3ª Autonómica: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar
Novas por arriba e por abaixo nesta 10ª xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O Ameixenda, tras 6 vitorias consecutivas, non pasaba do empate nas Fontiñas ante un serio Nantón, pero este puntiño deixa ao cadro de Manolín aínda sen coñecer a derrota (o único equipo das 4 ligas sénior) con 7 puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores.
Aproveitaron Coristanco e Corcubión para adiantar ao Cerqueda, que descansaba, coas súas vitorias ante o Laxe e en Arliña, respectivamente. Sacan agora 2 puntos ao propio cadro cerquedán e ao Nantón.
Completa o grupo da promoción un Lira en liña descendente, trala dimisión de Pedrosa e tras 4 derrotas consecutivas. Terá que ter coidado porque parece que o Castrelo vai pelexar pola Promoción como demostrou precisamente en Lombáns onde os vimianceses colleitaban a súa primeira vitoria da temporada, poñéndose a só 4 puntos dos lirachos.
Muxía - Corcubión (1-2)
- MUXÍA: José Antonio, Currás (Ruso, min.60), Pataca, Peski, Conguito, Juan (Rubén, min.75), Javi (Marco, min.20), Víctor Alcaina (Esteban, min.70), Iván, Gerardo e Alberto.
- CORCUBIÓN: Sito (Jesús, min.46), Javi, Senra, Marcos, Kos, Toja, Alberto (Javi Floreal, min.75), Sebas, Javi, Lema e Gorka (mini, min.80).
- Goles: 0-1, min.5: Sebas; 1-1, min.8: Javi; 1-2, min.70: Lema.
- Expulsións: os corcubionese José María por doble cartón, e Alberto cando xa estaba sustituido.
- Lesión: o muxián Currás.
Partido bonito o celebrado en Arliña, con dominio alterno e bo xogo por parte de ambos conxuntos. Comezaba o partido cun ritmo fantástico e se aos 5 minutos Sebas adiantaba aos de Carlos Lema, Javi empataba de contado para os de Sieso.
Calmábase o choque e os dous equipos tiveron opcións de poñerse por diante. Pero mediada a segunda metade, sen un dominador claro, unha xogada de Lema acababa co tanto da vitoria para os corcubioneses.
Lira - Castrelo (0-3)
- LIRA: Peipo, Santi Trozo, Paqui, Javi, Miqui, Yeray, Demetrio, Pata, Oli, Yanki e Eloy. Tamén: Pesco, Manu, Iago, Adrián do Porto e Cibrán.
- CASTRELO: David Buxantes, Marcos (Adry Ozon, min.73), Pichón, Darío, Víctor, Luís, Quintáns, Suso (Isra, min.65), Félix (Edreira, min.68), Roi (Lucho, min.78) e Stiven.
- Goles: 0-1, min.17: Roi tras un centro de Stiven; 0-2, min.60: Darío aproveita o rexeite dunha falta que Pichón mandaba ao pau; 0-3, min.78: Quintáns non desaproveita un pase ás costas da defensa.
Por fin conseguiu o Castrelo gañar un partido, e con solvencia. Unha primeira vitoria da temporada, tras 5 empates e unha gran mellora dende o ano pasado, que lla dedican ao novo presidente, un Estebo que tamén é xogador habitual pero que onte non entraba na lista de Roland Caamaño por lesión. Un Roland que se amosou moi orgulloso da resposta do seu equipo trala derrota en Coristanco.
Mentres, diferentes andan as cousas por Lira, onde Pedrosa presentaba a dimisión a semana pasada e o equipo está sen timonel, colleitando xa 4 derrotas consecutivas.
Foi un partido moi bo en canto a intensidade, gañas e xogo. O Castrelo buscaba xogar o balón, con boas combinacion, de feito o primeiro gol chega dunha combinacion dende o medio a banda e da banda un bo centro de Stiven que remata o noso home gol Roi marcaba no minuto 17. Suso avisaba pero Peipo respondía mentres Yanki tiña dúas ocasións para o empate que non atinaba a marcar.
A segunda metade seguía cun guión parecido. Ao cuarto de hora marcaba o cadro vimiancés e aí o partido rompíase. O Lira volcouse, pero deixaba grandes espazos que o Castrelo soubo aproveitar para ampliar a renda.
Nantón - Ameixenda (1-1)
- NANTÓN: Ernesto, Carlos, Eloy, Félix, Diego, David Lareu, Fabio, Amado, Luís, Martín e Daniel.
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Javichu, Camacho, Iván Pequeño, Antón Lestón (Jesús, min.60), Momaño (David, min.77), Cristian, Miro (Bichiño, min.67), Víctor (Demetrio, min.86) e Mario (Borja, min.46).
- Goles: 0-1, min.65: Borja; 1-1, min.88: Luís.
Non perder é importante, e de feito o Ameixenda segue sendo o único equipo costeiro das 4 categorías dos modestos que non coñece a derrota. Os de Manolín sacaron un puntiño das Fontiñas, pero para eles se lle escaparon 2 pois o gol do empate do Nantón, un equipo que pelexará polo ascenso directo, chegaba no desconto.
Coristanco - Laxe (3-0)
- CORISTANCO: Nacho, Jose (Sergio, min.85), Mato, Rubén (Héctor, min.20), Joni, Facal (Cholo, min.55), Mallón, Iván (Míchel, min.55), Gonzalo, Toni e Juan.
- LAXE: Anxo, Bras (Galgo, min.65), Samu Soneira, Jaja, Aarón, Roberto, Borja, Iván (Cristian, min.60), Djamel, Dani e Zurich (Domínguez, min.70).
- Goles: 1-0, min.60: Mallón de vaselina; 2-0, min.70: Juan tras unha deixada de Cholo; 3-0, min.80: Cholo tras unha xogada entre Gonzalo e Juan.
Partido moi igualado, de moito xogo no medio campo, con poucas ocasións de gol, e boa parte delas a balón parado, que se cadra rematou con demasiado castigo para o cadro laxense, permitindo que o Coristanco se meta de novo moi arriba.
A primeira parte foi moi bregada. Juan nunha falta e Rubén de cabeza tamén a unha falta laertal tiñan as mellores para os locais, mentres por bando laxense eran Lagoa e Zurich os que avisaban tamén a balón parado.
Non melloraba a cousa na segunda, pero en 3 arreóns os locais sentenciaban o choque. Iso si, co 0-1 chegaba unha das xogadas claves do partido, cun paradón de Nacho a unha falta de Zurich pola escuadra, que puido cambiar o signo do partido.
Juan e Cholo foron protagonistas dos dous últimos tantos.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Castriz non pode co ritmo de San Lorenzo e Zas.
- 1ª Autonómica: O Sofán non para e o Malpica sae do descenso a costa do Corme.
- Preferente: Doble premio cun importante debut.
- Análise e os 80 resultados da fin de semana no #FutboldaCosta.
Novas relacionadas
- Un repaso a todos os pichichis da Costa.
- Futsal Carballo: O Dolce&Cafe confirma a súa candidatura ao título:
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).