Nova xornada para ao Fútbol da Costa (saben que teñen este perfil de Facebook para mantervos informados de todo). Esta fin de semana de 20 e 21 de setembro chega cargada de partidos, xa con todas as Ligas en liza, con 60 partidos preparados e a APP a pleno rendemento.
E comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, cos nosos dous equipos xa asentados na competición tralas 3 primeiras xornadas de Liga. Dúas saídas complicadas teremos esta fin de semana. O XSC visita un campo veciño, como é o de Noia, recén ascendido pero xa con 3 vitorias nos tres primeiros partidos. Os dumbrieses poderán disfrutar dun dos premios desta tempada, que é o de xogar no García Hermanos, un dos campos míticos de Galicia para enforntarse a un Betanzos que non se está amoldando nada vén á categoría despois do seu descenso, e suma 3 derrotas.
Na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, toca 5 partidos en casa e só o Soneira terá que saír da zona para enfrontarse ao Lesende, un recén ascendido. Un Soneira que xa necesita unha vitoria, pois ten un só punto, igual que Esteirana e Malpica, que reciben a Cordeiro e Amio respectivamente.
Polo demais, o líder, o gran Corme, recibe no Cairo ao Villestro , un dos que sempre son favoritos; o Baio no Platas Reinoso ao Silleda, e o Sofán, que tamén quere estirar este bo comezo, ao Puebla.
Xornada dominical na 2ª Autonómica - ES Bazarra. Sen grandes derbis, os Buño, Volantes, Cee e Zas queren seguir a súa xeira de vitorias, mentres que Carnota, Camariñas, Camelle, Fisterra e Montelouro queren comezar a sumar.
Boa proba para lirachos e corcubioneses na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, na que o Coristanco recibe a un Muxía xa recuperado da Barca.
Xa en Xuvenís, no Sur veremos un intenso XSC-Esteirana, que servirá para medir forzas e ver quen pode seguir a estela do Dumbría, que recibe ao Castriz. Os Miúdos viaxan a Cee para seguir gañando.
Polo Norte, Cabana e Coristanco son os únicos que contan partidos por vitorias. Os de Óscar Mingui visitan o Pinguel, para enfrontarse ao seu ex adestrador, Carracedo; e o Coristanco visita ao irregular Malpica en Pedra Queimada. O Corme-Baio, o Porteño-Laxe e o Zas-Camariñas perfílanse moi igualados.
Despois da mala, en canto a resultados, primeira xornada, os 3 equipos costeiros en ligas autonómicas apurarán os seus primeiros puntos. Os cadetes dumbrieses de División Honra visitan o domingo Coruxo, os xalleiros da Liga Galega reciben ao Conxo, mentres que o Conco acollerá o sábado un fermoso derbi na Liga Galega Infantil entre Dumbría e Bergantiños.
E segunda xornada na 1ª Cadete e na 1ª Infantil. En cadetes, xa sen o Corcubión, que un ano máis retirou ao seu equipo empezada a competición. De feito, o ano pasado pasara algo semellante, pero este ano o club inscribiu o equipo como as Escolas de Fútbol e evitou así a sanción.
Tamén houbo espantada na 1ª División da Liga de Veteranos, e o Muros xa non arrincou a semana pasada, polo que quedan 15 equipos por división.
Estes son os 60 partidos da fin de semana:
| Noia | 21/09 - 17:00 | Xallas StComba |
| Betanzos | 21/09 - 17:30 | Dumbría |
| Esteirana | 21/09 - 17:00 | Cordeiro |
| Lesende | 21/09 - 17:00 | Soneira |
| Malpica | 21/09 - 17:00 | Amio |
| Baio | 21/09 - 17:00 | Silleda |
| Corme | 21/09 - 18:00 | Villestro |
| Sofán | 21/09 - 18:00 | Puebla |
| Montelouro | 21/09 - 17:00 | Cee |
| Camariñas | 21/09 - 17:00 | Seaia |
| Ponteceso | 21/09 - 17:00 | Camelle |
| Baíñas | 21/09 - 17:00 | San Lorenzo |
| Outes | 21/09 - 17:00 | Fisterra |
| Buño | 21/09 - 17:00 | Volantes |
| Carnota | 21/09 - 18:00 | Cabana |
| Castriz | 21/09 - 18:30 | Zas |
| Mazaricos | 21/09 - 18:30 | Porteño |
| Laxe | 20/09 - 17:00 | Nantón |
| Corcubión | 20/09 - 18:00 | Lira |
| Castrelo | 20/09 - 18:30 | Cerqueda |
| Coristanco | 21/09 - 18:00 | Muxía |
- Descansa Ameixenda.
- Coristanco-Muxía alteran a orde e xogan na Rocheira.
| Muxía | 20/09 - 12:00 | EF Corcubión |
| Fisterra | 20/09 - 17:00 | Outes |
| Cee | 20/09 - 18:00 | Os Miudos |
| Dumbría | 20/09 - 18:00 | Castriz |
| Xallas StComba | 21/09 - 12:00 | Esteirana |
| Corme | 20/09 - 11:00 | Baio |
| Ponteceso | 20/09 - 16:00 | Cabana |
| Porteño | 20/09 - 18:00 | Laxe |
| Zas | 20/09 - 18:30 | Camariñas |
| Malpica | 20/09 - 19:00 | Coristanco |
| Coruxo | 21/09 - 12:30 | Dumbría |
| Dumbría | 20/09 - 11:00 | Bergantiños |
| Muxía | 20/09 - 10:00 | Esteirana |
| Cabana | 20/09 - 11:00 | Ponteceso |
| As Baleas | 20/09 - 16:00 | Outes |
| Cee | 20/09 - 16:00 | Fisterra |
| Sofán | 21/09 - 11:00 | Coristanco |
| Corme | 21/09 - 11:30 | Baio |
| Coristanco | 20/09 - 11:00 | Esteirana |
| Ponteceso | 20/09 - 19:00 | Corme |
| E.M.F. Vimianzo | 20/09 - 19:30 | Sofán |
| Zas | 21/09 - 10:30 | Outes |
| Os Miudos | 21/09 - 10:30 | Cabana |
| Xallas StComba | 21/09 - 12:00 | Cee |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 2
| San Román | 21/09 - 11:00 | Zas |
| Cabana | 21/09 - 11:00 | Baio |
| Hosgran | 21/09 - 11:00 | Bértoa |
| Dumbría | 21/09 - 10:00 | Castriz |
| Laxe | Aprazado | Coristanco |
| At. Milagrosa | 21/09 - 10:00 | Ponteceso |
| Soneira | 21/09 - 10:00 | San Lorenzo |
- Descansa o Xuv. Bergantiños.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 2
| Corcoesto | 21/09 - 11:00 | Vimianzo |
| Camariñas | 21/09 - 11:00 | Dep. Carballo |
| Sofán | 21/09 - 12:00 | Erbecedo |
| Cerqueda | 21/09 - 11:00 | San Isidro-Razo |
| Poniente | 21/09 - 10:00 | Buño |
| Malpica | 21/09 - 11:00 | Agualada |
| Nantón | 21/09 - 11:00 | Porteño |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).