Xuvenís: Sen dominadores


Quedan as táboas máis igualadas na categoría xuvenil tras esta xornada. Varias sorpresas relativas vivíronse este sábado, como o empate do Muxía no Conco ante o, ata agora intratable Dumbría, que de feito deixa o liderato nas mans do XSC. Tamén destacable a derrota do Cabana na Ponte o ou empate do Coristanco (ambos chegaban con 4 vitorias en 4 partidos) en Zas.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 5
Ponse o XSC de líder tralo empate dun descoñecido Dumbría ante o Muxía. Os xalleiros non perdoaron a goleada ao Corcubión, e suman 12 puntos, 1 máis que o Dumbría e 2 máis que Os Miúdos, que, con algo de sorte, superaron o derbi muradán e miran en fite a clasificación entre os 3 primeiros. O cadro esteiránqueda un punto por debaixo do grupo, ao igual que un Fisterra que tamén vai de menos a máis.
Os Miudos - Esteirana (3-2)
- OS MIÚDOS: Ángel, Eloy, Anxo, Licerino, Yeray, Airán, Miguel, Tajes, Martínez, Juanche e Samuel. Tamén xogaron: Saúl, Jorge, Hugo e Cristian.
- ESTEIRANA: MJ, Antonio, Brais, Borja, Tiko, Damián, Adrián, Manu Yi, Áxel, Pablo e Juan.
- Goles: 1-0, min.15: Samuel; 1-1, min.30: Pablo na área pequena tras peinar unha falta lateral; 2-1, min.38: Juanche; 2-2, min.50: Pablo que a empurra despois de recoller o rexeite do porteiro. 3-2, min.93: Saúl por velocidade nunha contra.
- Explusión: Adrián por dobre cartón amarelo no minuto 87.
Vibrante partido de rivalidade muradán entre os dous equipos que representan o Concello, xogándose así o prestixio de ser o mellor da zona. Non defraudou a ninguén o derbi, o cal tivo de todo, goles, emoción, disputas, expulsión, decisións polémicas…
Adiantábanse cedo Os Miúdos e remaba en contra a Esteirana, que tras empatar iría ó descanso con derrota. Primeiro período de pouco xogo bonito, pouco control de balón e demasiado xogo longo onde se viron beneficiados os locais, que remataban merecidamente por diante.
Pero trocou o decorado na segunda onde a Esteirana se propuxo xogar o balón con criterio e dominou. Marcou o segundo e seguiu agobiando, aínda así non foi capaz de materializar as ocasións e viuse sorprendida no desconto con un gol dos Miúdos. Algo de sorte tivo o cadro de Mané Senante, que tivo na saída de Saúl o gran revulsivo, entrando con moita rapidez pola banda, e sacando 3 contras das que 2 foron ao pau e unha significou o gol da vitoria. Algo de sorte dos Miúdos, un equipo que mira moito a promoción, ante unha Esteirana que mereceu, alomenos, o empate.
Fisterra - Castriz (3-1)
- FISTERRA: Aarón, Ángel, Andrés, Jose (Xose), Iago (Juanfran), Breixo, Adri, Asier, Álex, Gabi e David.
- CASTRIZ: Víctor, Calvo, Cristian, Luis, Roi, Álex, Redondo, Balsa, Joni, Alvarito e Cambón.
- Goles: 1-0, min.30: Adrián; 2-0, min.55: en propia; 2-1, min.61: Balsa; 3-1, min.75: Asier.
Partido bonito, e moi deportivo, no que o Castriz non estivo acertado e cometeu moitos erros, permitindo que o Fisterra de Falito sume unha nova vitoria, a terceira da temporada. Na metade da primeira parte tivo o Castriz unha clara ocasión para porse por diante pero Álvaro mandouna por encima do longueiro, e na seguinte xogada un balón morto dentro da área era remachado polo fisterrán Adrián.
Na segunda parte saíu apretando o Castriz, e tivo un man a man para empatar, pero nun córner chegaba o segundo para os locais. Recurtou distancias Balsa, eran os minutos nos que máis apretaba o Castriz e de feito a defensa fisterrá tivo que sacar un balón baixo paus ao propio Balsa que puido significar o empate.
Pero o Fisterra o que, tirando de calidade nunha contra, sentenciou por medio de Asier.
Dumbría - Muxía (2-2)

- DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Maikel, Cabana, Jano, Mauro, Pablo, Lucas, Edu, Luís e Isma. Tamén xogaron: Marcote, Juan de Dora, Canario, Samuel e Josiño.
- MUXÍA: Hugo, Tománs, Rubén (Toja, min.25), Esteban, Andrés, Diego, Ander (Iván, min.70), Marco, Víctor, Paulo (Osil, min.75) e Jorge (Mario, min.42).
- Goles: 1-0, min.32: Luís; 2-0, min.37: Isma; 2-1, min.60: Mario; 2-2, min.89: Esteban.
Merecido empate do Muxía no Conco, ante un Dumbría que está pecando de soberbia. Pero terá que reclamar o Muxía pois a acta aínda pon a día de hoxe un 2-1 para o cadro dumbriés.
Aguantou o cadro de Javier Lema as embestidas iniciais dun Dumbría que, despois dun arranque de campaña impresionante, non acaba de atopar o seu xogo. Metíase por diante en apenas 5 minutos do ecuador da primeira metade, pero non soubo pechar o partido e na segunda, o Muxía foi por todas e sacou un merecido empate.
Cee - Outes (1-3)

- CEE: Abel, Iván, Borja, Jicho, Rubén, Xabier, Castillo, Chema, Isma, Yago, Xoán. Tamén xogaron: Pablo, Nanón, Marco, Tivi e Brais.
- OUTES: Aarón, Cutu, Brión, Santi (Fabio), César (Fran), Álvaro, Samu (Serxio), Adril e Joel (Saúl).
- Goles: 1-0, min.20: Xurxo; 2-0, min.35: Santi; 3-0, min.60: Samu; 3-1, min.80: Chema.
- XSC: Coke, Xoel (Rubén, min.72), Dani, Pérez (Sergio, min.74), Manu, Pablo (Torres, min.74), Anxo, Tefi (Adrián, min.56), Isma, Fabián (Carlos, min.64) e Chiqui.
- CORCUBIÓN: Abraham, Samu, Chava, Miguel, Oca, Goche, Germán, Óscar, Isma, Pepo e Mario. Tamén xogaron: Tito, Marcos e Gille.
- Goles: 1-0, min.2: Anxo; 2-0, min.6: Pablo; 3-0, min.21: Pablo; 4-0, min.24: Chiqui; 5-0, min.44: Chiqui; 6-0, min.56: Isma; 7-0, min.71: Xoel.
- CAMARIÑAS: Jose Luis, juan, Pose, Miguel, Sergi, Alvaro, David, Espi, Felipe, Chicote e Javi Suplentes: Facundo, Brais, Dani e Chuki
- LAXE: Diego, Martín, Uxío, Galgo, Sergio, Santi, Ferri, Djamel, Adri, Nico e Domínguez.
- Goles: Djamel de gol olímpico para o Laxe; Javi (2), Felipe, Espi, Dani (2), David e un en propia para o Camariñas.
- PORTEÑO: Brais, Dani (David, min.69), Bruno, Gonzalo, Xoel, Mario (Carlos, min.75), Oli, Michael (Jordi, min.86), Robi (Matías, min.66), Aarón e Rodrigo.
- CABANA: Vázquez, David Varela, Grille, Aurelio, Mateo (Laik, min.58), David Muíño (Kevin, min.65) Álex, Redondo (Ferreiro, min.75), Cristian (Martín, min.65) e Pablo (Javi, min.68).
- Goles: 1-0, min.6: Rodri dun bo disparo dos locais dende fora do área; 1-1, min.24: Álex de penalti rigoroso cometido sobre unha internada de David Varela; 2-1, min.81: Maikel nun bo contrataque do Porteño; 3-1, min.94: Carlos nunha contra co Cabana xa volcado buscando o empate.
- Expulsión: os visitantes Laik (min.86) e Reigía (min.88) e o meta local Brais, no min.87, por perder tempo.
- MALPICA: Steven; Miguel, Brais Álvarez, Sebas, Jorge, Mouri (César, min.35), Petís, Xulián, Sergio, Yiño (Carlos, min.79) e Gende.
- BAIO: Jóse; Pablito, Alfonso, Javier, Miguel, Alberto, Paco, Santi Díaz, Ayoub e Fariña.
- Goles: 1-0, min.11: Petís a pase de Sergio; 1-1, min.25: Santi Díaz de forte tiro raso dende 25 metros; 2-1, min.27: Gende de vaselina tras un pase ás costas da defensa de Sebas; 2-2, min.30: Javier remata un córner pechado de Santi Díaz que non atalla o meta local; 3-2, min.40: Petís en xogada individual; 3-3, min.55: Santi Díaz non falla un dubidoso penalti; 3-4, min.84: Santi Díaz dende unha esquina da área por riba do meta local.
- Expulsión: o baiés Alberto, no m.77.
- Goles: 1-0, min.10: Bruno; 1-1, min.30: Eloy; 2-1, min.55: Bruno; 3-1, min.63: Sergio Fariña; 4-1, min.64: David Cousillas.
- ZAS: Sergio, Rubén (Ternande, min.70), Brais, Julián (Boli, min.85), Darío, Cristian, Manu, Álvaro (Andy, min.75), Adrián (juan, min.60), Dani Mato e Andrés.
- CORISTANCO: Brais, Navarro, Mol, Rubén, Sergio, Manu, Jorge, Varela, Bardanca, Fabio e Joni. Tamén xogaron: Suso, Cristian, Chiqui, Gabriel e Corral.
- Goles: 0-1, min.25: Joni tras un roubo á defensa; 1-1, min.33: Álvaro nun disparo de fóra da area con algo de axuda do seu porteiro.
- Expulsión: o míster do Zas Martín Vecino.
- X.4: Os Miúdos frean ao Dumbría mentres Coristanco e Cabana seguen firmes.
- X.3: Xornada de goles “comarea”.
- X.2: Crónicas completas da fin de semana da Barca.
- X1: Arrincaron dúas Ligas con moitas diferencias.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Ligas Galegas: Merecemos máis.
- 3ª Autonómica: O Lira non cede e tira de fortuna.
- 2ª Autonómica: Só Castriz e Zas dan un paso.
- 1ª Autonómica: Trío de cabeza con susto.
- Preferente: Para esquecer.
- Resultados e crónica da primeira fin de semana de outubro no Fútbol da Costa.
- Última e urxente chamada para o Curso de Adestradores de Carballo.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Sacou unha gran vitoria este Outes que vén de memos a máis, do San Paio de Refoxos. E iso que os primeiros compases foron de control local. Foi un choque moi igualado, pero no que o Outes se ía afianzando sobre o terreo de xogo ao tempo que o Cee ía desaparecendo.
Mellorou o Cee na segunda, pero nunha contra sentenciaba o partido Samu. Só contra o final Chema recurtou distancias para os de Angeliño e Penedo, pero xa sen tempo nin fe na remontada.

Xallas StComba - EF Corcubión (7-0)
Partido disputado na calurosa mañá do domingo en Fontenla na que os locais se mostraron como un equipo serio e ordenado con superioridade e verticalidade ante un Corcubión, aínda en formación, que cedeu moito espacio no campo para as combinacións dos locais. O resultado ao descanso era evidente 5-0.
Aínda así, o Corcubión cambiou a actitude e mellorou na segunda parte, na que mesmo fallou un penalti. Coke adiviñou o lado do lanzamento detendo a pena maxima de forma excepcional
Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 5
Viñan Coristanco e Cabana imbatidos pero Zas e Porteño paráronlle os pés aos equipos bergantiñáns. Se cadra, a derrota do Cabana na Ponte foi a nota destacada da xornada, deixando ao Coristanco, que sacou un empatiño en San Andrés ante un serio Zas, só no liderato. Achégase o Camariñas, con 12 puntos empatando co Cabana, e abrindo unha pequena fenda con Corme e Porteño, nese trío de cabeza que dá acceso á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega.
Ademais, primeira vitoria do Baio, tremendamente meritoria por xogar todo o partido cun home menos pola eterna falta de efectivos que está a sufrir o equipo.
Camariñas - Laxe (8-1)
Partido sen historia, como reflexa o marcador. O Laxe Tony chegaba a Camariñas só con 11 xogadores, 2 deles porteiros. Comezaron con intensidade pero baixaron os brazos demasiado pronto, quedando a mercé dun fantástico Camariñas, que xa chegou ao descanso cun claro 5-0.
Porteño - Cabana (3-1)
Unha das sorpresas da xornada foi a primeira derrota do líder, o Cabana, en terras da Ponte do Porto. Un Cabana, que forma un gran bloque, que buscou con aínco a vitoria, pero se atopou cun gran Porteño, que soubo usar as súas armas e sentenciar á contra.
Foi un choque igualado, con poucas ocasións, pero repartidas. O partido non se decantou ata que nunha recuperación, Carlos fixo unha gran xogada e cedeu para que Maikel marcase o segundo tanto dos locais a falta de 10 para o remate do partido. Aínda quedaba tempo para 3 expulsións e o tanto de Carlos nunha contra, co Cabana volcadísimo buscando o empate.
Malpica - Baio (3-4)


Tremendo meritoria esta primeria vitoria do Baio de Julio Vila, tendo en conta que xogou 77 minutos con 10 (a falta de efectivos segue sendo un verdadeiro quebradeiro de cabeza para o míster baiés), e outros 15 con 9 xogadores pola expulsión de Alberto. E máis aínda, vendo como o Malpica se metía por diante ata en 3 ocasións. Pero apareceu a calidade de Santi Díaz para anotar 3 goles, 2 golazos e un de penalti, para darlle 3 puntos e pasar ao Malpica na táboa.
O cadro malpicán tivo o partido de cara varias veces, pero non tivo a sorte de cara. Un balón ao traveseiro de Petís precedeu ao empate a 1, e co 3-3 no marcador Petís volvía empalmar un balón que rexeitou o poste.

Corme - Ponteceso (4-1)
Bonito derbi no Cairo entre dous equipos moi renovados con respecto ao ano pasado. A primeria metade foi igualada, cun Ponteceso moi activo pero un gran Corme diante.
Remataba a primeira metade en empate a 1, pero na segunda o gol inicial dos cormeláns facía que os pontecesáns baixasen os brazos, demostrando unha vez máis que lle falta confianza para aguantar e gañar partidos ao novo equipo de Carracedo. O Corme segue sumando e xa son 9 puntos, poñéndose a 3 do grupo de arriba.
Zas - Coristanco (1-1)
Un tempo para cada un e un xusto empate entre dous serios equipos, no que puido gañar calquera e rematou en empate. Foi o mellor partido do Zas no que vai de temporada, deixando a un gran Coristanco, do mellor neste inicio de campaña, con moi poucas ocasións. E iso que o cadro de Lorenzo estivo tivo o control do balón no primeiro tempo, aproveitando un erro da defensa local para facer o 0-1 por medio de Joni.
Recompúxose o Zas ata conseguir empatar no minuto 34 con gol de Álvaro. A piques estivo Dani Mato de poñer por diante antes do descanso aos locais pero o seu remate de cabeza non veu portería. Mellorou aínda máis o Zas na segunda, tendo varias ocasións claras pero sen definición: un par de mans a man de Andrés, un tiro cruzado de Andy, un tiro de Julián que sacou o porteiro e un tiro de Dani Mato que petou no longueiro. Ao final, táboas en San Andrés.