Sábado. 18.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: A Esteirana albisca o final do túnel e o Corme confirma o seu salto

1ª Autonómica: A Esteirana albisca o final do túnel e o Corme confirma o seu salto
Alejo celebrando un gol no Malpica-Corme-Foto-Diego Lema

Ollando a táboa de tendencias da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, vemos que tras esta xornada 27 os 3 mellores equipos da categoría no último mes son costeiros. A Esteirana sumou, coa vitoria de onte ate o Bertamiráns B, 12 dos últimos 15 puntos en xogo, e xa ten a salvación a 4 puntos, sen contar, aínda, os pouco posibles arrastres da Preferente.

Ademais, Baio empataba en Agolada e leva 5 xornadas sen perder, polas 7 dun Corme que segue sumando e alonxando as prazas de descenso. Vencía, con triplete de Alejo, en Pedra Queimada ao Malpica, ao que caza na táboa con 34 puntos, xa con 6 puntos de marxe sobre o Amio, que marca a salvación.

Sumou un empate o Soneira ante o líder, neses partidos dos que lles gustan aos vimianceses, no que mesmo puido sumar os 3 e facer aínda máis favor a unha SD Sofán que se volve meter na loita por todo, tras volver gañar no Carral con comodidade.

A Clínica Vértebra, coa fisioterapeuta Berta Reimúndez e a podóloga Alicia Novás, patrocina a 1ª Autonómica e espérate en Baio. Coñéceas en Facebook

Sofán - Piloño (4-0)

  • SOFÁN: Bugy, Javi Souto, Óliver (Boedo, min.73), Félix Garrote, Sito, Rubén, Pablo Martínez (Seo, min.82), Iván Rojo (Ceide, min.77), Bertín, Raúl e Luís (Méndez, min.64).
  • Goles: 1-0, min.52: Félix aproveita un erro da defensa; 2-0, min.66: Félix no segundo pau; 3-0, min.80: Ceide de vaselina tras unha peiteada de Raúl; 4-0, min.85: Méndez tamén tras un balón que prolonga Raúl.
Vitoria da SD Sofan ante o Pilono-Foto-SD

Volveu ser un fortín o Carral, pero lle custou ao equipo de Josito sentenciar o choque ante un traballador Piloño. A primeira metade foi complicada, ante un rocoso cadro visitante apenas Raúl tivo un par de remates de cabeza para adiantar aos seus.

Perou soubo esperar o seu momento a SD, e aproveitar a insospetada presencia goleadora do central Félix, que anotou os dous primeiros goles, así como o do debutante Ceide e Méndez, que marcaba tamén o seu primeiro gol coa camiseta vermella.

Volve o cadro sofanista ofrecer a súa candidatura a todo na tempada, pois está a 6 do liderato e a 3 da Promoción.


Soneira - Villestro (0-0)

Soneira-Villestro-Foto-Oscar
  • SONEIRA: Anxo, Figueroa, Fran Urroa, Brais Mouzo, Michael, Nazo, De la Sierra, Richi, Basti, Javi e Brais Triñanes. Tamén: Alberto, Josiño, Quilmes, Rodri e Efe.

Cando chegan os de arriba o Soneira sempre amosa a súa mellor cara. Os de Manolito non fallaron ante a visita do líder, un Villestro que se marcha máis que contento cun puntiño do Municipal, tras un partido no que o Soneira pedía ata 3 penaltis claros.

O choque comezaba cun líder amosando a súa fortaleza e verticalidade. Pero aguantou o cadro local a embestida inicial e pouco a pouco foi chegando á área rival. Aos 15 minutos un tiro ás rentes do pau de Anxo facía espertar aos de manolito. Nazo proba dende dende fóra e nun rexeite. Javi chutaba e o rexeite do porteiro o caza Cristian Figueroa pero o seu remate forzado marchaba alto..

Na segunda o Soneira foi o que máis dispuxo sobre o campo, e tivo as ocasións máis claras sen ter Anxo case que aparecer, agás para salvar un man a man nada máis sacar de centro tras unha perda de balón. Chegaba a que puido ser a mellor ocasión a 10 minutos da segunda, cun turo colocado de Javi, o porteiro para e Richi, con todo a favor, manda fóra.

Quedaba media hora cando o Soneira pedía o primeiro penalti por mans, ao tempo que Richi e Nazo seguían creando perigo. Outras mans dentro da área protestaba a 15 para o final, un Soneira que seguía intentando pero que vía como o colexiado non vía, tampouco outras posibles mans dun defensa tras un sombreiro de Javi.

Soneira ante o VIllestro-Foto-Oscar

Esteirana - Bertamiráns B (1-0)

  • ESTEIRANA: Beni, Code, Simón, Dani Rama, Rafa, Pablo, Martín, Adrián (Andel, min.85), Álex, Kike (Uru, min.75) e Róber Pladur.
  • Gol: 1-0, min.65: Kike.

Impresionante esta Esteirana, que leva unha xeira impresionante de resultados, demostrando que non son inferiores a ningún equipo e que hai moitas posibilidades de manterse. Onte, na Salina, Beni non tivo que facer unha soa parada ante o completo dominio blaugrana, que puido ter aberto o marcador moito antes, e que tamén puido ter sentenciado.

Dominaba o cadro de Pedrosa, moi ordenado, e facendo dano co tridente Kike, Róber e Álex, que se prantaron diante do meta visitante pero este estivo máis fino. Tivo tamén Martín dous bos tiros dende o borde da área que se marcharon preto da escuadra.

Pero o marcador non se movería ata que aparecía Kike Paluca, que aos 20 minutos facía xustiza. Uru puido sentenciar pero fallou a porta baleira, e a incertidume estivo presente ata o final, se ben os visitantes non tiveron tampouco posibilidades de empatar.


Agolada - Baio (1-1)

  • BAIO: Manuel, Fachal, Porto, Mario, Yago, Norberto, Rubio (Eloy, min.75), Bieito, Saleta, Cristian e MC.
  • Gol: 0-1, min.10: MC aproveita un rexeite dun tiro de Rubio; 1-1, min.60.

Choque igualado en Agolada, pero que se lle puña de cara, gracias á picardía de MC, moi pronto. E parecía que tiña o partido controlado o cadro de Félix, con 50 minutos de control do xogo, sen sufrir atrás e mesmo chegando como nun tiro de Saleta, un centro de MC que se pasea pola área ou un tiro de Norber.

Pero un pequeno erro atrás ao cuarto de hora da segunda custaba demasiado dano aos baieses. Aínda tivo o cadro baiés a vitoria ao alcance, e preto do final Eloy tivo un remate de cabeza que non entrou de milagre.

Aquí, os goles da man de Santi Soneira:


Malpica - Corme (2-3)

11 do Malpica ante o Corme-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, Pablo Díaz, Alemán, Rancaño, Baba, Pilo (Petís, nin.54), Fernando Varela, Joel Pereiro (Rodrigo, min.78) e Martín Mara.
11 do Corme na Pedra Queimaxa-Foto-Luis Porto
  • CORME: Suso, Dani, Alejandro, Pandi, Adolfo; Lucas, Brais (Brais, min.90), Sergio, Diego (Jose, min.70); Juan Chans (Joshua, min.82) e Alejo.
  • Goles: 1-0, min.10: Baba aproveita un erro de Suso na blocaxe; 1-1, min.15: Alejo tras un pase de Lucas en profundidade ás costas da defensa; 1-2, min.23: Alejo nunha xogada moi semellante a anterior; 2-2, min.66: Martín Mara tras un centro de Diego que toca Petís; 2-3, min.75: Alejo de penalti.
  • Expulsión: o local Adrián (min.78).
Lucas e Fernando Varela cos colexiados no Malpica-Corme-Foto-Luis POrto Malpica-Corme-Foto-Diego Lema

Ambientazo en Pedra Queimada coa marea azulona apoiando aos seus no derbi bergantiñán. E foi un partidazo fantástico, cun tiiplete de Alejo que permite ao Corme cazar ao un Malpica que botou de menos a Cheo, un dos xogadores que máis profundidade xenera no equipo de Baña. A primeira metade foi preciosa, con bo fútbol polos dous bandos, cun cadro cormelán algo máis incisivo, que gracias á calidade de Lucas no pase e da velocidade dun Alejo en forma, remontaba o gol inicial de Baba. Juan Chans tamén facía dano pola banda esquerda e no comezo da segunda marraba un man a man ante Pombo, pouco despois de que Diego enviase unha fermosa vaselina á cruceta.

Malpica-Corme-Foto-Diego Lema

Empataba aí o Malpica, nunha das súas poucas chegadas, pero a 15 para o final, un penalti dubidoso sinalado polo árbitro asistente, era aproveitado por Alejo para facer o terceiro.

De aí ao final o Malpica buscou o empate volcándose sobre a área de Suso, pero con máis corazón de cabeza e os balóns colgados non tiveron perigo.

Alejo-marca-de-penalti-no-Malpica-Corme-Foto-Wash-Calvo Alejo marca o terceiro tanto no Malpica-Corme-Foto-Diego Lema

Crónicas da 1ª

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios