Completa xornada de Fútbol costeiro, con moitas cousas en xogo. Como as importantes xornadas na 4 ligas dos grandes, ou o remate das Ligas Cadete e Infantís, que depararon o título do XSC infantil.
As 4 grandes Ligas
Comezamos o repaso, polas 4 grandes Ligas, as do Carrusel tecnolóxico costeiro, pois sabedes que cada domingo colgamos os goles en tempo real na nosa plataforma www.futboldacosta.com.
E arrincamos a análise da xornada pola Preferente - Senra Sport, onde aos nosos se lles fixo moi pequena a portería. Así lles pasou ao XSC en Sada, que puido sumar pero volveu de baleiro por falta de puntería. E un puntiño, pero sen goles, sumou o Dumbría no Conco ante o Estudiantil, quedando os dous en zona media, aínda sen ter que mirar o retrovisor.
Non foi mala a xornada para os equipos costeiros da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, sobre todo por abaixo. O Corme vencía en Malpica no derbi bergantiñán, e alcanza aos de David Baña con 34 puntos, xa con 6 ou 7 (dependo dun posible arrastre dende a Pref.) sobre o descenso. Ademais, a Esteirana queda a 4 da teórica salvación sendo, a día de hoxe, o mellor equipo do último mes con 4 vitorias nos últimos 5 partidos.
Polo demais, empates do Soneira, ante o líder Villestro, e Baio, en Agolada; e boa vitoria do Sofán, que quere volver a engancharse á pelexa pola Promoción, da que está a só a 3 puntos, e ollo, a só 6 do liderato.
Fallou o Outes, dos 4 de arriba na 2ª Autonómica - ES Bazarra. Zas, Castriz e San Lorenzo superaban con solvencia a Camelle, Cee e Volantes, pero os da Serra caían en Carnota por goleada, quedando agora a 4 do liderato, cos 3 de arriba en só 2 puntos.
Por abaixo, ademais cas boas novas para intentar evitar arrastres da escapada do Corme dos postos de descenso, e da boa xeira dunha Esteirana que aínda ten moitas opcións de salvarse, o Montelouro gañaba ao Fisterra e segue pelexando, cazando xa ao Seaia, que non podía no derbi co Buño. Ademais, no choque directo, Cabana e Porteño asinaban unhas táboas sen goles que non lles serven para escapar, e quedan a 2 e 4 puntos do descenso respectivamente.
Un vuelco nos Xuvenís
Pegaba unha volta completa a Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil co parte de sancións, pois a Federación outorgaba os 3 puntos ao Cabana do partido do Camariñas por suposta aliñación indebida dun rapaz. Unha sación que vai recorrer o cadro cabanés, pero polo de pronto, o equipo de Óscar Lema, que tiña a cousa moi complicada, colócase agora como máximo favorito a acompañar ao Dumbría na Fase de Ascenso.
Os resultados desta xornada deixan ao XSC, que caía co Dumbría, e o Camariñas, que caía cos Miúdos, sen posibilidades. Polo que todo se decidirá este sábado nas Redondas na última xornada, nun choque a cara ou cruz entre Cabana, que non fallaba ante o Porteño, e Os Miúdos. O que gañe será 2º, se ben o empate lle vale aos cabaneses.
Aínda quedan 3 xornadas da Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, e se o Fisterra endosaba a primeira derrota á Esteirana, o interese está na zona baixa, para ver quen esquiva as 3 prazas que deixan fóra dos Oitavos da Copa. O Baio, sempre con problemas de efectivos, parece sentenciado cun só punto, a pesar da súa gran loita cada partido, como este ante o Ponteceso, que sumaba 3 puntos que o alonxan da zona baixa. O Cee non puido sumar co Coristanco e ten 6 e un partido máis que o resto, polos 7 dun Zas ao que lle tocaba descansar. A escalada pegouna esta semana o Castriz coa súa vitoria en Arliña que o sitúa con 9 puntos, polos 8 dun Malpica que non puido co Corcubión. Xalleiros e malpicáns pelexarán con zaenses e ceenses por evitar 2 prazas.
E o Cerqueda recibía a primeira derrota dos últimos 13 partidos da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, e foi o Nantón o culpable. Aínda así, seguen os de Emilio Uzán con 5 de vantaxe sobre o Ameixenda, que vencía ao Lira e afianza a 2ª praza de ascenso directo.
A pelexa é polas prazas de Promoción. Co Coristanco algo destacado tras vencer ao Castrelo e mesmo con opcións de pelexarlle o ascenso directo ao Ameixenda, por detras, Muxía, tras vencer ao Laxe, e o Corcubión están con moitas opcións. A loita maior están entre Nantón e Lira, que cada semana alternan posicións, quedando agora igualados.. Os lirachos, que se reforzaban esta semana coa volta Fran Perico, non podían co Ameixenda, mentres os cabaneses vencían ao líder.
Mala xornada nas Ligas Autonómicas
Non puido ser peor a xornada nas Ligas Autonómicas. 3 derrotas que case que despiden da categoría ao Dumbría Infantil, e que meten nun apuro ao XSC na Liga Galega Cadete.
O XSC, campión Infantil
Xa o anunciabamos onte polas redes sociais (sabedes que a través do twitter @quepasanacosta e do Facebook do “Fútbol da Costa” achegamos a información ao instante). O XSC proclamábase na tarde do sábado campión da Liga Infantil, tras golear ao Vimianzo. O cadro de Rupper será a nosa baza na Fase de Ascenso á Liga Galega.
Esta semana, coñecerémolos mellor e contaremos como foi esa celebración, cando xa finalizaron as Ligas Cadete e Infantís, que xa están pendentes da II Copa da Costa.
Pendentes dos Veteranos
O choque da xornada entre San Román e San Lorenzo era aprazado para a Semana Santa. Aproveitou o Coristanco para cazar no máis alto ao San Román, sumando tamén 46 puntos tras vencer ao Castriz, pero cun partido máis. O Hosgran vencía ao Milagrosa noutro dos partidazos da xornada e queda a 2 dos líderes, deixando ao Milagrosa 2 abaixo, e con un partido máis.
Tamén había duelo no cumio na 2ª División, e o Erbecedo conseguía vencer, pola mínima, ao Agualada, que leva no liderato na xornada 8, e queda a 1 punto pero cun partido menos, polo que podería meterse por diante. Un resultado que deixa ao Corcoesto máis complicada a súa aspiración a roubar un deses dous postos de ascenso, quedando agora a 8 e 7 puntos.
Sp. Sada | | 3-2 | | Xallas StComba |
Dumbría | | 0-0 | | Estudiantil |
Sofán | | 4-0 | | Piloño |
Soneira | | 0-0 | | Villestro |
Esteirana | | 1-0 | | Bertamiráns B |
Agolada | | 1-1 | | Baio |
Malpica | | 2-3 | | Corme |
Montelouro | | 1-0 | | Fisterra |
Buño | | 3-1 | | Seaia |
Cabana | | 0-0 | | Porteño |
Zas | | 4-1 | | Camelle |
Cee | | 0-2 | | San Lorenzo |
Castriz | | 4-1 | | Volantes |
Carnota | | 3-0 | | Outes |
Camariñas | | 1-1 | | Baíñas |
Mazaricos | | 2-1 | | Ponteceso |
Lira | | 1-2 | | Ameixenda |
Muxía | | 3-1 | | Laxe |
Nantón | | 12-1 | | Cerqueda |
Coristanco | | 2-0 | | Castrelo |
Os Miudos | | 7-2 | | Camariñas |
Dumbría | | 7-2 | | Xallas StComba |
Porteño | | 0-2 | | Cabana |
Baio | | 1-2 | | Ponteceso |
Muxía | | 0-2 | | Castriz |
Corme | | 0-2 | | Outes |
Malpica | | 1-2 | | Corcubión |
Fisterra | | 3-2 | | Esteirana |
Coristanco | | 2-0 | | Cee |
Xallas StComba | | 0-2 | | Imperator |
Fisterra | | 2-4 | | Corme |
Outes | | 2-1 | | Coristanco |
Ponteceso | | 6-4 | | Sofán |
Cee | | 3-1 | | Muxía |
Baio | | 2-1 | | Os Miudos |
Esteirana | | 1-0 | | Cabana |
Vimianzo | | 1-11 | | Xallas StComba |
Esteirana | | 1-2 | | Fisterra |
Sofán | | 0-8 | | Os Miudos |
Cee | | 1-0 | | Zas |
Cabana | | 1-1 | | Coristanco |
Outes | | 2-1 | | Ponteceso |
Baio | | 0-5 | | Cabana |
Coristanco | | 3-2 | | Zas |
Vimianzo | | 2-6 | | Muxía |
Esteirana B | | 6-5 | | Os Miúdos A |
Esteirana A | | 11-0 | | Os Miúdos B |
Dumbría | | 2-1 | | Fisterra |
Dumbría B | | 1-5 | | Cee A |
As Baleas | | 2-1 | | Sofán |
Lira | | 3-3 | | XSC A |
Outes A | | 10-2 | | Cee B |
Esteirana | | 7-1 | | Os Miúdos B |
Dumbría | | 2-8 | | Fisterra |
XSC B | | 1-1 | | Os Miúdos A |
As Baleas | | 5-5 | | Sofán |
Lira | | 1-11 | | XSC A |
Outes | | 1-1 | | Cee B |
San Román | | Apraz. | | San Lorenzo |
Bértoa | | 0-2 | | Xv. Bergantiños |
Zas | | 2-2 | | Laxe |
Hosgran | | 3-1 | | At. Milagrosa |
Cabana | | 1-1 | | Soneira |
Castriz | | 1-3 | | Coristanco |
Baio | | 0-2 | | Ponteceso |
- Descansa Dumbría.
- O San Román-San Lorenzo aprazouse ata Semana Santa, cando non hai Liga, pero si se xogarán varios partidos aprazados nestas últimas xornadas.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 25
Dep. Carballo | | 0-3 | | Porteño |
Sofán | | 0-2 | | Nantón |
Vimianzo | | 1-1 | | Poniente |
Cerqueda | | 2-0 | | Malpica |
Corcoesto | | 2-0 | | Leiloio |
Erbecedo | | 1-0 | | Agualada |
San Isidro-Razo | | 3-2 | | Buño |
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).