o Carnota unha boa primeira metade e aguantou así ata o descanso.
Na segunda foi moi arriba o Zas, e ata lesión de Vecino non tiveron problemas. Foron 20 minutos apretando e aproveitando a páxara do Carnota e conseguiron darlle a volta ao marcador. Lestón tivo un man a man que mandou fóra pero David Blanco non fallou a súa para pñer o 1-2 trala igualada de Pablo Fuentes.
Intentou apretar o Carnota, que puido empatar por medio de Pedro e Ferreiro de cabeza e Urko cun tiro nun rexeite que parou un defensa. Houbo varias lesións e mesmo o porteiro suplente do Zas, Rizos, tivo que entrar como xogador de campo na segunda metade.
Sofán - Indep. Carballo (7-1)
- SOFÁN: Bugy, (Dani, min.70), Santi, Marcos Pensado, Cantudo, Pablo Martinez, Eloy Boedo (Gustavo, min.75), Jorge Calvete, Bertin, Ivan Rojo, Brais (Lista, min.70) e Raúl.
- IDC: Diego, Yoni (David, min.46), Belar, Seo, Atu, Dani (Pichel, min.46), Carlos, Cholo, Juni, Mario e Esteban (Fraga, min.46).
- Goles: 1-0, min.5: Bertín nun rexeite; 2-0, min.48: Raúl; 3-0, min.52: Rojo non falla un pase da morte de Bertín; 4-0, min.55: Brais a pracer tras un balón peiteado por Raúl; 4-1, min.70: Mario de falta directa; 5-1, min.78: Raúl; 6-1, min.80: Marcos Pensado.
Derbi carballés que se puña de cara rapidamente para os sofanistas. Pero o IDC conseguía aguantar durante todo o primeiro tempo prantando cara ao aspirante. Pablo Martinez, Eloy Boedo e Raul puideron marcar, pero daba a sensación que a Sd non entraba en ningun momento en ritmo de partido e o IDC íase estirando co paso dos minutos, e Bugy tivo que respostar por dúas veces, nunha delas tras un balón peinado por un defensa o gardameta fixo unha gran estirada e enviou o balón a corner previo paso polo longueiro.
Clave foi a volta do descanso, con dous goles rápidos para os locais que acaban co partido.
Outes - Mazaricos (3-1)
- OUTES: Gato, Arturo, Chúa, Rubén, Borja, Martín (Poke, min.65), David (Mosto, min.80), Fabio (Chía, min.55), Barral (Saúl, min.70), Piki, Michi (Elías, min.46).
- MAZARICOS: Pejo, Estéfano, Tuco, Chico, Rodri, Oreiro (Kevin, min.55), David (Ramón, min.75), Ricardo (Coxo, min.70), Molinos, Sandelo, Esteban.
- Goles: 1-0, min.30: Barral; 1-1, min.55: Kevin só tras unha xogada de Esteban e Sandelo; 2-1, min.75: en propia meta coa axuda de David; 3-1, min.85: David de penalti cometido por Pejo sobre Elías.
Aproveitou ben o Outes os erros dun Mazaricos que aínda non alcanza a seguridade defensiva necesaria. Un Mazaricos ademais que cambia de adestrador e trala marcha de Couso afronta unha nova etapa con Alex Romero á fronte.
Comezaba o Outes algo mellor, e Barral abría a renda e David, Piki e Michi podían ter sentenciado o partido na primeira. Pero na segunda non estivo ben o Outes e o Mazaricos se metía no partido. Kevin empataba na máis saír noutro detalle da súa clase, e co 1-1 tivo o propio Kevin un par de xogadas, e Sandelo outra, pero non acertaron para meterse por diante, e cando mellor estaba o Mazaricos, nun barullo o Outes volvía ter a sorte de cara o balon se colaba entre un defensa e David. O propio David sentenciaba contra o final de penalti.
Buño - Corme (4-1)
- BUÑO: Brais, Ángel, Iago, Secundino, Rubén, Dani Calvete, Dourado, Gurita, Charro, Elías (Martín, min.80), Fran Borrazás.
- CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Dani (Diego, min.65), Pandi (Miguel Torrado, min.55), Sergio, Juan Chans, Adrián Doldán, Alejo (Jesús, min.73), Lucas, Toniño.
- Goles: 1-0, min.5: Elías de falta; 2-0, min.15: Dani Calvete dende a frontal pola escuadra; 2-1, min.30: Alejo; 3-1, min.75: Elías; 4-1, min.89: Dourado cunha fermosa vaselina.
- Lesión: Alejo cun golpe.
Partido ben fermoso entre dous equipazos cun Buño que superou desta volta a todo un Corme. Arrincada o partido con dous goles tempraneiros, o que permitiu ao Buño estar sempre moi cómodo no campo, moi ben armado atrás e buscando as contras.
O primeiro, que foi poder a poder, tiña ao Corme tocando e tocando, e ao Buño ben armado, que ca volta Dourado, Dani Calvete e Elías están aportando moito ao equipo de Esmorís. Recurtaba Alejo e tivo algunha o Corme co 2-1 sobre todo na primeira para empatar, e pediron un penalti a Lucas e outro a Alejo, a pesar de que a arbitraxe tirou para o Corme.
Na segunda, co 2-1, o Buño aguantou ben atrás e puido sentenciar á contra. O Corme xa tiña presa e tocaba pero moi apurado, ante un Buño que roubaba e saía á contra con perigo. Javi evitou algún gol máis.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Xornada aciaga.
- Preferente: Un só punto.
- Resultados dunha xornada marcada pola paralise das categorías base.
- Comezan a perfilarse os favoritos ao Playoff polo título na Liga FS de Carballo.
Artigos relacionados
- Kike Paluca e Mané lideran as táboas de goleadores do Fútbol da Costa.
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora o SD Sofán o Unión Club Cee.