Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Ameixenda tamén gaña sufrindo

3ª Autonómica: O Ameixenda tamén gaña sufrindo
Muxia-Ameixenda-Foto-Joshua A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Impresionante o Ameixenda de Manolín que vence tamén en campos complicados como Arliña, ante un gran Muxía e despois de acabar con 9 sobre o céspede. Queda por detrás o Nantón tras arrebatarlle o segundo posto ao Lira nun partido máis que tenso. Ademais, o Coristanco volve uirse á loita de arriba, empatando co Corcubión. Por abaixo, descansaba o pechacancelas Laxe, mentres Muxía e Castrelo, a pesar da fenda aberta cos 6 de arriba, seguen en clara melloría.

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 7

Lira - Nantón (0-2)

  • LIRA: Peipo, Eloy, Pedro, Pelos, Chindo, Pata, Deme, Pesco, Manu, Javi Carnota, Miky, Cibran, Yanki e Oli.
  • NANTÓN: Guillermo, Lareu, Carlos, Eloy, Diego, Carlos Vidal, Fabio (Dani Costa, min.71), David, Luis, Martín e Patelele (Raúl, min.84).
  • Goles: 0-1, min.41: Fabio tras un pase de Luís que aproveita un erro na zaga local; 0-2, min.70: en propia meta.
  • Expulsións: o local Deme no min.80 e o visitante Raúl, no min.88.

Paroulle os pés o Nantón ao Lira e o supera na táboa tras un partido tremendamente igualado e de moita tensión, e iso que o cadro liracho foi superior durante case to o partido, pero sen fortuna no remate. Saía o Lira con intensidade xerando peligro e mesmo podendo adiantarse nunha boa ocasión que acabaría indo ó pau. Pouco a pouco foi o Nantón entrando no partido, igualándose o encontro. E ao fío do descanso, un erro da defensa local permitía ao cadro cabanés meterse por diante. David puido ampliar a renda antes do descanso.

Pouco fútbol nunha, aínda máis tensa, segunda metade, con moitas interrupcións e con xogo duro en fases do partido. Os minutos ían pasando, o Lira colgaba balóns e a zaga do Nantón rexeitábaos esperando a ter a súa ocasión que lle permitise cerrar o partido. Esa chegou nunha saída á contra de Luis pola banda, gañaba liña de fondo e mandaba o balón ó segundo pau onde acompañaba a xogada Dani, e un defensa do Lira no seu intento de despexar o balón mandabao dentro.

Despois do 0-2, o partido aínda se ía endurecer máis, con continuas liortas e discusións; minutos que fixeron que ambos equipos acabasen xogando con 10. Aínda así o Lira tivo as súas ocasións, un gol ben anulado por fora de xogo a Yanki; e unha nova boa parada de Guillermo, quen ía mandar o balón a córner cando o dianteiro do Lira quedou só ante o porteiro.


Corcubión - Castrelo (1-1)

  • CORCUBIÓN: Sito, Javi, Marco, Rubén, Trillo, Gabi, Toja, Lema, Gorka, Alan (Alberto, min.70) e David Lourido.
  • CASTRELO: David Buxantes, Marcos (Adry Ozon, min.63), Esteban Berdoias, Quintáns (Suso, min.73), Víctor, Luís, Stiven, Roi, Elvis (Raúl, min.79) e Lucho.
  • Goles: 1-0, min.3: Lema; 1-1, min.83: Roi.

Puido o Castrelo aguantar ao Corcubión un choque igualado, ambos con moitas baixas (Edu, Jesús, Coiro, Beto, Senra por bando corcubionés; e Darío, Pichón, Edreira e Israel polos vimianceses) no que cómpre destacar a volta de David Lourido aos campos de xogo. O punta corcubionés volve á disciplina branquiazul tras dúas temporadas sen demasiada sorte no Dumbría de Preferente, onde as súas obrigas laborais impedironlle adestrar o necesario para competir.

Comezou o cadro de Carlos Lema moi forte e foi o Lema fillo o que marcaba aos 3 minutos a saída dun córner. Mantivo o dominio o cadro local coa axuda do vento. Pouco a pouco o Castrelo ía meténdose no partido, e Roi avisaba cun man a man que saíu fóra e xusto antes do descanso despois dunha boa xogada Stiven tiña unha ocasión clarísima na liña de gol que non acertou a empurrar.

Na segunda parte, o Corcubión puido cerrar o partido pero a intervención de David Buxantes nun paradón a Lourido foi clave. Espabilou o Castrelo de Roland Caamaño, e Esteban Berdoias remataba un córner que saía fóra por pouco. Chegaban os mellores minutos do cadro vimiancés, cunha falta de Lucho lambendo o pau; Roi, a pase do propio porteiro, anota o tanto do empate sen tempo a reaccionar para os locais.


Muxía - Ameixenda (1-3)

  • MUXÍA: José Antonio, Currás, Pataca, Peski, Conguito, Juan, Javi (Santi, min.15), Víctor, Gerardo, Iván (Antonio, min.75) e Alberto (Rubén, min.80).
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, David, Javichu, Samuel, Iván, Álex (Antón Lestón, min.32), Momaño (Demetrio, min.75), Borja (Miro, min.46), Cristian, Víctor e Mario (Mateo, min.80).
  • Goles: 0-1, min.15: Mario de penalti; 0-2, min.46: Víctor; 1-2, min.75: Juan a centro de Conguito; 1-3, min.93: Demetrio.
  • Expulsións: Os ceenses David (min.40) e Javichu (min.55).

Sufridísma vitoria do Ameixenda de Manolín en Arliña, ante un Muxía que segue demostrando unha gran melloría e aínda está a tempo que alcanzar a zona alta, nesta longa liga de 4 voltas.

Dominou o Muxía territorialmente, tivo o control do balón e as mellores ocasións, despois de que Mario marcase dende os 11 metros para os visitantes. Tivo o Muxía a súa mellor ocasión para igualar a contenda cun penalti que Gerardo enviou ao pau.

Víctor anotaría o segundo na máis comezar a segunda metade, e xa con 9 o Ameixenda polas dúas expulsións o Muxía recurtou e tamén Iván e Gerardo tiveron 3 cada un para igualar. Pero xa con 3 sobre o desconto, Demetrio sentenciou nunha contra.


Coristanco - Cerqueda (2-1)

Cerqueda-Coristanco-FotoUD
  • CORISTANCO: Nacho, Facal, Rubén, Sergio, Marcos, Pazos, Mato, Toni, Iván, Juan e Gonzalo (Pichel, min.70).
  • CERQUEDA: Rubén, Pailos, Sergio, Atu (Juanjo, min.80), Pablo (Xabi, min.60), Dani, Uru, Dani Añón (Dani Seaia, min.46), Darío, Jacobo (Gesto, min.74) e Martín (Javi, min.66).
  • Goles: 1-0, min.15: Gonzalo aproveita un rexeite de Rubén a tiro de Juan; 1-1, min.36: Martín; 2-1, min.88: Juan.

Facíalle falta a vitoria ao Coristanco para seguir enganchados aos de arriba, e a conseguía tras un choque moi igualado, con pouco fútbol na Rocheira, moito xogo directo e xogo aéreo. O Coristanco saíu con moita presión collendo o Cerqueda aínda medio dormido e chegaria o gol local ao cuarto de hora, tras un forte disparo dende fóra da área de Juan, que despexa Rubén cun paradón, o balón peta no longueiro e queda botando na liña de gol para que Gonzalo remache a pracer.

A partir de aí os locais deixaron o balón ao Cerqueda para intentar collelos en algunha contra, e a balón parado, como unha de Pazos que tamén salvou Rubén. Xa máis asentados no campo o Cerqueda achegaríase con perigo en varias ocasións por medio de Martín e Darío, ata que pasada a media hora chegaría o empate de Martín tras un pase largo de Jacobo.

A segunda parte foi máis igualada e con máis chegadas, tendo que aparecer a figura do novo gardameta coristanqués Nacho para salvar o partido. Houbo un par de xogadas polémicas: primeiro un gol fantasma que pediron os locais; despois un posible penalti non pitado sobre Pailos que pedian os visitantes. E cando o partido parecía que remataría en empate, a falta de 2 minutos para o final, Juan anotaría o gol da vitoria local cun gran disparo.

Queixáronse os locais dalgún insulto racista que recibiu Atu por bando dun xogador local.


Crónicas da 3ª Autonómica

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios