Fases de Ascenso Base: O XSC, o único que avanza firme cara a Liga Galega


Sorte dispar para os nosos equipos nas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil. Sabedes que os cadros están sempre actualizados en copadacosta.com. E mentres, imos repasando categoría a categoría.
Xuvenís

Se onte avanzabamos que o Dumbría Xuvenil encarrilaba o ascenso, hoxe domingo, a derrota pola mínima dos de Diego Lobelos e Óscar Leis ante o Santa María do Mar deixou ao cadro dumbriés na segunda praza, polo que de ter que superar unha soa eliminatoria máis, agora queda un logo camiño de 3 eliminatorias. A primeira, finalmente e tralo sorteo do luns, ante o Porto Burela, e se gaña pasa á seguinte rolda na que haberá sorteo.
Ao se carón loita xa a Esteirana, que terá ao Boiro na primeira eliminatoria, e tamén terá que superar 3 choques para lograr o ascenso.
Infantil

O mesmo acontécelle ao Cee infantil, se ben este o tivo máis difícil e recibíu sendas goleadas ante Imperátor e Rayo Sadense. Agora, os de Carlos Pazos teñen que superar 3 eliminatorias, a primeira, ante o Callobre.
Cadetes

Mentres, o XSC Cadete, dirixido por Santi Casal, tras empatar contra o San Cristobal e vencer ao Obrero, métese na seguinte rolda como primeiro de grupo, polo que só terá que superar ao Ánimas, campión de Ferrol, para logar o ascenso á Liga Galega Cadete, e manter un equipo en categoría autonómica, despois do máis que seguro descenso dos Infantís.
Ante o San Cristóbal empatou o cadro xalleiro a dous goles, tras comezar por baixo no marcador, déronlle a volta cos goles de Marcos e Sergio, para empatar cerca do final o equipo herculino. Nos penaltis, o meta Koke estivo sobrebio, detendo os catro lanzamentos do San Cristóbal, e gañando o noso equipo por 2-0 (non se lanzou o último de cada equipo).
A empresa para o segundo partido non era sinxela. Había que gañar ao Deportivo Obreiro por tres goles de diferenza (o San Cristóbal derrotáballes no primeiro choque por 3-0). Na primeira metade deuse o paso inicial, co gol de Marcos, para, en cinco minutos da segunda, colocar o ansiado 3-0,con dous goles de Jacobo e Sergio.
Complicábanse as cousas co tanto do Obreiro de Oleiros, pero os rapaces, seguiron empuxando e sacando forzas, pois en menos de 14 horas de descanso disputaron este segunbdo partido, alcanzaron o 4-1 definitivo, con tanto nuevamente de Sergio Barbeira.
Agora, eliminatoria definitiva para o ascenso ante o campión de Ferrol, Ánimas, a dobre confrontación, primeiro en terreo departamental e a volta en Santa Comba.
O Cabana comeza a vindeira semana a andaina na Fase, e ten 3 eliminatorias por diante para chegar á Liga Galega.
Sorte a todos!!
Máis información
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- O Dumbría encarrila o ascenso á Liga Galega Xuvenil.
- Os Infantís, que triufan nas Comarcais de FS, xa teñen finalísima da Copa da Costa.
- O Sofán xa ten rivais para a Fase de Ascenso á 1ª.
- A gran festa do ascenso do Seaia viviuse en autobús.
- 2ª Autonómica: O Volantes mira cara 3ª.
- 1ª Autonómica: A Esteirana adica á permancia aos seus capitáns.
- Preferente: O XSC ten pé e medio na 1ª Autonómica.
- Promoción 3ª: Os penaltis dan o pase ao Seaia fronte a un gran Ameixenda.
- Resultados e crónica dunha xornada de ascensos, descensos e finais do Fútbol da Costa.
- Xa temos os cadros das Fases de Promoción ás Ligas Galegas Inf., Cad. e Xuv..
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- Redacción de QPC ([email protected]).
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
