mércores. 30.04.2025
El tiempo

Dumbría acolle Curso de monitor deportivo necesario para cadetes e infantís

Dumbría acolle Curso de monitor deportivo necesario para cadetes e infantís
Curso de Monitor de Futbol Base en Dumbria

De aquí a 2 anos, a Federación vai esixir a licencia de Monitor de Fútbol Base para dirixir as categorías cadete e infantil a nivel local, ademais de todas as categorías de Fútbol 8. Así, o A Escola Galega de Entrenadores organiza a través da Federación Galega de Fútbol un Curso que comeza o luns 30 de setembro e que durará os meses de outubro, novembro e decembro. O Dumbría cede as instalacións.

Serán 65 horas de curso, luns e mércores de 20:00h a 23:30h no Conco, e o curso custará 150€ (para adestrar na categoría xuvenil local xa é necesario sacar o nivel 1, e este custa 1200€).

O prazo remata este venres 27, pero por causas maiores o mesmo luns podería inscribirse en Dumbría. A día de hoxe xa hai máis de 25 alumnos apuntados.

Os mestres serán reputados e coñecidos adestradores da zona:

  • Miguel Filgueira, vimiancés co nivel 3 (o máximo) e adestrador do Arteixo.
  • Ambrosio Oróns, laxense co nivel 3 e licenciado en INEF.
  • Manuel Corredoira, coruñés co nivel 3 e adestrador do Castriz.

Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios