Martes. 15.10.2024
El tiempo

Axenda deportiva deste comezo de febreiro

Axenda deportiva deste comezo de febreiro
Imaxe do Baio- Muros- Foto- Santi Díaz

Comeza febreiro e temos o deporte costeiro en plena forma. Esta fin de semana temos de todo, dende baile, a tenis de mesa, balonmán, fútbol sala... e por suposto, fútbol da Costa, nunha xornada onde todos os partidos das 4 categoría de afeccionados se xogan o domingo 3 de febreiro. Atentos ademais que esta tarde ten lugar a final das Ligas Comarcais de Fútbol Sala dos máis pequenos da bisbarra.

Tras ollar o complicado parte de sancións, comezamos a Previa da Xornada pola Preferente. Os nosos terán 3 saídas complicadas, sobre todo o Dumbría, que terá unha grandísima oportunidade de meter defintivamente a cabeza arriba de todo. Os de Canosa visita o campo do Grixoa, 2º con 6 puntos sobre os dumbrieses. Aí estará esperando resultado o XSC, que non pode fallar na súa visita a Viveiro, mentres que o Soneira poderá facer un favor aos seus veciños alonxando ao Ribadeo dos postos de arriba.

En 1ª Autonómica, hai dous flancos. Por arriba, o Malpica pode seguir escadando posicións se vence na casa ao Villestro, que saca 2 puntos aos de Baña. Por abaixo, os nosos seguen necesitadísimos. O Camariñas, xa con Berto no banco, non pode fallar desta volta ante o pechacancelas, o Flavia, que iso si, está a tan só 3 puntos dos camariñáns e pontecesáns. Precisamente o equuoi de Nacho recibe ao Lamela, ao que pode meter na loita, mentres que o Fisterra, algo máis desafogado pero sen poder despistarse, podería facerlle facer un favor ao Malpica se arrinca algo positivo do difícil campo de Arzúa.

A xornada na 2ª Autonómica ten un Corme-Cee que se presenta como unha das últimas ocasións do Corme de subirse ao carro do ascenso. Polo demais, cómpre destacar un novo derbi muradán entre Muros e Esteirana, e a xornada depara un duelo fraticida entre Outes e Cabana por evitar o segundo posto de descenso, que acompañaría a un Dumbría B que ten o domingo unha das últimas ocasións de meter ao Mazaricos no lío.

A xornada 21 da 3ª chega con varios focos de atención. Coa 3ª praza en xogo. Cerqueda, 4º, recibe ao Camelle, 3º, con só 6 puntos de vantaxe entre ambos se ben os camariñáns teñen un partido menos. Ademais, en Vimianzo, o Soneira B recibe ao líder, o Porteño, e os de José Ángel intentarán con todo ser o primeiro equipo que os derrote. O IDC terá unha complicada a Arliña ante un Muxía que non é o dos primeiros partidos e o Laxe e Ameixenda terán un choque moi importante para loitar pola 6ª praza.

Nos Xuvenís cómpre destacar os 3 partidados da Liguilla.

Na Liga Galega Cadete, o potente Dumbría terá que seguir sumando ante o Porturarios, mentres que os infantís reciben ao Lalín.

En Cadetes hai un choque estelar entre Cee e Esteirana, 2º contra 1º con só 3 puntos de diferencia entre ambos.

En Veteranos, co Castriz, Soneira e Cabana máis empatados que nunca, a xornada se presenta espectacular.

Preferente, xornada 23

Ribadeo F.C. 03/02 - 16:15 Soneira S.D.
Viveiro F.C. 03/02 - 16:15 Xallas StComba
S.D. Grixoa 03/02 - 16:30 C.F. Dumbría

1ª Autonómica, xornada 21

Flavia S.D. 03/02 - 16:15 Camariñas F.C.
Ponteceso S.D. 03/02 - 16:15 C. Lamela
S.C.D. Malpica 03/02 - 16:15 S.D. Villestro
CSD Arzúa 03/02 - 17:00 S.D. Fisterra

2ª Autonómica, xornada 21

U.D. Montelouro 03/02 - 16:15 C.D. Baio
Muros S.D. 03/02 - 16:15 S.D. Esteirana
Mazaricos C.F. 03/02 - 16:15 Dumbría C.F. B
Corme C.F. 03/02 - 16:15 Unión Club Cee
S.D. Sofán 03/02 - 17:00 nas Eiroas U.D. Corcubión
U.D. Carnota 03/02 - 16:15 Buño S.D.
Sp. Zas 03/02 - 17:00 S.D.San Lorenzo
Outes C.F. 03/02 - 17:00 Cabana S.D.
S.D. Castriz 03/02 - 17:00 Volantes F.C.

3ª Autonómica, xornada 21

U.D. Cerqueda 02/02 - 16:00 Camelle S.D.
S.D. Laxe 02/02 - 16:15 S.D. Ameixenda
Soneira S.D. B 02/02 - 16:30 Porteño C.F.
Muxía C.F. 03/02 - 16:15 Indep. Carballo
SDC Corcoesto 03/02 - 16:15 Lira C.F.
Xaviña F.C. 03/02 - 16:15 C.F. Castrelo
S.D. Alcaián 03/02 - 16:15 C.D. Baíñas
S.D. Coristanco 03/02 - 16:15 C.D. Nantón

Liguilla Previa á Fase de Ascenso da Liga Galega Xuvenil, xornada 3

S.D. Fisterra 02/02 - 12:00 C.F. Dumbría
S.C.D. Malpica 02/02 - 16:15 Ponteceso S.D.
Xallas StComba 02/02 - 16:30 Cabana S.D.

Liguilla da Copa da Costa, Gr. 1, xornada 3

Camariñas F.C. 02/02 - 16:00 Outes C.F.
Muros S.D. 02/02 - 16:00 S.D. Laxe
Muxía C.F. 02/02 - 16:00 C.D. Baio

Liguilla da Copa da Costa, Gr. 2, xornada 3

Mazaricos C.F. 02/02 - 16:15 Corme C.F.
U.C. Cee 02/02 - 16:15 S.D. Coristanco
Soneira S.D. 03/02 - 12:00 S.D. Esteirana

Liga Galega Cadete, xornada 20

Bergantiños C.F. 02/02 - 16:15 Ural C.F.
Portuarios 03/02 - 11:00 C.F. Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 21

Bergantiños C.F 02/02 - 11:00 Víctoria C.F.
C.F. Dumbría 02/02 - 11:00 C.D. Lalín

1ª Cadete, xornada 13

Xallas StComba 02/02 - 10:00 C.D. Baio
Muxía C.F. 02/02 - 10:30 S.D. Fisterra
S.D. Coristanco 02/02 - 10:30 Con. de Carnota
Muros S.D. 02/02 - 10:30 Porteño C.F.
Sp. Zas 02/02 - 11:00 Outes C.F.
U.C. Cee 02/02 - 12:00 S.D. Esteirana
Cabana S.D. 02/02 - 16:30 Ponteceso S.D.

1ª Infantil, xornada 17

C.D. Baio 02/02 - 16:30 E.M.F. Vimianzo
S.D. Coristanco 02/02 - 16:30 Ponteceso S.D.
As Baleas 03/02 - 10:00 S.D. Fisterra
Xallas StComba 03/02 - 10:30 S.D. Sofán
E.D. Os Miudos 03/02 - 10:30 S.D. Esteirana
Corme C.F. 03/02 - 10:30 Outes C.F.
Muxía C.F. 03/02 - 10:30 Cabana S.D.
  • Descansa o Cee.

Finais das Ligas Comarcais de Fútbol Sala

As Baleas xa quedou campión de infantís. E as finais das LCFs xóganse este venres 1 de febreiro de 2013 no Pavillón de Dumbría:

  • 18:00 Final Benxamín: C. Fisterra - Manuela Rial (4-2).
  • 18:50 Final Alevín: C. Carnota – EMF. Vimianzo (2-4).

Ligas de Veteranos, xornada 20

1ª División

os
Soneira S.D. 03/02 - 10:00 Corcubión Vet.
Ponteceso S.D. 03/02 - 11:00 Bértoa
C.D. Nantón 03/02 - 11:00 S.D.San Lorenzo
S.D. Coristanco 03/02 - 11:00 S.D.U. Vimianzo
Bergantiños C.F. 03/02 - 11:00 Xv. Bergantiñ
Cabana S.D. 03/02 - 11:00 Sp. Zas
Camariñas F.C. 03/02 - 12:00 S.D. Castriz
San Román 03/02 - 12:00 C.D. Baio

2ª División

Agualada 03/02 - 09:30 Dep. Carballo
C.D. Poniente 03/02 - 10:00 Muros S.D.
SDC Corcoesto 03/02 - 11:00 Porteño C.F.
U.D. Cerqueda 03/02 - 11:00 Camelle S.D.
S.C.D. Malpica 03/02 - 11:00 At. Milagrosa
S.D. Laxe 03/02 - 11:00 Leiloio
S.D. Sofán 03/02 - 18:30 Buño S.D.

Balonmán

BM CAMARIÑAS - RASOEIRO BM.: sábado 02/02/2013 ás 17:30h no Areal.


Fútbol sala

O Fisober de Nacional comeza esta sábado a 2ª volta da competición viaxando de novo a Ferrol. O equipo rematou a 1ª volta nunha meritoria 7ª plaza, a mellor posición acadada durante toda a 1ª volta polo que afrontara o partido con gran motivación.

Liga 2ª División Nacional:
- Valdetires vs Fisober: Sábado ás 18:00h no Pavillón de Esteiro (Ferrol).

Liga Provincial:
- Viaxes Amarelle vs Fisober: Sábado ás 20:00 h no Pavillón de Novo Mesoiro (A Coruña).
- Concello de Ponteceso F.S.F. - Espartanas F.S.: sábado 02/02/2013 ás 19:00 no Municipal de Ponteceso.
- Esteirana - C.D. Mabegondo: sábado 02/02/2013 ás 19:00 no Pavillón Jose Lago.


Baile Deportivo

Este domingo 3 de febreiro o clube Baile Deportivo Arte e Movemento participara no Trofeo Vila de Marín de Baile Deportivo. Trátase dunha proba puntuable para o ranking nacional da Federacion Española de Baile Deportivo. Participarán un total de 8 parellas que case representan a todos os concellos da Costa da Morte,:

- En xuvenil: Alvaro Lado e Antia Mendez (Mazaricos / Muxía).
- En junior I: Vicente Lopez e Laura Marcote (Cee).
- En junior II: Tomas Facal e Fátima López (Zas / Cee).
- En Youth 1º territorial:Juan Luis Lista e Noelia Regueira (Muxía / Mazaricos); Juan Alvarellos e Melani Lois (Cee / Santa Comba); Cristian Dominguez e Laura Rivadulla (Cee) e Iván Antelo e Aida Carril (Vimianzo / Santa Comba).
- En adulto e na máxima categoría (A): Diego Rivadulla e Ariadna Leis (Cee / Carnota)


Volei

Esta fin de semana os chicos desprazanse a San Sadurniño e as rapazas a Cambados.:

Sábado 2:
- 15:30 h Cadete Masculino Sansa-Voleibol Dumbría;
- 19:30 h Xuvenil Masculino Sansa-Voleibol Dumbría.

Domingo 3:
- 10:30 h Infantil femenino Cambados- Manuela Rial;
- 12:00 h Cadetel femenino Cambados- Voleibol Dumbría.


Tenis de mesa

O Sábado 2 de febreiro de 2013 hai os seguintes partidos:

2ª división galega grupo centro en Lalín:
- 16'00 h - CTM Lalín “B” - Anorthosis Vimianzo;
- 18'30 h. - Escola Lalín - Anorthosis Vimianzo.

3ª división galega grupo noroeste no ximnasio do CPI de Zas:
- 16'00 h. - Concello de Zas O Gaiteiro – Hípica Coruña “B”;
- 18'30 h. - Concello de Zas O Pinar - Hípica Coruña “B”.

2ª nacional femenina en Cangas do Morrazo:
- 15'30 h. - Aluminios Xeal de Zas - Oroso TM;
- 16'45 h. - Aluminios Xeal de Zas – Cinania (Cangas);
- 18'00 h. - Aluminios Xeal de Zas – Cambados;
- 19'15 h. - Aluminios Xeal de Zas – Monte Porreiro (Pontevedra).


Máis información


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios