Menuda fin de semana de Fútbol da Costa. Xa botamos un ollo ás completas crónicas da #CopadaCosta e sabedes que o cadro está sempre actualizado en www.copadacosta.com. Sabedes tamén que a través do Facebook “Fútbol da Costa” e do twitter @quepasanacosta damos constancia do que acontece cada día, mentres que as táboas ligueiras están sempre accesibles, co carrusel das grandes ligas en directo, en www.futboldacosta.com.
Así que hoxe domingo xa analizamos a xornada completa, e o facemos arrincando pola Preferente - Senra Sport. Deron unha de cal e unha de area os nosos. O Dumbría vencía en Sariia e queda 10º con 5 de vantaxe do XSC, que caía na casa ante un bo Arteixo.
Na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, no derbi costeiro, o Malpica puido co Sofán, meténdose os malpicáns na zona media e escapando de posibles problemas, pero impedindo que o cadro carballés siga loitando pola promoción, que se lle pon a 4 puntos. O Baio vencía ao Sigüeiro, pero o Soneira caía ante o Silleda, un choque clave para as aspiracións da Esteirana, que ve como a salvación, a pesar de seguir sumando, se segue complicado. Quedan a 3 dos postos de salvación os esteiráns, mentres o Corme segue a súa escalada e xa pode respirar tranquilo.
Paso clave do Zas na Liga da Costa
Dous choques no cumio e dúas finais na zona baixa nesta xornada vital da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o Ameixenda non podía aproveitar o descanso do Cerqueda para recurtar pois non pasaba do empate ante un necesitado Nantón pelexando pola Promoción. E tira que mirar polo retrovisor o cadro ceense pois o Coristanco, que vencía ao Laxe, colócase a 4 puntos e pelexará polo ascenso directo. O Lira e o Muxía deron bos pasos afianzando as súas prazas de Promoción e meten en líos a un Corcubión nunha moi mala racha, que pelexará con Lira e Nantón por 2 prazas.
Copa da Costa
Tendes xa listas as completas crónicas da #CopadaCosta e sabedes que o cadro está sempre actualizado en www.copadacosta.com.
Os Miúdos, á Fase Xuvenil
Impresionante o cadro muradán dos Miúdos, que vencía nas Redondas nun final de infarto e se mete na Fase de Ascenso á Liga Galega acompañando ao poderoso campión, o Dumbría. Era unha final e aos Miúdos só lle valía a vitoria. Metíase por diante pronto pero o Cabana empataba faltaban 5 minutos para o final. E cando pensaba que tiña a Fase no peto, o cadro muradán marcou dous tantos no desconto para o delirio da parroquia muradá.
Copas Cadetes e Infantís
E arrincaron a 2ª edición das Copas Cadete e Infantís. En Cadetes o Corme, despois de gañar o título de Liga, puxo os dous pés nos Cuartos, mentres FIsterra, Ponteceso e Esteirana deron un paso adiante. Nos Inf. a cousa estivo máis igualada se ben o Fisterra, o XSC e a Esteirana colleitaron bos resultados.
Nas Ligas Autonómicas, non foron moi ben as cousas. Caía o Dumbría cadete e o Infantil sumaba o seu primeiro punto da sgeunda volta, pero que de pouco vale. O Máis preocupante da xornada foi a derrota do XSC de Liga Galega Cadete, que se complica a vida trala vitoria dos seus rivais directos.
Ligas de Veteranos
Está que ferve a 1ª División dos Veteranos tras esta ponte na que se igualaron os partidos, con 5 choques que se aprazaron no eu día (aínda queda algún pendente para Semana Santa). O San Román colleitaba un empate ante o San Lorenzo e unha vitoria ante o Ponteceso, o que lle dá un puntiño de vantaxe sobre o Coristanco, que non fallaba no complicado choque co Bértoa. Ambos parecen que se xogarán o título despois da derrota do Hosgran ante o Soneira, e que o deixa a 6 do liderato. Por detrás, o Dumbría superou ao Milagrosa e lle impediu seguir a estela dos de arriba, quedando os dous equipos, e o Zas, empatados a 8 do San Román.
Na 2ª, Agualada e Erbecedo, xa igualados en partidos, seguen co ascenso moi claro para os dous, pero co título en xogo cun só punto para os primeiros.
De FS
Atentos tamén ás táboas que vimos de completar as Ligas de FS de Cee, coa Cantina e o Est. Raquel nun pano. Repasaremos a estrea do FSF Vila de Cee masculino, e a súa vitoria ante o Mera FS.
Xallas StComba | 0-2 | Arteixo |
Sarriana | 0-3 | Dumbría |
Silleda | 1-0 | Soneira |
Corme | 2-1 | Agolada |
Baio | 4-3 | Sigüeiro |
Malpica | 2-0 | Sofán |
Puebla | 1-1 | Esteirana |
Porteño | 2-2 | Seaia |
Camelle | 0-2 | Cabana |
Fisterra | 2-2 | Cee |
San Lorenzo | 2-3 | Zas |
Volantes | 4-4 | Montelouro |
Outes | 1-0 | Castriz |
Baíñas | 2-0 | Carnota |
Ponteceso | 6-0 | Camariñas |
Mazaricos | 3-1 | Buño |
Muxía | 4-1 | Corcubión |
Lira | 2-1 | Castrelo |
Nantón | 1-1 | Ameixenda |
Coristanco | 3-0 | Laxe |
Xallas StComba | 4-0 | Porteño |
Camariñas | 0-5 | Dumbría |
Cabana | 1-3 | Os Miudos |
Cee | 1-5 | Fisterra |
Ponteceso | 0-4 | Muxía |
Castriz | 1-0 | Corme |
Outes | 9-4 | Malpica |
Corcubión | 3-1 | Coristanco |
Zas | 6-1 | Baio |
Deportivo B | 3-1 | Xallas StComba |
Copa da Costa Cadete, ida dos Oitavos
Copa da Costa Infantil, ida dos Oitavos
Muxía | 5-3 | Coristanco |
Cabana | 0-2 | Corme |
Zas | 1-3 | Baio |
Cee B | 0-11 | Dumbría B |
XSC A | 0-2 | Esteirana A |
Os Miúdos A | 20/03 - 17:00 | As Baleas |
Cee A | 8-0 | Lira |
Os Miúdos B | 21/03 - 11:00 | Esteirana B |
Fisterra | 0-2 | Outes A |
Sofán | 2-2 | Dumbría |
XSC A | 1-2 | Esteirana |
Os Miúdos A | 20/03 - 16:00 | As Baleas |
Cee | 2-2 | Lira |
Fisterra | 3-2 | Outes |
Os Miúdos B | 21/03 - 12:00 | XSC B |
Sofán | 4-1 | Dumbría |
Lira | 0-16 | Dumbría |
Corcubión | 2-4 | Esteirana |
As Baleas | 0-4 | Cee |
Fisterra | 10-2 | Baio |
Outes | 8-0 | Xallas StComba |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 26
At. Milagrosa | 0-4 | Dumbría |
Soneira | 3-0 | Hosgran |
San Lorenzo | 2-2 | Cabana |
Ponteceso | 0-2 | San Román |
Xv. Bergantiños | 3-0 | Baio |
Coristanco | 1-0 | Bértoa |
Castriz | 0-2 | Zas |
Partidos aprazados
Laxe | 2-1 | Baio |
San Román | 0-0 | San Lorenzo |
Cabana | 3-2 | Bértoa |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 26
Malpica | 3-1 | Poniente |
Nantón | 0-0 | Cerqueda |
Leiloio | 3-1 | Camariñas S.D.V |
Porteño | 2-3 | Corcoesto |
Agualada | 5-1 | Dep. Carballo |
Buño | 1-2 | Erbecedo |
San Isidro-Razo | 4-2 | Vimianzo |
- Descansa Sofán.
Partidos aprazados:
Porteño | 4-1 | Erbecedo |
Malpica | 7-1 | Sofán |
Crónicas da semana
Primeiros títulos colleitados
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).