Preferente: Haberá que ollar o retrovisor?


Non foi, de novo, moi positiva a xornada 28 para o nosos Preferente - Senra Sport. Un empate e unha derrota que deixan aos nosos en posición regular, pero aínda sen necesidade de mirar cara atrás pois Dumbría e XSC aínda teñen 10 e 8 puntos, respectivamente, sobre os postos de descenso.
Un puntiño sumou o Dumbría na visita dun mellor do esperado Estudiantil, que puido sacar algo máis do Conco.
Por Sada, fíxoselle demasiado pequena a portería aos Doro, Vía Rápida e Choco, o que unido ao bo papel do meta local e aos despistes atrás, propiciou unha nova derrota do XSC.
Sp. Sada - Xallas StComba (3-2)
- XSC: Vicente, Alberto (Cristian, min.85), Oscarín, Rubio, Aarón, Jota, Rubén Forján (Marcos, min.60), Jesús, Vía Rápida, Choco (Kevin, min.82) e Doro.
- Goles: 0-1, min.25: Doro; 1-1, min.44; 1-2, min.53: Jesús de penalti; 2-2, min.83; 2-3, min.93.
Tivo os puntos na man do equipo xalleiro pero volta de Sada de baldeiro. O equipo de Coméndez pagou a falta de acerto para matar o choque, e os seus propios erros atrás, e permitiu que o cadro local lle dese a volta ao marcador nos últimos minutos.
As mellores ocasións xalleiros, despois da boa primeira metade dos verde-laranxas, só empañada polo gol do empate que chegaba ao fío do descanso, chegaron co 1-2. Despois de que Jesús metese por segunda vez por diante aos xalleiros ao comezo da segunda, tivo Doro un man a man que tirou contra o porteiro; tivo tamén Choco un remate dentro da área pequena no segundo pau pero o seu remate se marchaba alto; tamén houbo unha xogada pola liña de fondo de Choco que saca o centro atrás pero Vía, con todo a favor manda fóra. Un Vía que tamén tivo outra na que probaba ao porteiro, que albiscaba adiantado, desde uns 25 metros e o balón saía rozando o longueiro. Por se son poucas, tamén Doro puido ampliar a renda nun remate de cabeza no segundo pau que ía ás mans do porteiro.
Así, perdoou o cadro xalleiro arriba, e regalou atrás, e nunha indecisión permitiu que o cadro sadense dera a volta ao marcador nos últimos minutos, chegando o gol da vitoria local, xa no desconto.
Dumbría - Estudiantil (0-0)
- DUMBRÍA: Iván, David (Jose, min.73), Brian, Iago, Pablo, Aarón, Diego Cespón (Jesús, min.50), Rivi, Darío (Javi, min.64), Adrián Makaay (Adrián Alcaina, min.83) e Adrián Nieto.

Empate soso no Conco, que sabe regular nas filas dumbriesas. I é que o cadro local sufríu a superioridade total do Estudiantil na primeira parte. Pero conseguía aguantar ben o empuxe ata o descanso.
Cambiaron as tornas na segunda metade. Mellorou o equipo de Canosa, e mesmo tiveron a posesión do balón e algunha ocasión para poñerse por diante, sobre todo por medio de Javi e Makaay. Tamén tiña o Estudiantil a algunha contra que creou perigo pero o marcador non se movería.
Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.27: Preferente: A irregularidade pasa factura.
- X.26: Por fin unha doble alegría.
- X.25: Novo cambio de papeis.
- X.24: Xornada de malas saídas.
- X.23: Doble inxusta derrota pola mínima.
- X.22: Novo intercambio de posicións.
- X.21: Da man vendo como escapa a zona alta.
- X.20: Metidos nun pano.
- X.19: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría.
- X.18: O 2015 comeza na Preferente.
- X.17: A mocidade toma o relevo de cara a 2015.
- X.16: Cambio de marcha.
- X.15: O XSC caza ao Dumbría.
- X.14: O XSC saca petróleo do Conco.
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Xa temos os cadros da II edición das Copas da Costa Cadete e Infantil.
- A Cantina alonxa ao Estética Raquel do título da Liga de FS de Cee.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Reunión para perfilar as Copas Cadete e Infantil.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).