Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Cerqueda cae tras 14 partidos e o Ameixenda recupera espazo

3ª Autonómica: O Cerqueda cae tras 14 partidos e o Ameixenda recupera espazo
Imaxe do Lira-Ameixenda-Foto-Manu A Clínica Fisioterapia Xunqueira de Cee patrocina a 3ª. Coñécenos en Facebook

Dicíamos a semana pasada que o Coristanco abría a pelexa polo ascenso directo. Pero nesta 27ª xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o Ameixenda quixo dar un golpe na mesa e solventaba un dos campos complicados, o de Lombáns, ante un gran Lira que non puido sacar nada positivo da visita do cadro ceense.

Lira - Ameixenda (1-2)

  • LIRA: Peipo, Santi, Josiño, Pelos, Pardelo, Pata, Deme, germán, Manu, Cibrán e Oli. Tamén: Fran Perico, Adrián Porto e Miky.
  • AMEIXENDA: David, Purty, Samuel, Bichiño, Momaño, Javichu, Borja (Jorge, min.7), Jesús, Mario (Demetrio, min.70), Cristian e Andrés.
  • Goles, 0-1, min.13: Momaño, desde fóra da área pola escuadra; 0-2, min.35: Mario de penalti; 1-2, min.70: Fran Perico.
Fran Perico volveu con gol ao Lira

Recuprou a senda da vitoria o Ameixenda de Pato, e o fixo no sempre complicado campo de Lombáns. O Lira, con Fran Perico de novo sobre o céspede, xogou moi mal a primeira hora de xogo, na que o cadro ceense se metía por diante co golazo de Momaño e de Mario dende os 11 metros.

Pero na segunda, o penalti que marraba Mario (parada de Peipo) de novo aos 15 minutos, espabilaba aos lirachos, que se voclaron sobre a meta de David. Era o propio Fran Perico o que na seguinte xogada recurtaba e o Lira tivo ocasións para conseguir unha igualada que nunca chegaría, a pesar das protestas dos locais.


Muxía - Laxe (3-1)

  • MUXÍA: Papi, Juan Antonio, Peski, Martín, Alberto (Julián, min.60), Conguito, Javi, Gerardo (Man, min.80), Jonathan (Tomás, min.70) e Arxires (Castreje, min.80).
  • LAXE: Jacobo, Bras, Lema, Jose, Borja, Jacinto, Adri Lema, Gora, Chamy, Djamel e Aarón. Tamén: Santi e Rubén.
  • Goles: 0-1, min.30: Gora; 1-1, min.55: Conguito; 2-1, min.80: Conguito; 3-1, min.90: Tomás.
  • Expulsión: o laxense Bras no min.57 e o muxián Juan no min.75.
  • Lesión: o laxense Chamy.
Eva lema fixo o saque de honra en Arlina

Fermoso o comezo do partido en Arliña, cun pasilo ao equipo Alevín, que viña de proclamarse campión das Ligas de LCFS< en categoría Alevín. Ademais, o Muxía tamén tivo o detalle de homenaxear a Eva Lema, recentemete campiona de España ca Selección galega de Fútbol Sala.

Empezaba o partido moi igualado, co Laxe de Rochi moi enriba e facendo dano aos muxiáns. Marcaba Gora á media hora e o Laxe marchaba aos vestiarios con bo sabor de boca.

Pero cambiaron as tornas na segunda, O Muxía pedía penalti e de seguido Conguito conseguía a igualada. Ese gol e a expulsión de Bras fixo demasiado dano aos visitantes, que se viñeron abaixo mentres o Muxía ía estirando filas ata que a 10 do final, o propio Conguito facía o segundo, o meta Jacobo paraba un penalti, pero non podía co gol do xuvenil Tomás xa no desconto.


Nantón - Cerqueda (2-1)

  • NANTÓN: Erni, Carlos (Dani Costa, min.63), Lareu, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio (Albertiño, min.62), Amado, Luís, Martín e Iván, (David, min.86).
  • CERQUEDA: Rubén, Pailos (Uru, min.68), Dani, Javi Pazos, Sergio (Pedro, min.78), Alberto Verdes, Lorenzo, Darío, Juanjo (Xabi, min.54), Luchi e Jacobo.
  • Goles: 1-0, min.68: Alberto Costa tras unha xogada entre Iván, Carlos Vidal e Luís; 1-1, min.78: en propia porta; 2-1, min.93: Alberto Costa.
Cerqueda e Nanton nas Fontinas-Foto-UD

Por fin cortaba o Nantón a xeira de malos resultados, e o facía conseguindo a vitoria ante o líder, nun partido moi igualado onde Alberto Costa, nova fichaxe do Nantón, procedente do Baio, debutaba na sua volta a casa da mellor maneira posible, facendo os dous goles do Nantón, o segundo no desconto, que supuña a primeira derrota dos de Emilio Uzán nos últimos 14 partidos.

Primeira metade moi igualada, onde cada equipo levou o peso do xogo por tramos do encontro, aínda que sen moitas ocasións, e cos dous equipos ben prantados e moi serios en defensa. O Cerqueda saíu lento e chegando tarde aos balóns divididos, pero controlando ben en defensa. A primeira clara para Darío que o porteiro Erni fixo unha gran parada. igual que a unha falta de Alberto Verdes. Por parte do Nantón, unha boa chegada de Fabio por banda, e Iván ata en dúas ocasións puxeron en apuros á zaga do Cerqueda.

Na segunda metade chegarian os goles. Primeiro, o árbitro anulou un gol o Cerqueda no 60 por fóra de xogo protestado polos cerquedáns. Pronto marcaría o Nantón en boa xogada combinativa, pero de seguido empataría o Cerqueda en propia porta tras un centro de Alberto Verdes. E cando parecía que o partido morrería así, xa no desconto, unha indecisión de Rubén na saída, tras un cambio de xogo de Luís a Alberto deixaba o balón para o xogador local marcase de tiro cruzado, facendo o segundo da tarde e o definitivo 1-1 no marcador.


Coristanco - Castrelo (2-0)

  • CORISTANCO: Nacho, Jose, Sergio, Mato, Marcos (Xabier, min.55), Joni, Pazos, Iván (Rubén, min.65), Ivi, Juan e Gonzalo (Bértoa).
  • CASTRELO: David Buxantes, Raúl (Berdoias), Pichón, Quintáns, Marcos, Luís (Suso), Roi (Javier), Félix, Diego, Capote e Lucho (Elvis).
  • Goles: 1-0, min.11: Gonzalo a pase de Ivi; 2-0, min.65: Gonzalo remata un pase de gol de Juan.

Partido moi igualado no que o cadro verde estivo máis acertado cara gole, e se aproveitou dos erros da defensa vimiancesa. Arrincaba o choque e o Castrelo poido adiantarse no marcador, pero era Gonzalo o que abría o marcador moi pronto. Respondía o Castrelo cun balón ao longueiro de Roi, e aguantaba moi ben facendo dano por medio de Lucho á defensa dun Coristanco que tamén tiña ocasións para ampliar o marcador.

Despois do descanso o partido seguía moi igualado pero parecía que o Castrelo estaba mellor e disfrutaba dos mellores minutos do partido combinando fácil e rápido e chegando á portería, mesmo con outro balón á madeira. Pero ese pau esperatab aos locais, que nunha contra marcarían o 2-0. O Castrelo seguiría intentándooo e Capote e Félix estrelaria un balon cada un no longueiro, mentres Ivi tamén tivo un man a man e Juan outro pau para o Coristanco. E así chegaria o final un Castrelo que vatia unha e outra vez no longueiro da porteria defendida por Nacho.


Crónicas da 3ª Autonómica

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios