Nova fin de semana chea de deporte na Costa da Morte. E no fútbol máis, porque comeza a Copa da Costa. Unha Copa que comeza con 3 encontros na previa e que obrigará a conxuntos como o Baio a xogar 3 encontros na fin de semana.
A xornada na 1ª prevese intensa. O partidazo será o que enfronte no Conco ao Dumbría (colíder) co Sada, 3º a 1 punto. O Xallas poderá sumar fóra de casa ante un Calo descendido, mentres que o Cee intentará volver á loita vencendo ao Zas-
Na Liga da Costa, a atención estará en Camariñas, onde o Porteño recibe ao Carnota no último cartucho de ambos conxuntos por evitar a praza directa de descenso.
A Copa Xuvenil tamén chega ben interesante co comezo das semifinais. A do Corme co Santa Comba, campión da Liga Norte contra campión da Liga Sur, será a eliminatoria estrella. Pero o Baio - Soneira tamén será importante.
Ademais, tamén está en marcha a Copa de Veteranos, que coñecerá esta fin de semana os equipos que pasan a oitavos.