A Esteirana supera ao Fisober B mentres o A segue gañando fóra de casa
Na tarde do sábado remataba a primeira volta para o Fisober con derbi galego da 2º Estatal en Ferrol ante A Fervenza. E despois dun disputado partido, o cadro vimiancés conseguiu unha importantísima vitoria, a súa cuarta a domicilio en cinco partidos, o que as deixa sétimas na clasificación igualadas cas sextas, e con 13 puntos, lonxe do descenso.
Pero a fin de semana tiña un ollo posto na Liga Provincial, onde o derbi entre vimiancesas e esteiranas recibía moita atención. O filial do Fisober melloraba a súa imaxe con respecto a xornadas pasadas pero a experiencia das de Esteiro era suficiente para quedar cos 3 puntos.
Ademais, o Concello de Ponteceso non conseguí sacar nada positivo ante o BeArt Coruña, caendo por 4-0.
Deste xeito, queda o Concello de Ponteceso 5º con 15 puntos na Liga Provincial, por diante da Esteirana, con 13, mentres que o filial do Fisober mantéñense terceiras por abaixo con 6 puntos.
2ª División Estatal, Gr.2
- Resultado: A Fervenza - Fisober Concello de Vimianzo (2-4).
- FISOBER: Eva, Patri, Ana, Noelia e Myrella; tamén xogaron: Barca, Nuria, Elsa e Ylenia.
- Goles: 0-1 Nuria, 0-2 Noelia, 1-2 Ale de Paz (descanso) 1-3 Myrella, 2-3 Ale de Paz, 2-4 Patri.
Comenzaron os dous equipos moi metidos amosando que era un derbi e un partido moi importante para ambos conxuntos . A primeira ocasión foi para a visitante Patri os tres minutos quen encarou a porteira local pero esta moi rápida evitou o gol da visitante cando xa case a desbordara.
Despois os minutos foron pasando sen ocasións claras para ningún dos dous equipos e cun dominio alterno. Ata que os oito minutos un balón por banda dereita chegaba a Nuria dende o oposto e de forte lanzamento batía a Nerea para poñer en vantaxe as da Costa.
A resposta local foi case inmediata xa que un inesperado cabezazo de Belén foise o longueiro. O partido co gol parece que se abriu un pouco e así foi a visitante Nuria a que dispuña dunha opción para aumentar a vantaxe no electrónico.
E no toma e daca tocoulle as locais de poñer a proba a Eva , quen respostou con solvencia. Con esa tónica seguía o partido ata que os quince minutos, despois dun lanzamento de banda Noelia mandaba o balón o fondo das redes para poñer o cero a dous no marcador.
Ese gol si que lle fixo dano as locais que se desenchufaron do partido por uns minutos. O Fisober pasou a controlar o ritmo do partido totalmente e primeiro Patri e despois Ana por partida dobre a piques estiveron de poñer o terceiro no electrónico das da Costa.
Pero todo cambiou cando unha xogada individual de Ale de Paz serviu as locais para reducir distancias antes do tempo de lecer.
O arranque da segunda metade o Fisober volveu a facerse co mando do partido ante as locais. Así os catro minutos primeiro Barca e pouco despois Patri case conseguen o terceiro gol visitante. Aínda así debían de andar atentas xa que Laura Doce puxo a proba a Eva cun disparo lonxano.
As mellores ocasións seguían a ser visitantes, primeiro foi un libre indirecto que non aproveitou Nuria e despois unha ocasión para a capitana Ana. As locais non se rendían e tamén tiñan as súas opcións o igual que a visitante Myrella que se encheu de balón.
Unha Myrella que a seguinte que tivo non errou e a once para o fin puxo a bota a un lanzamento de saque de banda de Nuria para poñer o terceiro gol do Fisober. De novo dous goles de marxe para as da Costa, que case se amplían despois dun lanzamento de Nuria que toca o longueiro ou un lanzamento de Myrella a pase de Elsa.
Pero a partir de aquí as locais foron un pouco máis agresivas no seu xogo e tentaron voltar a apretar o partido. E conseguírono a seis do final cun “gol pantasma “ producto dun lanzamento de Ale de Paz que bateu no longueiro non se apreciou si botou dentro da portería ou na raia, uns din que entrou outros que non, o que si está claro é que o mellor colocado era o colexiado quen decidiu que si fora gol.
Co marcador de novo encollido foron os peores momentos das visitantes sobre a pista que se desordenaron un pouco. Aínda así a catro para o fin Ana tivo unha oportunidade para voltar a poñer dous de vantaxe e case na contra as locais tiveron a máis clara do partido e tivo que ser Elsa a que evitara baixo paus a igualada con Eva xa batida.
Todo se resolveu a tres para o fin cando unha xogada individual de Patri rematou co seu gol , poñendo o dous a catro no electrónico e adormecendo totalmente o partido. Facendo que os últimos minutos foran xa de tranquilidade.
Liga Provincial
- Resultado: Fisober B “Concello de Vimianzo” - Esteirana (1-4).
- FISOBER B: Martina, Paula, María, Tamara e Inés; tamén xogaron: Laura, Noe, María Maroñas e Mónica.
- ESTEIRANA: Maruxa, Inés, Terre, Alicia e Sandra; tamén xogaron: Merche, María e Leticia.
- Goles: 0-1 Alicia, 0-2 Alicia, 1-2 Inés, 1-3 Sandra, (descanso) 1-4 Merche.
No arranque do partido os dous equipos amosaron que non se querían deixar ir . Así foi a visitante Alicia a que tivo a primeira oportunidade. Xa sen descanso a capitana local María era a que respostaba. Pero dúas perdas das locais foron aproveitadas as dúas veces por Alicia para poñer o cero a dous no minuto cinco e seis. Parecía que as do filial voltaban as andadas e máis cando Sandra enviaba o longueiro de Martina.
Pero non era así, as do filial tiñan outra ambición e foi Inés os oito minutos quen reducía distancias no marcador. Pouco lle durou a ledicia xa que tres minutos despois foi a visitante Sandra a que marcaba para o un a tres.
Lonxe de virse abaixo o filial do Fisober seguiu tentando marcar algún gol máis e sobre todo loitando. E case o conseguen cando unha parede entre Inés e Noe deixou a está última ante Maruxa quen despexou cando Noe se dispuña a marcar.
O partido seguía moi aberto e con ocasións para os dous lados. Antes do tempo de lecer foi a visitante María a que mandou o seu lanzamento o longueiro.
As locais saíron moi fortes na segunda metade con Inés como máximo expoñente quen tivo dúas moi boas ocasións para reducir diferenzas. Cas locais moi metidas no partido as de Esteiro non chegaban ca claridade da primeira metade. Foi logo o tempo para as ocasións das visitantes Sandra e un lanzamento lonxano de Merche o longueiro. A resposta viña por parte de lanzamentos lonxanos de Paula e unha parede de esta con María que a deixaba sola ante a porteira.
Co partido moito máis igualado nesta segunda metade tivo que ser un lanzamento de Merche o que puxera o un a catro definitivo a cinco para o fin. Aínda así Inés e Paula tiveron as súas oportunidades para marcar algún gol máis para unhas locais que melloraron o seu xogo e sobre todo a actitude da xornada anterior pero ahora deben refrendalo en vindeiros partidos.
Máis información
- Clasificación Gr.1 2ª Disivión Feminina Estatal.
- Resultados Gr.1 2ª División Feminina Estatal.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
Crónicas da tempadas 2012-2013
- Volveu o fútbol sala feminino con gran intensidade.
- A muxiá do Fisober Patri Romaní estará no Campionato de España coa Selección Galega.
- Un Fisober en cadro volve cos 3 puntos de Logroño.
- Esteirana e Concello de Ponteceso seguen tralos líderes na Liga Provincial.
- A Esteirana frea a potencia das xogadoras do Ponteceso FSF.
- Xornada 6: As xogadoras do Fisober acostúmanse a gañar de vermello.
- Xornada 5: O Fisober segue medrando na 2ª División Estatal.
- Xornada 4: O Fisober segue coñecendo a península… e ademais xa gaña.
- Xornada 3: O Fisober acusa o salto.
- Xornada 2: O Fisober xa percorre a península.
- Xornada 1: O Fisober estrea categoría de mudanza.
Novas relacionadas
- 04-09-12: O Fisober caeu na Copa Xunta.
- 30-08-12: O Fisober xa está de pretempada.
- O Fisober afronta a invasión do norte da península.
- O Fisober ten canteira.
- O Fisober fai historia co Subcampionato de España.
- O Fisober fai historia co título de Campionas Galegas.
Fonte
- Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.