Venres. 18.10.2019
El tiempo

A praia de Lariño acolle unha nova proba de bodyboard e un campionato de pesca submarina

A praia de Lariño acolle unha nova proba de bodyboard e un campionato de pesca submarina

A praia de Lariño acolle esta fin de semana dúas probas co mar como protagonista. A 5ª Proba Open de bodyboard e máis o campionato de pesca submarina dos Petóns.

Pero por mor do tempo ambas probas quedan aprazadas:

  • A de Submarinismo aprázase, en principio para o vindeiro fin de semana, 10 de novembro.
  • A de Bodyboard queda para a fin de semana do 25 de novembro, se o tempo o permite.

Pesca Sumbarina

Este sábado 10 de novembro terá lugar na Praia de Lariño o Campionato social de Pesca Submarina, organizado polo Club de Mergullo “Os petóns”. A proba comezará ás 8:30h e as pesadas e a entrega de trofeos relizarase tralo xantar.

Bodyboard

Campionato de Bodyboard en Larino

A Federación Galega de Surf vén de abrir o prazo de inscrición para a 5ª Proba Open de bodyboard, que terá lugar, tralo aprazamento por mor do tempo, o domingo 25 de novembro. Polo tanto, el plazo de inscripción segue aberto.

Ademais a FGS organiza un campionato de Drop Knne, paralelo á competición oficial.


Proba en Carballo

Entrementres, deixámosvos co Video 3ª Proba do Circuito Galego Open de Surf e 4ª Proba do Circuito Open de Body-Praia de Razo (Carballo), celebrado a pasada fin de semana do 20 e 21 de outubro:


Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas

Fonte

Comentarios