Nova completa xornada de Fútbol da Costa, esta xa con tintes invernais, i é que o tempo, se ben deu algunha que outra tregua, foi protagonista en toda a volta.
Comezamos esta análise pola Preferente - Senra Sport, onde os nosos sumaron sendos empates que os manteñen na zona morna, ambos empatados a 9 puntos, xa a 7 do liderato, e con 3 de vantaxe sobre a zona de descenso.
Máis intensa foi a xornada na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, que incluía un fantástico derbi no Municipal de Vimianzo. O Sofán chegaba líder, empatado co Corme e Baio, e só os baieses maneteñen o ritmo e collen unha tremenda vantaxe no máis alto da táboa. Os carballeses caeron ante un Soneira en clara melloría que vencía xustamente por 3-0 e se coloca na metade da táboa con comodidade.
Mentres, o Malpica estreaba adestrador, cun Baña que volve collendo o relevo de Óscar Suárez no primeiro troco nos banquiños do ano. Facíao en Bertamiráns, rematando cunha derrota pola mínima pero cunha maior intensidade. A que preocupa é a Esteirana, que despois de 6 xornadas só suma 2 puntos, logo de caer ante un rival directo como é o Piloño.
Xa na Liga da Costa, a 2ª Autonómica - ES Bazarra, Castriz e Zas seguen moi fortes, e non perdoaron a Buño e Porteño. Pegados teñen a Outes e San Lorenzo, moi firmes tamén neste comezo de campaña. O Volantes mete a cabeza aí arriba tras vencer a un frouxo Ponteceso, mentres o Cee vencía nas Redondas e tamén se coloca arriba. Preocupa o Montelouro, cun só punto tras ser goleado polo Seaia en Malpica, e o Camelle, que volvía caer na casa ante un Carnota renovado nas dúas últimas xornadas.
Xa está o Ameixenda de Manolín líder da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Aproveitou que descansaba o Lira para superar, nun encontro moi especial para o eterno míster, ao Corcubión, outro rival polo ascenso directo. Métese arriba o Nantón tras vecner ao Coristanco, mentres o Cerqueda superaba ao Muxía e tamén mellora. No choque dos de abaixo, Castrelo e Laxe sumaban un puntiño.
Non fallaron XSC e Dumbría na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte e se manteñen destacados. Parece que a loita estará pola 3ª praza, na que Miúdos e Esteirana caían metendo na loita a Fisterra.
Ademais, polo Norte, o Cabana non aproveitou o empate entre os dous de arriba, Coristanco e Camariñas, ao caer co Zas. O Porteño vencía en Baio e o Corme empataba en Laxe, completando un grupo de 6 equipos en apenas 4 puntos. A loita polas 3 prazas de arriba estará moi igualada.
E por fin, xa saben o que é gañar os equipos dumbrieses das Ligas Autonómicas - Aluminios Dumbría. Cadetes e infantís conseguían sendas vitorias que os tranquilizan na urxencia. Non así o XSC de cadetes, que caía e segue cun só punto.
Non puido o conxunto camariñán das Baleas aumentar a súa renda na 1ª Cadete, e queda só 2 puntos de vantaxe ante Corme e Cabana logo de caer cos cabaneses. Mentres, na 1ª Infantil, XSC, Fisterra e Corme seguen pelexando polo liderato.
Xa nos Veteranos, o Cabana puido frear a un Hosgran que comezou lanzado a 1ª División. Un empate que deixa ao Zas a 4 puntos do equipo cabanés, e un grupo de 3 equipos a 5. Ademais había outros dous partidazos, e o Coristanco puido co Soneira no choque de trens, facendo que o actual campión de Liga vaia recuperando posicións, tendo só 3 partidos disputados; e o San Román e o Dumbría empataban a 3 nun partidazo.
Mentres, na 2ª División, o San Isidro-Razo segue imbatido pero xa sufríu máis para vencer ao Nantón. Porteño e Erbecedo quedan moi preto, co cadro da Ponte aínda contando partidos por vitorias tamén.
Xallas StComba | 2-2 | Residencia |
Viveiro | 0-0 | Dumbría |
Piloño | 4-2 | Esteirana |
Soneira | 3-0 | Sofán |
Puebla | 2-0 | Corme |
Flavia | 1-4 | Baio |
Bertamiráns B | 2-0 | Malpica |
Camelle | 0-1 | Carnota |
Volantes | 3-0 | Ponteceso |
Fisterra | 2-2 | Mazaricos |
Seaia | 3-0 | Montelouro |
Porteño | 1-2 | Castriz |
San Lorenzo | 4-1 | Camariñas |
Cabana | 1-2 | Cee |
Outes | 2-1 | Baíñas |
Zas | 2-0 | Buño |
Ameixenda | 2-1 | Corcubión |
Castrelo | 2-2 | Laxe |
Nantón | 2-1 | Coristanco |
Cerqueda | 3-2 | Muxía |
Esteirana | 0-4 | Dumbría |
Outes | 4-1 | Os Miudos |
Corcubión | 2-4 | Cee |
Castriz | 0-5 | Xallas StComba |
Muxía | 2-2 | Fisterra |
Laxe | 2-2 | Corme |
Coristanco | 1-1 | Camariñas |
Baio | 1-3 | Porteño |
Cabana | 0-1 | Zas |
Ponteceso | 5-3 | Malpica |
Xallas StComba | 1-2 | Viveiro |
Outes | 0-2 | Esteirana |
As Baleas | 2-4 | Cabana |
Ponteceso | 2-1 | Cee |
Baio | 2-2 | Fisterra |
Coristanco | 1-6 | Corme |
Sofán | 0-7 | Os Miudos |
Fisterra | 6-0 | Zas |
Ponteceso | 4-2 | Coristanco |
Cabana | 3-1 | Sofán |
Corme | 2-1 | Os Miudos |
Esteirana | 1-4 | Xallas StComba |
Outes | 0-0 | Vimianzo |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 5
Coristanco | 3-2 | Soneira |
Cabana | 1-1 | Hosgran |
San Román | 3-3 | Dumbría |
Castriz | 1-5 | At. Milagrosa |
Xv. Bergantiños | 1-4 | San Lorenzo |
Zas | 3-1 | Ponteceso |
Baio | 12/10 - 17:00 | Laxe |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 5
Dep. Carballo | 2-3 | Poniente |
Erbecedo | 3-2 | Malpica |
Camariñas | 0-0 | Sofán |
Corcoesto | 3-3 | Cerqueda |
San Isidro-Razo | 1-0 | Nantón |
Agualada | 2-2 | Leiloio |
Vimianzo | 1-3 | Porteño |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).