![Imaxe do Corme-Sofan definitivo -Foto-Jorge parri Imaxe do Corme-Sofan definitivo -Foto-Jorge parri]()
Ponte do primeiro de maio, Día do Traballador, e temos moito fútbol por disfrutar. Comezando pola
Copa da Costa, pois o
xoves 1 de maio teremos a volta dos Dezaseisavos nos maiores, a volta dos Cuartos en Xuvenís e a finalísima da I Copa da Costa Cadete.
Sábado e domingo tamén serán días completos de fútbol da Costa, así que imos repasando a previa, comezando pola competición copeira.
Xoves de Copa
Completa xornada copeira a do xoves. Nos grandes haberá duelos interesantes na Volta dos Dezaseisavos, na que varios equipos teñen o pase moi de cara. Cun Zas xa metido nos Oitavos pola retirada do IDC, o Outes parece que encarrilou a eliminatoria ante o Corcubión, o Sofán ante Muros, e o XSC ante o Muxía.
O Castriz xa pasou a eliminatoria ao quedaren o Camelle con 7 xogadores sobre o campo. Pero o resto de eliminatorias están moi igualadas, e prevense choques intensos como o derbi muradán entre Esteirana e Volantes, ou un cuarto, en menos dun mes, Lira-Ameixenda, na que o cadro liracho quere a revancha da Promoción.
En
Xuvenís dos, teremos a volta dos Cuartos, tralas 3 vitorias visitantes e unha soa local, o que dá vantaxe a Dumbría, Muros e Corme.
Ademais, poderemos disfrutar dunha gran
final da I Copa da Costa Cadete, cun Coristanco-Fisterra, nun duelo que enfronta ao 9º da Liga contra 2º, un Fisterra que vai ter complicado chegar a alcanzar ao embalado XSC. A cita, o xoves ás 17:00h no campo de San Andrés, Zas.
Sábado de Copa Xuvenil e un domingo ligueiro
Sen tempo a descansar, o sábado 3 de maio arrincan as Semifinais da Copa Xuvenil, das que hoxe, pouco podemos dicir.
Para o domingo volven as competicións ligueiras, no seu treito final, cos ollos postos, sobre todo, nas zonas baixas, nos descensos e nos posibles arrastres.
Arrincamos o repaso pola
Preferente, na que o XSC non pode deixar de sumar os 3 puntos ante un Carral que ocupa un dos posibles postos de arrastres. O Dumbría cruzará os dedos para que o Silva non gañe en Dubra, e así ter opcións na penúltima xornada de xogarse a Promoción co cadro coruñés; pero antes terá que vencer ao Mugardos.
Dúas xornadas para o final na
1ª Autonómica e só a Esteirana ten algo en xogo. Algo importante, pois ademais influiría nos arrastres da Liga da Costa. O cadro esteirán ten unha visita ao veciño Camariñas, que está, neste treito final de liga, dando minutos aos xuvenís. Non se lle poden escapar os puntos para evitar os arrastres aos esteiráns, que esperan ademais un favor do Baio, que non falle ante o Sigüeiro.
Na
2ª Autonómica, xa coa zona de arriba lista e co
Corme acariñando as portas do Paraíso, a zona baixa centra a atención. O Camelle suma os 3 puntos do IDC, polo que se pon con 39, deixando por debaixo a Castriz e Volantes con 38, San Lorenzo con 37 e un Muros que con 32 ten pé e medio na 3ª. Aínda sen saber exactamente cantos postos de arrastre vai haber (non se saberá ata ben entrado xuño cando se rematen as promocións de ascenso na que participará o Sofán e pode liberar outra praza), ninguén quere ocupar esa 15ª praza. Esta semana, o Volantes-San Lorenzo é, sen dúbida, o partido da xornada, mentres que o Castriz, que aínda ten pendentes os 3 puntos do IDC da últia xornada, terá un choque vital ante o Zas, puidéndose certificar a súa salvación.
Seaia e Ameixenda enfrontaranse na
ida da final da
Promoción de Ascenso 3ª Autonómica. Enorme o mérito do Seaia neste o seu primeiro ano en competición, ante un Ameixenda que tampouco é un veteranos, pois é a súa segunda temporada, coma a do recén ascendido Baíñas. Unha eliminatoria de poder a poder
En Infantís, fin de semana de Semis da Copa, cun ollo na Liga Galega onde Dumbría e XSC están en serios apuros. Nos máis pequenos, cas Ligas Sur finiquitadas, quedan as Ligas Alevín e Benxamín Norte, aínda con 7 xornadas por disputar.
Mentres,
os Veteranos arrinca ca súa Copa da Costa, cadro que tamén tendes en
www.copadacosta.com.
Estes son os choques que poderemos presenciar durante a fin de semana, se ben non todos os horarios foron confirmados pola Federación, como indicamos en cada táboa.
Copa da Costa 2014, volta dos Dezaseisavos
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
San Tirso |
04/05 - 17:00 |
Soneira |
Dumbría |
04/05 - 17:00 |
Gal. Mugardos |
Xallas StComba |
04/05 - 16:00 |
Carral |
Malpica |
04/05 - 17:00 |
Bertamiráns B |
Arzúa |
04/05 - 17:00 |
Ponteceso |
Camariñas |
04/05 - 17:00 |
Esteirana |
Baio |
04/05 - 17:00 |
Sigüeiro |
Mazaricos |
1-2 |
Buño |
Castriz |
04/05 - 17:00 |
Zas |
Porteño |
04/05 - 17:00 |
Cee |
Volantes |
04/05 - 18:00 |
San Lorenzo |
Outes |
04/05 - 17:00 |
Muros |
Carnota |
04/05 - 17:00 |
Corme |
Sofán |
04/05 - 17:00 |
Corcubión |
Fisterra |
3-2 |
Cabana |
Promoción de Ascenso 3ª Autonómica, Ida da Final
04/05 - 19:00 |
Seaia - Ameixenda |
— |
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
Copa da Costa Xuvenil, Volta dos Cuartos (01-05) e Ida das Semis (03-05)
- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
Dumbría |
1-1 |
Pontevedra |
Victoria |
2-1 |
Dumbría |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupos 1 e 2 Norte, xornada 11
Lugo |
1-2 |
Dumbría |
XSC |
0-2 |
Val do Ulla |
Dumbría |
04/05 - 11:30 (x.12) |
Conxo |
Val do Ulla |
0-2 |
XSC |
I Copa da Costa Cadete, Final
Coristanco |
0 - 3 (en Zas) |
Fisterra |
Muros |
5-3 |
Cee |
Outes |
1-1 |
Muxía |
Coristanco |
1-3 |
Esteirana |
Corcubión |
2-7 |
Cabana |
Baio |
1-1 |
Zas |
Fisterra |
0-3 |
Xallas StComba |
I Copa da Costa Infantil, Ida das Semis
04/05 - 10:30 |
Fisterra - Cee |
— |
04/05 - 10:30 |
Os Miúdos - Corme |
— |
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
Muxía |
6-4 |
Coristanco |
EF Corcubión |
0-4 |
Cabana |
Sofán |
4-0 |
E.M.F. Vimianzo |
As Baleas |
0-1 |
Corme |
Muxía |
2-2 |
Coristanco |
Ponteceso |
0-15 |
Cabana |
Sofán |
5-1 |
E.M.F. Vimianzo |
As Baleas A |
1-4 |
Corme |
Baio |
1-2 |
As Baleas B |
Copa da Costa de Veteranos, ida da previa![Sin títuloVETA]()
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).