Venres. 19.04.2024
El tiempo

30 de xuño: Día do fútbol da Costa

30 de xuño: Día do fútbol da Costa
Algún día se tiña que buscar, e a Asociación de Clubes da Costa da Morte vén de asignar esta data, a do sábado 30 de xuño, como o día da Festa do fútbol da Costa. Ese día o Campo de Miraflores de Muros vivirá un intenso choque entre a Selección Costa-Norte e a Selección Costa-Sur, dirixidas por Berto e Manu Roque respectivamente. Ademais, de seguido, ás 19:00 na Casa da Cultura de Muros, terá lugar a Gala do fútbol da Costa onde se escollerán aos mellores da tempada. Iso si, apuntamos que para o comezo da tempada que vén a familia de QPC Deportes terá tamén unha cita a modo de festa, máis que a modo de Gala, para compartirmos experiencias, e felicitar aos que estades escollendo como os 11 ideais do fútbol da Costa. Así que a relación de finalistas para a primeira Gala do Fútbol da Costa é:
  • MELLOR EQUIPO: SANTA COMBA - XALLAS - CORME - DUMBRIA - CLUB DO MAR.
  • MELLOR DIRECTIVA: OUTES - DUMBRIA - VOLANTES - CLUB DO MAR - FISTERRA.
  • MELLOR XOGADOR: LEO (CAMARIÑAS-DUMBRÍA) - VITUCO (CLUB DO MAR) - VIA RAPIDA (SONEIRA) - SELUCO (VOLANTES) - ALEX (CERQUEDA).
  • MELLOR ENTRENADOR: CAMBEIRO - SIL - MANOLIN - REPI - DAVID BAÑA.

Final da Copa da Costa

E antes de ir co choque de seleccións e mentres escollemos ao Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa, apuntamos que a Final xa ten determinado onde será a ida e a volta. A ida será este domingo 17 de xuño en Fontenla e a volta no Conco.

Choque de seleccións

Esta é a convocatoria de xogadores para as seleccións da Costa para o partido a celebrar o 30 de xuño de 2012 no campo de Miraflores, as 17:00 horas (en todo caso parece que terá que haber algún cambio unha vez que hai algún xogador que non poderá acodir como o carballés Dani Rosalía por mor dunha boda, e algún outro xogador) Selección Costa-Norte:
  • Club do Mar: Alex.
  • Malpica: Suso.
  • Buño: Víctor.
  • Cerqueda: Alberto.
  • Ponteceso: Alberto Recarey.
  • Xallas: Alexandre.
  • Corme: Pandi.
  • Castriz: Bruno.
  • San Lorenzo: Carlos.
  • Santa Comba: Chinda.
  • Sofán: Iván Rey.
  • Camelle: Barreiro.
  • Independiente: Dani Rosalía.
  • Xaviña: Pablo.
  • Cabana: Rubén Rama.
  • Porteño: Brais.
  • Corcoesto: Edelmiro.
  • Camariñas: Moriño.
  • Nantón: Sito.
  • Laxe: Zúrich.
  • Coristanco: Marcos.
  • Alcaián: Pío.
Selección Costa-Sur
  • Muros: Sexo.
  • Esteirana: Andel.
  • Volantes: Seluco.
  • Montelouro: Chema.
  • Carnota: Pedro Pichín.
  • O Pindo: Juan de Dios.
  • Lira: Miguel Anxo.
  • Outes: Chua.
  • Mazaricos: Brais.
  • Corcubion: Lema.
  • Fisterra: Nico.
  • Fisterra B: Hidalgo.
  • Cee: Diego Cespón.
  • Atl. Pereiriña: Gabi.
  • Muxía: Angel Luis.
  • Dumbría: Aaron (Muros).
  • Dumbría B: Toni.
  • Soneira: Quique.
  • Soneira B: Mayor.
  • Zas: Jorge.
  • Baio: Javi Suárez.

Máis información

Crónicas da semana

Comentarios