As camariñás puideron coas carballesas no derbi do balonmán costeiro
Non quedaron aí as boas novas para o do club camariñán, pois xogadora Minia Calvo Canosa volve á Selección Galega Cadete.
Mentres en categoría masculina, o Bm. Camariñas segue imparable. Terceira vitoria consecutiva como visitante do Camariñas que segue imbatido e con todas as aspiracións nunha liga en principio moi aberta, onde calquera descoido pode saír caro.
E xa en Carballo, o Calvo Xiria conseguía 2 importantes puntos no derbi provincial co Bm. Ártabro e xa pensa nos próximos rivais.
1ª División Galega Feminina, xornada 6
- Resultado: Goldie Xiria - Encaixe Camariñas (15-22)
- Parcial ao descanso: 8-11.
- Goldie Xiria 15 (8): Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 6 , Tamara Pombo 1, Jessica Posse , Cristina Gende, María Gómez, Raquel Gómez 1, Adriana Gómez , Marta Regueira 3, Natalia Solis 2, Sheila Ferreiro, Angela Pena, Patricia García e Zeltia Landeira 2.
- Encaixe Camariñas 22 (11) Sara e Mirian (porteiras) Aida 6, Laura 6, Barreiro, Sara Carril 5, María 2, Andrea, Nerea 3, Caamaño, Veronica, Sande, Blanco e Isabel.
Vitoria clara das camariñás fronte ás carballesas para pechar a primeira volta da 1ª Autonómica. A falta de definición no ataque e o lanzamento pasaron factura ao Goldie Xiria. Tras uns primeiros 20 minutos igualados en onde parecía que o Xiria podía poñer en dificultados ao seu rival, a boa defensa das palilleiras e a falta de acerto das carballesas permitía ás visitantes meterse por diante.
O ímpeto posto polas camariñáns na segunda metade rompeu o partido e o marcador, facilitando a vitoria visitante. Nesta segunda metade o Goldie non foi capaz de crear perigo ante a porteira do Encaixe, e as deferencias convertéronse en insalvables.
As camariñanas presentaban a baixa da extremo zurda Karina por problemas de saúde. O equipo visitante saíu moi centrado tácticamente tendo en conta o plantexamento feito para dita xornada. Moita igualdade durante os primeiros minutos onde a adestradora do Encaixe pediu un tempo morto pa correxir pequenos desaxustes defensivos. As continuidades de balón permitiron ás xogadoras chegar con ocasións claras de gol que nos desaproveitaban. A “xoven” veteranía do equipo camariñan permitiu levar con dominio os dous puntos do encontro. “Foi un derbi moi esperado por todos, as nosas xogadoras saíron moi centradas e logramos conducir o encontro levando as rendas en todo momento, dirixidas polas nosas centrais que seguiron perfectamente o plantexamento do encontró . Esta victoria sírvenos para afianzar confianza e afrontar os siguientes encontros con positividade” afirma a adestradora do Encaixe.
1ª Autonónomica, xornada 6
- Resultado: Las 5 Jotas - Balonmán Camariñas (21-27)
- BM CAMARIÑAS: Bruno (p), Víctor (p), Alan (6), Fabio, Fari (5), Eusebio (3), Jaime, Quin (4), Catalán (3), Xabi, Perón (4), Héctor (1), Damián (1) e Antelo.
O equipo conserveiro presentouse en Vigo cos xa recuperados Catalán e Quin, que todavía fáltalles ese punto de rapidez que ten o equipo, pero que xa están a plena disposición do mister Moncho Canosa, “falta recuperar todavía a Frutos que está en plena rehabilitación. O Camariñas aproveitou o seu fondo de banquiño e marcou a diferenza nos minutos finais, non conseguindo ronper o partido ata o final.
O próximo fin de semana xógase contra o Teucro de Pontevedra, pdendiente de decidir horarios, xa que se pretende que os equipos senior do Camariñas Boya viaxen xuntos a Pontevedra.
1ª Estatal, xornada 8
- Resultado: Bm. Ártabro Novo Mesoiro - Calvo Xiria (21-28)
- CALVO XIRIA 26 (14+ 12): Martín Gómez [p], Sergio Facal (2), Brais Puñal (2), Martín Alfeirán (3),Javier Rodríguez, Manuel Méndez (6), Jorge Bouzas (7), Alejandro Calvete (1), Pablo Iglesias (4), Mario García de Seárez, Gonzalo Pombo, Julián López, Iván Campos, Rubén Anes, Carlos A. Lema (1).
Fixo o mínimo esforzo posible o Calvo Xiria no derbi provincial que o enfrontou esta fin de semana ao Ártabro para acadar a vitoria nun partido no que tirou proveito da súa maior calidade, pensando máis nos próximos partidos que no que estaba a disputar. Con Manuel e Jorge no eido ofensivo, acadaron entre os dous a metade dos goles dos carballeses, e a actuación no segundo tempo de Martín Gómez na portería foi suficiente para manter a raia aos locais que loitaron ata o derradeiro intre por acadar algo positivo. Salientable tamén o debut de Cuco e Rubén nas filas carballesas, que de seguro axudarán, e moito, na loita polos obxectivos do equipo.
Preséntanselles aos verdibrancos agora tres partidos nos que se xoga moitas das súas opcións de seguir nos postos altos da táboa clasificatoria, toda vez que vai competir co primeiro, segundo e quinto clasificados nas vindeiras semanas. O apoio dos seus seareiros será imprescindible para afrontar este grande reto se desexa saír airoso do mesmo.
Máis información
Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.Novas relacionadas
- Bm: Preparando o derbi feminino.
- Os equipos do Bm. Camariñas seguen medrando.
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria seguen firmes.
- O BM Encaixe celebra con vitoria unha doble convocatoria coa Selección Galega
- Doble vitoria para os camariñáns e doble derrota para os carballeses na xornada de balonmán.
- Camariñas e Carballo comezaron a sentir a emoción do balonmán.
- Os dous equipos do Bm Camariñas arrincan unha nova tempada coa canteira como base.
- A familia Xiria recibe unha Medalla ao Mérito Deportivo da Federación Españoña de Balonmán.
- O Balonmán Feminino vai pechando unha satisfactoria tempada.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Balonmán Xiria e Balonmán Camariñas.