Copa da Costa: Doble derbi para as Semifinais
Tralo visto na ida, tiñamos 4 eliminatorias completamente abertas, e os partidos foron apaixoantes. Dous choques de derbi ademais. Por un lado, derbi xalleiro entre un XSC que necesita resarcirse da mala temporada e quere repetir o título do ano pasado, e polo outro un Castriz que tras un mes de parón quere dar a sorpresa apeando aos favoritos.
No outro lado do cadro, o Cee deu a sorpresa ante o Malpica e se enfrontará a todo un Dumbría, nun derbi sureño máis que fermoso entre o rei de Copas e o que a día de hoxe pode ser un dos mellores equipos da zona.
Malpica - Cee (2-2)
- MALPICA: Abraham, Adrián, Manu Casal, Andrés (Almeida, min.87), Mario Casal, Fernando Varela, Petís, Ismael, Óscar Suárez, Martín Maradona e Eloy (Cheo, min.62).
- CEE: Parroto, Fiúza, Jorgito, Jacobo, Berto, Angeliño, Andrés (Javi, min.46), Josiño, Cristian, Llanero e Penedo (Esteban, min.72).
- Goles: 1-0, min.35: Óscar Suárez aproveita un rexeite de Parroto a tiro de Martín Maradona; 1-1, min.42: Llanero tras unha xogada de Penedo e Cristian; 1-2, min.55: Javi á media volta tras un centro de Cristian; 2-2, min.90: Óscar Suárez de cabeza a unha falta de Mario Casal.
- Expulsión: o malpicán Adrián no min.88.
Deu a relativa sorpresa o Cee en Pedra Queimada, ante un Malpica que levaba un temporadón que quería finiquitar cun título copeiro, tras acariñalo o ano pasado. Pero o Cee por algo é o Rei de Copas, e tras unha temporada máis que discreta, aí se planta nas semifinais de Copa para enfrontarse a todo un Dumbría. E ollo!
Foi un clásico partido de Copa, ao cal chegaron os dous equipos con bastantes baixas. No Malpica faltaron dos habituais como Juan oBello (por sanción), Eloy Cabeza (chegou a estar no banquillo pero non estaba para xogar) e tamén David Castro, Alemán e Abel. E de feito, tiveron que saír a xogar, malia que estaban lesionados últimamente os Manu Casal, Ismael, Martín Maradona e Cheo.
O partido foi un toma e daca co balón indo dunha portería cara a outra, cun Malpica algo máis tranquilo na primeira metade, pero na segunda parte o Cee cobrou pronto ventaxa de 1-2 e replegouse, e o Malpica, aínda que meteu ao rival no seu campo intentando todo, non foi capaz mais que de empatar preto da bocina final. Pediron os malpicáns un penalti sobre Petís que os ceenses e o colexio non viron, e unhas mans de Parroto que puideron ser fóra da área.
Dumbría - Zas (3-1)
- DUMBRÍA: Couto, Rudi, Carreira (Oscarín, min.46), José, Aarón Fdez., Jota, Aarón López, Rivi (Adrián Makaay, min.65), Dani Casal (Pablo Muíño, min.46), Jesús e Adrián Nieto (Luisito, min.46).
- ZAS: Rizos (Sergio Cad, min.55), Oli, Martín (Andrés, min.70), Fabián, Pereiro, Damián, Peke, Rubio, Lagoa, Pablo Lestón (Dani, min.55) e David Blanco.
- Goles: 1-0, min.28: Aarón Fdez. nun córner; 2-0, min.60: Luisito; 2-1, min.70: Rubio tras un roubo a Jose e bateu a Couto; 3-1, min.85: Pablo Muíño.
Primeira media hora deu ben a cara o Zas pero a partir de aí os dumbrieses tiraron de experiencia e foron superiores. A mellor ocasión para os zaenses, que tampouco conseguiron facer demasiado perigo, chegou nunha xogada de estratexia que tirou Damián e sacaron debaixo dos paus os defensas locais.
Chegaba o primeiro tanto dumbriés á media hora e aí tivo o Zas 15 minutos bos nos que apretou. Pero na segunda notou Iván Cancela o fondo do armario, pois por mor das baixas puido convocar 11 dos maiores e 3 cadetes que acabaron xogando, e o Dumbría foi netamente superior nos segundos 45 minutos, nos que así e todo, un dos mellores foi Rubio, que demostrou estar de novo como antano.
Por certo, o Zas despide a temporada, e Iván Cancela que xa renovou co cadro zaense e xa está preparando o ano que vén.
Baio - Castriz (1-2)
- BAIO: Manu, Yago, Mario, Eloy, Norber, Martín, Brais, Bieito, Canay, Alberto e MC. Tamén xogaron: Anxo, Ramon, Fachal, Rubio e Christian.
- CASTRIZ: Pablo, Martín, Cilindro, Álex, Alberto, Bruno, Víctor, Pablo Muni, Chinda, Luís (Balsa, min.70) e Agra.
- Goles: 0-1, min.40: Luís; 0-2, min.42: Agra de penalti sobre Luís; 1-2, min.80: Brais Garrido de falta polo medio da barreira.
Non puido celebrar o a href=33823>Baio a Festa dos 50 anos co bo sabor das semifinais. Dous goles ao fío do descanso do cadro de Estaban Blanco deixaron fóra aos baieses, tras unha primeira metade na que se notou que os xalleiros ían polo partido. O Castriz levou o mando sobre todo na primeira metade e na segunda veuse atrás, co resultado a favor, buscando a contra. Tiveron varias ocasións os xalleiros para sentenciar por medio de Luís, Pablo Muni, Chinda e Agra pero non sentenciaron e o Baio metía o medio no corpo, cun 1-2 que tralo 0-1 da ida deixaba ao Baio a un gol das semifinais.
Derbi bonito e intenso o que se verá as dúas vindeiras semanas entre Castriz e XSC, con opcións para os dous equipos.
XSC - Corme (0-0)
- XSC: Davíd, Rubén Forján, Alberto, Rubio, Jonathan, Jesús, Richi, Mata (César, min.60), Darío (Toño, min.55), Mario e Arnejo.
- CORME: Suso: Miguel Torrado, Dani, Alejandro, Sergio Sueiro (Josiño, min.65), Juan Chans, Adrián Doldán (Jesús, min.80), Lucas, Toniño e Alejo.
- Expulsións: o xalleiro César (min.85) e o cormelán Alejo co tempo cumplido.
Partido de tremenda tensión o vivido en Fontenla. I é que o ambiente chegaba cargado tralo polémico partido de ida. Foi un choque moi igualado e aberto, no que puideron marcar os dous e acabar 3-3 pero rematou sen goles, sendo o solitario gol de Sergio en propia meta da ida, clave.
O Corme tivo as súas opcións, sobre todo, Alejo, Juan Chans e Toniño que buscou o penalti cando o tiña todo de cara. Pero os Arnejo e Mario tamén dispuxeron de boas ocasións para abrir o marcador, e xa no minuto 10 fixeron unha boa triangulación os xalleiros e o balón acabou nas mans de Suso.
A boa nova, o bo ambiente e o respecto co que se trataron uns e outros, e a boa arbitraxe.
Crónicas da Copa da Costa 2014
Máis información
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Análise e resultados dunha xornada con Copa e o ascenso consumado do XSC Cadete.
- O Sofán confía no Carral.
- Crónica dunha fin de semana de fútbol na Costa da Morte.
Artigos relacionados
- Festa interxeracional de todo o pobo para celebrar os 50 anos do CD Baio.
- Laxe e Sofán vólcanse coa historia e a solidariedade:
- A Costa da Morte celebrou o ascenso branquiazul.
- Un xantar para celebrar os 50 anos do CD Baio.
- Xa temos os cadros das Fases de Promoción ás Ligas Galegas Inf., Cad. e Xuv..
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora blog do Malpica de Luís Porto.