Nova fin de semana chega de fútbol costeiro. Unha fin de semana que arrincaba o venres coa gran final dos peques das LCFs, no que as futuras perlas do fútbol da costa enchían de cor o pavillón de Muxía.
E xa comezamos o repaso a esta xornada de 84 partidos pola Preferente, con resultados dispares para os nosos. A vida ou morte era esta xornada para un Soneira sen adestrador. Ante a dimisión de Manolito, Fran de Urroa facíase cargo esta semana do equipo, pendente do si de José Ángel Perro Viejo. E o equipo, a pesar das baixas, deuno todo para sumar 3 puntos que o volven meter na loita por manter a categoría. Aínda está moi lonxe, con 18 puntos a 6 da salvación, sen contar os posibles arrastres, pero o cadro volve soñar con manter a categoría tras unnha vitoria por 4-3 de infarto ante o penúltimo.
O que segue empeñado en meterse en problemas é o XSC, que era capaz de remontar un 2-0 en Lemos, tamén ante un rival directo por evitar o descenso, e acababa deixando escapar o partido. Os de Julio Martínez quedan con 26, puntos, xa os mesmos que o propio Lemos, e con 3 sobre os postos de descenso directo.
Ao seu, pola zona alta, vai un Dumbría que cada día funciona mellor, que leva 11 xornadas sen perder. Hoxe goleou a todo un Residencia que estaba así a 2 puntos dos de Canosa.
Distinta sorte correron os nosos na 1ª Autonómica, con grandes vitorias e preocupantes derrotas. Vitorias as do Malpica, que non para, da Esteirana, que respira tras dúas derrotas consecutivas; e do Camariñas, na sorpresa da xornada, por 4-1 e ante todo un líder, rompendo unha xeira de 6 partidos sen gañar.
O Baio caía ante o Arzúa, 2º na táboa, nunha derrota previsible, pero a derrota do Ponteceso si que preocupa. Era ante o Piloño, tamén na zona baixa, e os de Velo recibiron un set tras deixarse ir na segunda metade, que deixa ao equipo moi tocado e só no pozo, coa salvación (sen mirar os probables arrastres aínda) a 6 puntos.
Non fallaron os de arriba na 2ª Autonómica. O Sofán tiña que suar lama para vencer onte no Rodeiro a un Camelle épico. Hoxe respondía o Corme cunha cómoda vitoria ante o IDC, e o Zas cunha vitoria non tan cómoda ante o Corcubión, deixando a parte alta igual de igualada. O Fisterra non quere deixar escapar o grupo de cabeza e queda a 9 do liderato tras vencer a un Castriz que se deixa levar. O Cee queda a 10 tras unha cómoda, por fin, vitoria ante o Muros, e o Outes se retrasa a 11 tras non pasar do empate ante o Volantes.
Por abaixo, IDC e Corcubión seguen afundidos, pero ollo cos Muros, Camelle, Volantes e Cabana por mor dos arrastres.
Xa na 3ª Autonómica, o Coristanco freou ao Baíñas. O líder non pasaba do empate na Rocheira ante un gran cadro local que se mantén bo denso grupo da Promoción. Recurta o Montelouro 2 puntos, quedando a 3 pero cun partido máis, tras vencer ao Castrelo. E na loita pola promoción, moitas cousas. O Ameixenda sobe ao carro ao vencer ao Seaia, que tamén segue na 5ª praza. O Muxía metíase tamén máis preto tras vencer ao 3º, o Lira. E o Nantón afiánzase vencendo ao Cerqueda e deixando ao cadro malpicán algo descolgado.
Dumbría e Esteirana distáncianse na Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os dumbrieses xa levan avisando toda a tempada e suman 16 goles a favor e 0 en contra en 3 partidos. A Esteirana mantén o ritmo e leva 12 e 2, tamén con 3 de 3. Desta volta foron o XSC, que sempre lle facía moito dano aos dumbrieses; e Cabana, un dos grandes aspirantes tras quedar campión do Norte, os que sucumbiron ante os líderes, que xa avantaxan en 6 puntos ao resto.
Arrincou ademais a Liga da Copa da Costa Xuvenil, cos igualados pero algo insulsos (só quedan fóra 2 equipos de 13) nos Grupo Norte e Grupo Sur.
Soneira | 4-3 | Carral |
Lemos | 4-3 | Xallas StComba |
Dumbría | 4-0 | Residencia |
Malpica | 5-0 | Sigüeiro |
Ponteceso | 1-6 | Piloño |
Camariñas | 4-1 | Noia |
Arzúa | 3-0 | Baio |
Esteirana | 3-0 | Bertamiráns B |
Camelle | 2-5 | Sofán |
Porteño | 3-2 | Carnota |
Mazaricos | 4-0 | Cabana |
Indep. Carballo | 0-3 | Corme |
Cee | 4-0 | Muros |
San Lorenzo | 0-0 | Buño |
Volantes | 1-1 | Outes |
Castriz | 0-2 | Fisterra |
Zas | 2-1 | Corcubión |
Ameixenda | 2-1 | Seaia |
Castrelo | 1-3 | Montelouro |
Corcoesto | 5-2 | Laxe |
Coristanco | 2-2 | Baíñas |
Lira | 1-3 | Muxía |
Cerqueda | 0-1 | Nantón |
Esteirana | 6-1 | Cabana |
Xallas StComba | 0-5 | Dumbría |
Corme | 2-1 | Malpica |
Baio | 2-1 | Ponteceso |
Camariñas | 1-0 | Coristanco |
Castriz | 3-2 | Porteño |
Mazaricos | 4-2 | Lira |
Fisterra | 0-0 | Outes |
Muros | 2-1 | Muxía |
Ponte Ourense | 1-1 | Dumbría |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 1 Norte, xornada 2
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 2
Fisterra | 7-1 | Cee |
Baio | 1-2 | Esteirana |
As Baleas | 0-5 | Muxía |
Zas | 1-6 | Cabana |
Muros | 2-1 | Coristanco |
Corcubión | 1-5 | Outes |
1ª Infantil, xornada 21 (partido aprazado no seu día)
Zas | 4-3 | XSC B |
Cee | 2-2 | Os Miúdos A |
Outes | 2-1 | Dumbría |
Lira | 3-4 | Os Miúdos B |
Fisterra | 1-0 | XSC A |
Sofán | 1-2 | Corme |
Muxía | 2-3 | Cabana |
As Baleas | 24/02 - 19:00 | Baio |
EF Corcubión | 24/02 - 19:15 | E.M.F. Vimianzo |
Zas | 0-7 | XSC B |
Esteirana B | 9-0 | Esteirana A |
Outes | 10-2 | Dumbría |
Lira | 1-3 | Os Miúdos B |
Fisterra | 3-4 | XSC A |
Cee | 2-4 | Os Miúdos A |
Coristanco | 1-5 | As Baleas B |
Ponteceso | 2-15 | E.M.F. Vimianzo |
Sofán | 2-1 | Corme |
Muxía | 1-2 | Cabana |
As Baleas A | 24/02 - 18:00 | Baio |
Benx. | C. Fisterra | 7-4 | As Baleas |
Alev. | EMF. Vimianzo | 2-1 | C. Dumbría |
Inf. | As Baleas | 2-7 | EF. Corcubión |
Xv. Bergantiños | 1-3 | Ponteceso |
San Román | 1-3 | Nantón |
Soneira | 3-2 | San Lorenzo |
Zas | 1-5 | Baio |
Cabana | 4-1 | Camariñas Vet |
Coristanco | 3-2 | Bértoa |
Dumbría | 2-4 | Laxe |
Castriz | 5-2 | Muros |
Vimianzo | 2-6 | Poniente |
Camelle | 2-2 | Dep. Carballo |
Sofán | 2-1 | Buño |
Malpica | 0-0 | Cerqueda |
At. Milagrosa | 2-0 | Agualada |
Porteño | 1-0 | Leiloio |
- Descansan Corcoesto e Erbecedo.
Laxe | 2-4 | A Piña |
Valenza | 7-1 | Sp. Seaia |
Cances | 1-2 | Sp. Brea |
Xornes | 2 -3 | Cereo |
Rus | 3-6 | Baldaio |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).