mércores. 30.04.2025
El tiempo

Ratificadas as datas de inicio das ligas da Costa

Ratificadas as datas de inicio das ligas da Costa
33 equipos na reunion do futboldacosta-Foto-Liga da Costa

Un total de 33 clubes estiveron representados na reunión máis numerosa que se recorda en moitos anos. Unha reunión que servía para ratificar as datas de inicio das ligas, e ir perfilando uns calendarios que estarán listos en dúas ou tres semanas.

Imos repasando pois as datas de inicio:

  • 1ª e 2ª Autonómica: comezan o 8 de setembro e acaba o 11 de maio. Non haberá competición o 29 de decembro nin o 20 de abril (Semana Santa). Solicitaron disputar os seus partidos como locatarios os sábados: Cabana, Camelle, Corcubión e Fisterra.
  • 3ª Autonómica, con só 13 equipos tralas baixas de Dumbría B, Xaviña e Alcaián e a alta do Sp. Seaia, comeza o 29 de setembro, e acaba o 6 de abril co mes de abril para disputar as promocións, e logo enlazar ca Copa. Descansarase o 29 de decembro e o 5 de xaneiro. Solicitaron xogar o sábado como locatarios o Ameixenda, Laxe e Soneira B.
  • Xuvenís: teremos 11 equipos nos 2 Grupos, para comezar o 31 de agosto e rematar o 1 de febreiro. No Grupo 3º están: Cee, Corcubión, Dumbría, Esteirana, Fisterra, Lira, Mazaricos, Muros, Outes, Soneira e Xallas Santa Comba. No Grupo 4º figuran: CD Baio, Cabana, Camariñas, Castriz, Coristanco, Corme, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Porteño. A liga de ascenso e copa disputarase do 8 de febreiro o 12 de abril. A copa xuvenil disputarase do 19 de abril o 17 de maio.
  • Cadetes,: 15 equipos, e comeza o 28 de setembro remata o 17 de maio. Xogarán As Baleas, CD Baio, Cabana, Cee, Concello de Carnota, Corcubión, Coristanco, Esteirana, Fisterra, Muros, Muxía, Outes, Ponteceso, Xallas Santa Comba e Sp. Zas.
  • Infantís: Participan só 13 equipos: As Baleas, CD Baio, Cabana, Cee, Coristanco, Corme, Esteirana, Fisterra, Muxía, Os Miúdos, Outes, Sofán e E.M. Vimianzo. Comeza o 8 de setembro ata o 16 de marzo. De aí ao 18 de maio terá lugar a I Copa da Costa Infantil.

Ademais, as Fases de Ascenso ás Ligas Xuvenís varían o seu formato, pero seguimos tendo 2 postos en xuvenís e cadetes, e 1 posto en infantís.

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).
  • CD Baio.

Comentarios