2ª Autonómica: O Outes tropeza e a pelexa por abaixo ponse máis quente



Só o Outes, dos catro de arriba, fallaba esta 27ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Zas, Castriz e San Lorenzo facían os deberes, pero os da Serra caían en Lombáns ante un serio e firme Carnota. Por detrás Mazaricos, Baíñas, Buño e Volantes, que non podía co Castriz, seguen no segundo grupo facendo un gran papel.
E tamén hai moita tensión por abaixo. O Montelouro vencía apuradamente ao Fisterra e aproveitaba a derrota do Seaia no derbi co Buño para alzanzalo na táboa. Cabana e Porteño asinaban unhas táboas sen goles que non lles vale a ningún para escapar da zona baixa, e parece que serán os 4 os que pelexen por evitar a praza segura que acompañará, case con seguridade, ao Camelle no descenso. Mentres, miran con ilusión cara a 1ª Autonómica, xa co Corme moi liberado e cunha Esteirana que leva un ritmo esperanzador, pois a súa salvación significará un posto menos de descenso.
Montelouro - Fisterra (1-0)

- MONTELOURO: Fernando, César, Pedro (Abel, min.70), Pablo, Teo, Dani Corniños , Geiko (Isma, min.85), David, Pesco, Gelo e Ancho (Benjamín, min.80).
- FISTERRA: Norberto, Dani (Julito, min.82), Manuel Cartamil, Eddy (Adrián, min.65), Robertín, Piti, Rodri, Roco, Cristian (Santi, min.80), Guardiola, Aitor e Javi.
- Gol: 1-0, min.55: David.

Partidazo en Muros (Agra da Filgueira segue a bo ritmo), que comezaba coa homenaxe do cadro loureán ao seu compañeiro Pepe, que pasará moito tempo lonxe dos terreos de xogo.
Foi un choque de toma e daca, cun Fisterra que saía máis enchufado e que puido poñer o partido de cara en varias ocasións no primeiro tempo. Pero non tivo sorte e Fernando estivo moi acertado na meta local. Na segunda, o necesitado Montelouro estirouse un pouco máis e David adiantaba aos seus. Ancho e Pesco enviaron balóns á madeira para sentenciar, pero o Fisterra, que acabou acosando aos locais, tamén puido acadar o empate en varias chegadas claras.


Buño - Seaia (3-1)
- BUÑO: Víctor, Miguel, Eloy (Casais, min.60), Rubén (Diego, min.75), Uru; Neucha, Emilio (Dani, min.65), Jorge Calvete, Jorge Pombo; Juan (Fran, min.80) e Santi.
- SEAIA: Illote, Dimaga (Damián, min.63) (Magovi, min.70), Vistas, Adrián, Miguel, Parga, Moisés, Javi Rañal, Nando, Eme e Felipe.
- Goles: 1-0, min.2: Juan; 2-0, min.14: Jorge Pombo; 3-0, min.68: Neucha; 3-1, min.75: en propia.
- Expulsión: Moisés (min.60) por protestar.
O Seaia chegaba con só 13 xogadores ao campo de Xaviña de Buño, entre sancións e lesións. E apenas tivo posibilidades de sacar nada positivo do derbi camariñán, pois en apenas 15 minutos o Buño colocaba unha vantaxe moi importante. A partir de aí intentaron administrar a renda, ante un Seaia que ademais quedaba con 10 pola expulsiómn de Moisés, na segunda cortando as súas posibilidades de meterse no partido.
Intentouno, en todo caso, o equipo visitante, protestaron un gol anulado a Felipe e precisamente noutra protesta, por un posible penalti sobre Miguel Riveiro, era expulsado Moisés. Ademais, os visitantes consideran que o terceiro foi en posible fóra de xogo.
Cabana - Porteño (0-0)
- CABANA: Añón, Pepe, Charly, Raúl, Manolo do Cruceiro (Reigía), Miky, Fernando (Manu Guillamet), Josiño, Iván Mato, Eloy Pereira (Mateo) e Berti (Grille).
- PORTEÑO: Suso, Gabi (Pejo, min.60), Manuel, Maikol, Caamaño, Roi, Iago, Cristian, Anxo (Óscar, min.46), Meu Lar e Josiño (Marcos, min.70).
Xusto empate nun choque moi tenso, entre dous equipos con moito medo e demasiado respecto. A única ocasión clara do choque a tivo Meu Lar, xa co porteiro batido, pero mandouna fóra.
Un empate que non lles vale a ningún dos dous de escapar da zona de perigo. A vindeira semana, o Porteño e o Seaia terán outra final, mentres o Cabana visita ao Camelle, noutro choque vital.
Zas - Camelle (4-1)
- ZAS: Tívoli, Isma, Pereiro (Fabián, min.68), Vecino, Josito (Martín, min.67); Canedo, Peke (Pablo, min.63), Abel, Rubio (Diego, min.75); David Blanco e Álex Flores.
- CAMELLE: Felisiano, Sikario del Amor, Lado, Valiña, Peseta, Gemelo (Iván, min.50), Dido, Tedín, Sergio, David (Felipe, min.55) e Tonsón.
- Goles: 1-0, min.29: Álex Flores a pase de Josito; 2-0, min.62: Álex Flores a pase de Peke; 3-0, min.72: Abel a pase de Rubio; 4-0, min.80: David Blanco; 4-1, min.87: Iván.

Arrincaba o choque coa homenaxe do Zas ao seu compañeiro Samu, operado recentemente e que estará unha longa temporada no dique seco.
Non puido facer nada este bravo Camelle, de novo con só 13 xogadores, ante o potente líder. E prantou cara o equipo de Varu, sempre entregado, que mantivo o tipo durante a primeira metade, sustentado polo protagonista do partido, o porteiro caemllán Felisiano, que é xogador de campo e parou moito.
Fixo resistencia o Camelle na primeira pero desinflouse na segunda. Mantiña sempre o control do balón do Zas e Camelle buscando contras, cunha que mesmo pegou no pau e saíu repelida cara dentro pero sen sorte.
O Camelle tamén se estiraba pero o seu balón preto do pau precediu ao primeiro gol local, obra de Álex Flores. Antes, un tiro de Álex que paraba Felisiano, e dun remate de Vecino alto, o propio Álex abría o marcador.E respostaba de novo o Camelle, cunha falta botada á madeira.
Seguía prantando cara o Camelle no comezo da segunda, pero o Zas facía dano. David Blanco e Ález tiñan unha doble ocasión que saca o meta camellán, que non puido solventar o segundo de Álex pouco despois.
Ao final, o Xas demostrou porque son os líderes, e o Camelle demostrou tamén por eles demostraron por que teñen unha das mellores afeccións da zona.
Cee - San Lorenzo (0-2)
- CEE: Maikel; Fiuza (Jorgito min.35), Jacobo, Aitor, Dani (Borjita min.60); Paco, Hidalgo (Carlos Leis min.65), Isma (Leo min.65), Chiru (Lamela min.75), Juan e Bruno.
- SAN LORENZO: Diego, Anxo, Rudi, Álex Figueiras, Pablo Novo, Álex Taibo, Adrián Fraga, Parafita, Fuentefría, Javi Pensado (Cachizo, min.75) e Juni (Joaquín, min.80).
- Goles: 0-1, min.10: Parafita; 0-2, min.22: Álex Taibo.
Partido dominado polo San Lorenzo, a pesar de chegar só con 14 xogadores ao San Paio de Refoxos, na primeira parte, cun Cee moi dubitativo e sen ocasións na segunda parte. O Cee metiuse moi atrás e o San Lorenzo xogou a pracer, facendo moito dano a balón parado.
Na segunda parte o Cee dou un paso adiante e con gañas e actitude conseguíu diversas ocasións. Unha falta botada Juan O Bello, un gol anulado a Bruno, e varios balóns colgados a área do San Lorenzo, foron as chegadas do Cee, pero sen sorte, ante un San Lorenzo moi ben prantado e sabendo ao que xoga desde o principio, e que tamén tivo varias contras para matar o partido na segunda metade por medio de Juni, Javi Pensado, Fuentefría e Parafita.
Castriz - Volantes (4-1)
- CASTRIZ: Nolas, Juan, David, Álex, Bruno, Cili, Martín Gemelo, Adrián Prol, Bolón, Adriám Beiroa, Luís e Chinda. Tamén xogaron: Serrucho, Diego, Félix M., Moly e Álex Redondo.
- VOLANTES: Rubén, Brea, Picho, Juan, Javi (Maikel), Jesús (Marcos), Óscar, Miguel, Suso, Brais e Piti.
- Goles: 1-0, min.5: Adrián Beiroa de tiro cruzado; 2-0, min.10: Bolón nunha boa xogada combinativa; 3-0, min.18: Chinda a pase de Martín; 3-1, min.38: Suso tras varios rexeites; 4-1, min.65: Bolón de cabeza.
Decantouse o choque nos primeiros 20 minutos con 3 goles dun Castriz que saíu tremendamente enchufado, ante un Volantes que saía máis que durmido. A partir de aí igualaránose as forzas. O cadro de Esteban Blanco baixou unha marha e contemporizou, igualándose a contenda.
Recurtaba Suso antes do descanso nun barullo dentro da área pero aos 20 da segunda sentenciaba un Castriz que mantiña o partido onde quería, deixando unha segunda metade máis igualada.
Protestou, e moito, o cadro laranxa, a actuación arbitral, pois pediron dous penaltis no segundo tempo aínda co 3-1 no marcador. Quixeron os muradáns lamentar algúns insultos e de parte dos afeccionados do cadro xalleiro aos xogadores locais.
Carnota - Outes (3-0)
- CARNOTA: Luís De la Peña, Niko, Ferreiro, Pedro Pichín, Tono da Caixa; Pumuki (Raúl), Nakata (Andrés), Cano, Manuel Luís (Pablo Beiro), Míchel (Manolo Chouza) e Robi (Bernardo).
- OUTES: Gato, Borja, Jura, Samu, Chúa, Martín, Poke (Manu), Chía (Saúl), Babu (Rafa), Yago (Santi) e Mario.
- Goles: 1-0, min.16: Ferreiro de penalti feito sobre Robi; 2-0, min.23: Robi de cabeza nun córner que non bloca o porteiro; 3-0, min.55: Manuel Luís dende fóra da área.
Empezou ben o Outes en Lombáns, sen botar de menos a Róber Amoedo, que como anunciabamos no Facebook a semana pasada, volve ao Negreira. E chegou nun par de ocasións o cadro da Serra, como un tiro de Yago ao que respondeu ben Luís. De feito, as paradas do veterano porteiro herculino e o primeiro gol, cun tan claro como tonto penalti, transformado de Ferreiro, cambiaron o partido pois fixeron moito dano ao equipo visitante.
Entráronlle as dúbidas aos visitantes, e máis dano lle faría o segundo gol, deixando practicamente sentenciado o partido pois o Outes non volveu entrar a competir. Na segunda, co Outes sen fe, Pumuky tivo varios centros pero o Carnota prefería contemporizar o resultado.
Camariñas - Baíñas (1-1)
- CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Pereira, Darío, Martin, Moriño, David, Piti (Javi, min.46), Ismael (Saviola, min.60), Sule e Yuyo.
- BAÍÑAS: Sergio, Rodri, Samuel (Marcos, min.75), Mario, Héctor, Eloy Cabeza (Esteban, min.70), Eloy Vilas, Tasky (Cristian, min.75), Jaime (Llanero, min.60); Javi Suárez e Pablo Muíño.
- Goles: 1-0, min.8: Javi Suárez nun córner; 1-1, min.30: Yuyo a centro de Sule.
100 espectadores no Hermanas Patiño para ver este fermoso choque entre dous equipos moi en forma. Foi un partido igualado e xogado de poder a poder no que o Camariñas comezaba facendo dano polas bvandas. E protestaron os locais a actuación arbitral, e iso que Yuyo fallaba un penalti (parábao Sergio) aos 20 minutos, pero os camariñáns, despois do gol inicial do pichichi Javi Suárez e do empate do propio Yuyo, protestaron un fóra de xogo ao mesmo dianteiro local, e unhas posibles mans na área vimiancesas mentres sinalaba mans de Sule en ataque.
O Baíñas intentaba saír co balón xogado, pero o Camariñas roubaba en tres cuartos e saía con contras rápidas facendo dano ante a fraxilidade defensiva vimiancesa. Defensas débiles e ataques pouco efectivos dos dous equipos.
Na segunda dominouo balón o cadro visitante, pero sen demasiadas ocasións, se ben Pablo salvou varios tiros de Javi, Tasky e Pablo Muíño.
Puido gañar calquera no choque, pois tanto uns coma outros tiveron boas ocasións durante o segundo tempo como para levar o partido.
Mazaricos - Ponteceso (2-1)

- MAZARICOS: Pejo, Miguel (Casais, min.90), Tuco, Ramón, Chico (Coxo, min.46), Ricardo, Ferreiro (Cabrexo, min.65), Pereiro (Matías, min.46), David, Estéfano e Chenel.

- PONTECESO: Brais, Dani Valle (Ismail, min.82), Diego Collazo, Javi Peón, Kevin (Moscoso, min.57), Dani Cotelo, Alberto Recarey, Dieguito, Martín Puente, Youssef (Eloy, min.65) e Brais.
- Goles: 0-1, min.60: Dieguito tras un mal despexe do Pejo nunha saída fóra da área; 1-1, min.75: David de penalti sobre Chenel; 2-1, min.80: entre Chenel e un defensa tras un centro de Tuco.


Partido tremendamente igualado na Pedra do Ouro, no que na primeira metade o cadro visitante tivo varias ocasións de gol ante unha insegura defensa amarela. Saíu moi forte o Ponteceso e fixo un partidazo sen deixar chegar os locales a porteria. A primeira parte foi de asedio total con tiros rexeitados polo porteiro do Mazaricos Pejo. Tivo o Ponteceso un balón ao pau tras nun remate nunha falta botada por Alberto Recarey a mellor ocasión do primeiro tempo.
Na segunda parte fixo Néstor varios cambios e o equipo local mellorou defensivamente, o que permitiu que en ataque tamén puidesen estirarse e ter algunha ocasión. Así e todo se adiantarían os de Barca ao cuarto de hora, pero a partir de aí protestarían as decisións arbitrais, como no gol do empate, que chegaría aínda con 15 para o final tras un penalti forzado por Chenel, protestado polos visitantes. E apenas 5 minutos despois, Tuco sacaba unha falta, inexistente para os pontecesáns, á que acode Chenel e o defensa Diego Collazo dentro da área pequena e o balón acaba no fondo das mallas viistantes.
Seguramente, un empate tería sido máis xusto, pero os amarelos seguen demostrando a súa firmeza e regularidade, mentres o Ponteceso continúa facendo unha moi boa segunda volta.
Aí queda o penalti transformado por David:
Crónicas da Liga da Costa
- X.26: Os 4 de arriba non fallan nunha xornada cunha fermosa homenaxe.
- X.25: O Zas asalta o liderato trala vitoria do Castriz ao San Lorenzo.
- X.24: Aprétase o alto da táboa con 4 equipos en 2 puntos.
- X.23: O Montelouro aínda está vivo e o Camariñas vai a por todas.
- X.22: Os 4 de arriba non fallan mentres o Cabana salva unha final ante o Montelouro.
- X.21: Aprétase a zona alta da Liga da Costa.
- X.20: O Zas apreta a táboa mentres Camariñas e Ponteceso respiran.
- X.19: O Outes pode co líder.
- X.18: O Outes apreta e o Montelouro respira.
- X.17: A 2ª Autonomica entra no Novo Ano con Tristeza.
- X.16: Peche de ano apretado.
- X.15: Un grupo de 7 equipos persegue ao implacable San Lorenzo.
- X.14: O San Lorenzo amosa o seu poderío e o Ponteceso saca a cabeza a costa do Montelouro.
- X.13: Unha xogada de Fair play para o recordo.
- X.12: O San Lorenzo non frea.
- X.11: O San Lorenzo marca o ritmo.
- x.10: O Castriz non pode co ritmo de San Lorenzo e Zas.
- X.9 :O trío de arriba non perdoa.
- X.8: O San Lorenzo asalto o liderato.
- X.7: O Castriz aproveita os líos dos rivais.
- X.6: Ratificando o bo comezo de Liga.
- X.5: Só Castriz e Zas dan un paso.
- X.4: 7 en cabeza.
- X.3: Cee e Volantes quedan sós.
- X.2: Xornada de estreas.
- X.1: Roda o Balón na 2ª Autonómica da Costa.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: A Esteirana albisca o final do túnel e o Corme confirma o seu salto.
- Preferente: Haberá que ollar o retrovisor?.
- Resultados e análise dunha xornada de Fútbol costeiro con título incluído.
Novas relacionadas
- Xa temos os cadros da II edición das Copas da Costa Cadete e Infantil.
- A Cantina alonxa ao Estética Raquel do título da Liga de FS de Cee.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Reunión para perfilar as Copas Cadete e Infantil.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).