mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda futboleira para a fin de semana costeira

Axenda futboleira para a fin de semana costeira
Carnota-Sofan-Foto-Jorge Parri

Nova xornada completa de fútbol costeiro con máis de 70 partidos e moita emoción. O carrusel a través APP "Fútbol da Costa" e de www.futboldacosta.com vai ferver tanto o sábado como o domingo. I é que o sábado decídese todo no Grupo Norte da Liga Xuvenil ca última xornada, e ademais o luns haberá reunión en Baio para decidir as seguintes fases, tanto na Liguilla como na Copa. E mentres, o domingo haberá unha nova xornada e intensa xornada ligueira.

Pero antes, traemos o parte de sancións:

Parte de Sancións

E o parte arrinca dando por finalizado o choque entre Esteirana e Arzúa suspendido hai dúas xornadas no min.81 co resultado 1-4 en contra dos costeiros.
Tamén na 1ª, o Comité desestima as alegacións pola tarxeta a Roy Carril, quedando sancionado cun partido.

Preferente

  • Oscarín Garabal (Dumbría).

Aperc. Pref:
- Rubén Forján (XSC).
- Rudi Cotelo (Dumbría).


1ª Autonómica

  • Roy Carril (Camariñas).

Aperc. 1ª:
- Dani Cotelo (Ponteceso).


2ª Autonómica

  • Tono Chouza (Del. Carnota).
  • Antonio Canosa "Guardiola" (Fisterra).
  • Martín Caamaño (Outes).
  • Isma Pazos (Cabana).
  • José Marta (Cabana).
  • Marcelino Fernández (Volantes).
  • Jorge Parroto (Cee).
  • Javier Cives (Cee).
  • Óscar Penedo (Cee).
  • Nico Rodríguez (Cee).

Aperc. 2ª:
- Mario Iglesias (Fisterra).
- Miguel Formoso (Volantes).
- Javier Pelos (Muros).
- Ramón Lago (Muros).
- Rubén Fiuza (Cee).
- Piquero (Cee).
- Iván Canedo (Zas).
- Martín Vecino (Zas).


3ª Autonómica

  • Alberto Verdes (Seaia).
  • Toni Lema (Adestr. Laxe).
  • Alberto García (Corcoesto).

Aperc. 3ª:
- Javier Veiga (Seaia).
- Jose Carracedo (Seaia).
- Juan Paredes (Laxe).
- Samuel Lema (Laxe).
- Carlos Vidal (Nantón).
- Martín Suárez (Nantón).


Ligas Xuvenís

  • Adrián París (Mazaricos).
  • José Martínez Dominguez (Fisterra).
  • Manuel Fuentes (Corme).
  • Antonio Carabel (Corme).
  • Dani Mato (Cabana).
  • Djamel Lema (Laxe).
  • Kevin Veiga (Malpica).
  • Mario Pereira (Porteño - 4 partidos).

Aperc. Xuv:
- Rubén Canosa (Fisterra).
- Bieito Martínez (Mazaricos).
- José Suárez (XSC).
- Abraham Ríos (Cee).
- Alejandro Figueiras (Esteirana).
- Diego Mato (Cabana).
- Elías López (Laxe).
- Eloy Martín (Malpica).
- Iván Fondo).


A Previa

E comezamos o repaso pola Preferente onde os nosos terán partidos importantísimos contra equipos da zona baixa. Vital será o choque do Soneira en O Val, pois tras 14 xornadas gañar precisa sumar para saír do pozo, pois tesá a 9 da salvación.
Esperan os soneiráns un favor dos veciños, pois Dumbría e XSC enfróntanse aos equipos que acompañan ao Soneira no descenso, Lemos e Narón.

Pero a xornada centrará a súa atención na 1ª Autonómica, pois temos doble derbi. O Baio recibe a un Camariñas na UCI, que necesita sumar si ou si, mentres que o Baio segue nunha cómoda posición. Ademais, a Esteirana, que non se pode despistar, recibe a un Ponteceso tamén en Urxencias, pero que con dúas vitorias consecutivas ve a luz ao final do túnel.
Mentres, o Malpica, na súa loita por arriba, visita ao Lamela.

A 2ª Autonómica ten tres partidos adiantados ao sábado, pero a cita máis espectacular sera o domingo no Carral, onde o líder, o Sofán recibe a un Outes que estivo á fronte da táboa moitas xornadas, pero que leva 6 derrotas en 7 partidos e necesita cambiar a sorte. Ademais, un Corme embalado con 8 vitorias en 9 partidos recibe a un Castriz que parece que xa se deixa ir.

Xa en 3ª Autonómica, o líder, un Baíñas con 5 vitorias e un empate nos últimos 6 partidos, terá unha visita máis que complicada en Arliña, ante un Muxía que suma 3 vitorias seguidas. Ademais, destacamos o Nantón-Coristanco e o Lira-Ameixenda, así como un Seaia-Laxe que medirá as intencións do Laxe de engancharse ao vagón da promoción.

Como dicimos, apaixoante a última xornada na Liga Xuvenil Norte. Se polo Sur está todo o peixe vendido, no Norte Corme, Malpica e Coristanco xóganse o pase á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga galega. Ao Corme válelle con empatar en Arliña para quedar 2º tralo campión Cabana; ao Malpica válelle facer o mesmo que o Coristanco pois ten o golaverage individual a favor, pero o Coristanco non parece que vaia fallar na Grixa ante o Porteño polo que o Malpica terá que gañarlle ao Laxe para asegurar a 3ª praza. O carrusel está en marcha!

Importantes os choques da Liga Galega Infantil de Dumbría e XSC na última xornada da Liga Regular. Os dumbrieses visitan nada menos que ao 3º, o Lugo, pero necesiutan a vitoria e esperar a derrota do Calasanz ou do Boiro para meterse na Liguilla polo título. Ademais, os xalleiros queren sumar 3 puntiños máis e superar así ao Viveiro de cara á empezar a Liga para evitar o descenso con maior colchón.

Ollo ca xornada na 1ª Cadete, na que o líder, o Fisterra, recibe ao 3º, o Zas, que ten a só 2 puntos. XSC e Cabana esperan tropezos para tamén asaltar o liderado nesta igualadísima liga.

Atentos estaremos tamén á Liga Intermunicipios pois o Baldaio, colíder co Cances, visita a un Sp. Brea que, malia o tropezo da semana pasada, segue preto da cabeza.

Preferente, xornada 23

O Val 02/02 - 16:15Soneira
Dumbría 02/02 - 16:30 Lemos
Xallas StComba 02/02 - 17:00 Narón

1ª Autonómica, xornada 21

Baio 02/02 - 16:15Camariñas
Lamela 02/02 - 16:15Malpica
Esteirana 02/02 - 16:15Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 21

Fisterra 01/02 - 16:15Volantes
Corcubión 01/02 - 16:15Camelle
Cabana 01/02 - 18:00 Porteño
Sofán 02/02 - 16:15Outes
Corme 02/02 - 16:15Castriz
Muros 02/02 - 16:15Mazaricos
San Lorenzo 02/02 - 16:15Zas
Cee 02/02 - 16:15Indep. Carballo
Buño 02/02 - 17:00 Carnota

3ª Autonómica, xornada 13

Muxía 02/02 - 16:15Baíñas
Seaia 02/02 - 16:15Laxe
Montelouro 02/02 - 16:15Corcoesto
Nantón 02/02 - 16:15Coristanco
Lira 02/02 - 16:15Ameixenda
Cerqueda 02/02 - 20:00 Castrelo

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 22

Esteirana 01/02 - 12:00 Dumbría
Fisterra 01/02 - 12:30 Muros
Cee 01/02 - 16:00 Xallas StComba
Lira 01/02 - 16:00 Mazaricos
  • Descansan Soneira e Outes.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 22

Cabana 01/02 - 16:00 Camariñas
Muxía 01/02 - 16:15Corme
Malpica 01/02 - 16:15Laxe
Castriz 01/02 - 17:00 Baio
Porteño 01/02 - 19:00 Coristanco
  • Descansa Ponteceso.

División de Honra Cadete, xornada 20

Dumbría 01/02 - 11:30 Arosa

Liga Galega Infantil, xornada 20

Lugo 01/02 - 16:00 Dumbría
Viveiro 02/02 - 12:00 Xallas StComba

1ª Cadete, xornada 12

Coristanco 01/02 - 10:30 Muxía
Fisterra 01/02 - 10:30 Zas
Muros 01/02 - 16:00 Esteirana
As Baleas 01/02 - 16:00 Cabana
Corcubión 02/02 - 10:30 Cee
Xallas de Santa Comba 02/02 - 12:30 Outes
  • Descansa o Baio.

1ª Infantil, xornada 20

E.M.F. Vimianzo 31/01 - 18:30 Fisterra
Baio 01/02 - 16:00 Coristanco
Cabana 02/02 - 10:30 Outes
Muxía 02/02 - 10:30 Ponteceso
Corme 02/02 - 10:30 Esteirana
Sofán 02/02 - 12:00 Cee
  • Descansa Os Miúdos.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 10

Outes 01/02 - 11:00 Esteirana
Zas 01/02 - 11:30 Os Miúdos B
XSC A 01/02 - 12:00 Dumbría
Cee 01/02 - 12:00 Lira
Fisterra 02/02 - 18:00 Os Miúdos A
  • Descansa XSC B.

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 10

Outes 01/02 - 10:00 Esteirana A
Esteirana B 01/02 - 11:00 XSC B
XSC A 01/02 - 11:00 Dumbría
Zas 01/02 - 12:30 Os Miúdos B
Cee 01/02 - 13:00 Lira
Fisterra 02/02 - 17:00 Os Miúdos A

Ligas de Veteranos, xornada 19

1ª División

Muros 02/02 - 10:00 Nantón
San Lorenzo 02/02 - 11:30 Ponteceso
Baio 02/02 - 11:00 Xv. Bergantiños
Camariñas Vet 02/02 - 11:00 San Román
Bértoa 02/02 - 10:00 Soneira
Laxe 02/02 - 11:00 Zas
Castriz 02/02 - 10:00 Cabana
Dumbría 02/02 - 11:00 Coristanco

2ª División

Leiloio 02/02 - 11:00 Dep. Carballo
Buño 02/02 - 11:00 Poniente
Cerqueda 02/02 - 11:00 Vimianzo
Corcoesto 02/02 - 12:00 Camelle
Agualada 02/02 - 11:00 Sofán
Erbecedo 02/02 - 11:00 At. Milagrosa
  • Descansa o Malpica e Porteño.

Liga Intermunicipios, xornada 16

Laxe 02/02 - 16:00 Valenza
Peña Galicia 02/02 - 16:00 Cances
A Piña 02/02 - 16:00 Xornes
Sp. Seaia 02/02 - 16:00 Rus
Sp. Brea 02/02 - 16:00 Baldaio
  • Descansa Cereo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios