É de primeira, o Baio é de Primeira


Ese foi un dos cánticos preferidos para celebrar o soñado ascenso á 1ª Autonómica. A parroquia irmandiña de Baio puido coa resistencia viquinga de Ribeira. O desembarco das tropas branquiazuis foi completo, coon dous buses fletados para a ocasión, demostrando a grande ilusión que tiña toda a afección con este equipo.
E responderon. Os de Félix necesitaban alomenos un empate, e trouxeron de volta 3 puntos e un feixe de ilusión.
Ademais, a alegría é doble na Costa, pois o ascenso dos baieses provoca a permanencia do Mazaricos na Liga da Costa. Por iso, onte a familia amarela tiña o corazón en Ribeira.

Sálvora - Baio (2-3)
- BAIO: Anxo, Jose A., Norber, Mario, Eloy Lema, Fachal, Martin, Eloy Vilas, Rubio, Alberto, Martin MC. No banco: Guille, Chema, Yago, Jorge, Christian.
- Goles: 0-1, min.7: Martín dende o medio campo; 0-2, min.30: Alberto de penalti; 1-2, min.35; 2-2, min.45: de penalti; 2-3, min.87: MC.
- Expulsión: Chino contra o final por saltar ao campo.
Merecido ascenso o colleitado polo Baio en Ribeira. O cadro de Félix foi superior ao Sálvora, e así o prantexou durante os primeiros 45 minutos, a pesar de marchar ao descanso cunha igualada. E iso que os baieses se adiantaban pronto cun golazo impresionante de Martín dende o círculo central. Pouco a pouco o Baio seguía facendo dano na portería do Sálvora, e o segundo chegaba dende os 11 metros cun tanto de Alberto.
Parecía encarrilado o ascenso, pero dúas xogadas illadas, nas practicamente únicas ocasións do Sálvora en toda a primeira metade, o cadro local puña o partido patas arriba cun 2-2 que deixaba o ascenso pendente dun fío para ir ao descanso.
Soubo ler o partido ben o Baio. Non se precipitou nin se puxo nervioso, consciente de que o empate lle valía e que tiña que ser o cadro local o que máis arriscase. Foron pasando os minutos e os que se metían nerviosos eran os locais, pois o gol non chegaba e o Baio parecía moi seguro.
Mascábase a tensión, ata que MC tirou de calidade para sentenciar o partido e o ascenso a falta de tan só 3 minutos. A parroquia baiesa rompeu a cantar e a festa invadíu o campo e a vila baiesa ata altas horas da madrigada.

Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Os clubes de fútbol teñen ata o 30 de xuño para enviar as inscricións na tempada 2013/2014.
- A Gala do Fútbol da Costa xa ten convocados e xogarase probablemente en Outes.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Torneos
- Tempo dos peque-futbolistas.
- Máis Torneos por Carballo, Lariño e Zas.
- Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís.
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
Artigos relacionados
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).