Martes. 15.10.2024
El tiempo

FSF: Xornada de derrotas no fútbol sala costeiro

FSF: Xornada de derrotas no fútbol sala costeiro
Noelia que debido a baixa de Ana exerceu de capitana do Fisober

Non foi boa a semana para os nosos equipos de fútbol sala feminino.

Pola 2ª estatal, o Fisober sufríu severas as lesións, que provocaron que ata catro xogadoras do filial disputaran o partido, co debut de Andrea Muíño e Andrea Piroja en 2ª División, Tamara que disputaba o seu segundo partido na categoría e que Laura esta xa máis habitual tamén gozara de minutos. E como a can fraco todo son pulgas, a tronada matutina queimou o marcador e o partido tivo que disputarse con crono manual.
A pesares dos inconvintes tanto as xogadoras do primeiro equipo, como as do filial que completaron a convocatoria realizaron un gran encontro e tiveron serías opcións de que os puntos se quedaran en Vimianzo onde o equipo aínda non puntuou.

Xa na Liga Provincial, a xornada non puido ser peor para as nosas. 4 partidos e 4 derrotas. Por arriba, o Concello de Ponteceso caía na casa, e pola mínima ante o Grupo Work, vendo como escapan as dúas primeiras clasificadas, o Viaxes Amarelle e o BeArt, que precisamente podía, sufrindo, co Vila de Cee. O Lira caía na casa ante o Ártabras, e o Fisober B, facía o mesmo ante a visita do Troula, nun choque directo, que mete as vimiancesas na penúltima praza.

Só Patri nos trouxo unha alegría esta semana. O Viaxes Amarelle gañaba o seu segundo partido consecutivo na máxima categoría, abrindo unha brecha de 7 puntos co descenso tras disputar un intenso partido contra o Poio Pescamar FSF, sabendo controlar o tempo malia ir durante gran parte do partido por detrás no marcador.

2ª División Estatal, xornada 15

Partido do Fisober de 2 Estatal
  • Resultado: FISOBER F.S.F. – CHILOECHES (0-3).
  • FISOBER: Leti, Raquel, Mai, Noelia e Myrella ; tamén xogaron : Andrea Muíño, Laura, Tamara e Andrea Piroja.
  • Goles: Co 0-0 chegouse ao tempo de lecer; 0-1 Elima, 0-2 Cris, 0-3 Ana.

Comezou o partido moi igualado, con dous equipos moi concentrados sabedores de que o que se puxera por diante tería moito terreo ganado. Así chegaron as primeiras ocasións en ambas portería pero as porteiras sempre saían vencedoras. O marcador non quería moverse. Co paso dos minutos fóronse acumulando cada vez máis ocasións en ambas áreas pero sen o froito desexado. Noelia, Raquel e Andrea Muíño tiñan as mellores ocasións para as locais. Co resultado de igualada a cero chegábamos o tempo de lecer.>

A segunda metade seguía polo mesmo camiño da primeira e quedaba claro que o equipo que acertara ca portería contraria primeiro se ía levar o partido. A xogada chave puido ser unha ocasión que tivo a debutante Andrea Muíño que a piques estivo de adiantar as costeiras.
Pero aos 28 minutos a visitante Elima aproveitaba un rexeite para poñer en vantaxe as alcarreñas. O gol foi un duro golpe para as locais, que a pesares de todo seguiron percutindo na porta contraria aínda que cada vez deixaban máis ocos. Froito diso a cinco para fin do partido Cris poñía o segundo gol visitante.
Tralo gol e a falla de cinco minutos o Fisober decidiuse polo ataque de cinco adiantando a Leti. Pero non deu o froito desexado e incluso a trinta segundos para o fin Ana facía o definitivo tres a cero.

Malía a derrota hai que quedarse co bo partido realizado e o debut de xogadoras do filial en Nacional que sempre é unha ledicia para o clube.
A vindeira semana toca viaxe a terras madrileñas novamente desta vez a Simancas ca esperanza de recuperar algunha xogadora e non perder a ningunha.

Andrea Piroga Andrea Muino e Tamara co Fisober A

Liga Provincial, xornada 15

  • Resultado: Beart 5 Coruña - FSF Vila de Cee (4-2)
  • VILA DE CEE: Carla, Alba, Adriana, Andrea e María. Tamén: Serena, Sandra, Marta.
  • Goles: 1-0; 1-1: María; 1-2: Alba; (descanso); 2-2; 2-3; 2-4.
Banco do Vila de Cee FSF

Empezaron as ceenses moi descentradas nos primeiros minutos, con perdidas de balón continuas, e moi blandas en defensa, o cal fixo que o equipo contrario os poucos minutos marcase o 1-0.
O Beart 5 Coruña, seguiu a dominar e creando un montón de ocasións de gol, as cales con moito sufrimento e un pouco de fortuna conseguía anular a porteira Carla por parte do FSF Villa de Cee. Pero feridas no seu orgullo, as ceenses subiron a intensidade do partido e no ecuador da primeira parte comezaron a intentar facer o seu xogo e a perder o medo o equipo local, de tal forma que conseguiron remontar o partido con goles de María e de Alba, e chegar así a 2ª parte cun resultado favorable de 1-2.

Xa na segunda parte o xogo foi moi equilibrado para ambos equipos, onde o FSF Vila de Cee, chegou a dispor de varias ocasións para cerrar o partido o seu favor, pero que desperdiciou, o cal fixo que o 5 Coruña se viñese arriba e conseguise remontar o partido. Xa faltando 2 minutos para o final e indo perdendo por 3-2 as ceenses arriscaron poñendo porteira-xogadora e saíndo de 5, e case conseguen marcar con dúas ocasións moi claras, mais nos últimos segundos unha contra do equipo local consegue marcar o definitivo 4-2.
As estrelas nesta ocasión son 3* para Carla , pois na primeira parte salvou o partido, 2* para Adriana e 1* para María.
A vindeira xornada tócalle recibir o FSF VIlla de Cee a cafetería A Meca na casa, equipo 4º clasificado na liga e case igualado a puntos.

Liga Provincial, xornada 15

  • Resultado: Concello de Carnota Lira - Ártabras Fene F.S.F. (2-5)
Partido no Pavillón

municipal de Lamas de Castelo entre o Concello de Carnota Lira e o Artabras Fene FS. Primeira parte bastante igualada pero que as visitantes souberon aproveitar mellor indo ao descanso cunha vantaxe de 2 goles.

Na segunda metade saíron as locais con máis ganas e máis ocasións marcando Inés aos poucos minutos o 1-2. Pero as visitantes ampliaban o luminoso con dous goles máis facendo cada vez máis difícil a remontada. As Roxiñas voltaban a marcar por medio de Sandra pero as ferrolás nos últimos minutos poñían o 2-5 definitivo no marcador.

Liga Provincial, xornada 15

  • Resultado: Concello de Ponteceso F.S.F. - Grupo Work F.S.F. (0-1).

Liga Provincial, xornada 15

Fisober da Liga Provincial
  • Resultado: FISOBER “B” F.S.F. - TROULA (4-6).
  • FISOBER B: Alejandra, Paula Fandiño, Tamara, Laura e Andrea Muíño; tamén xogaron: Andrea Piroja e Antía.
  • Goles: 0-1 Silvia, 1-1 Paula Fandiño, 1-2 Silvia, 1-3 Silvia, 2-3 Tamara, 3-3 Paula Fandiño, (descanso), 3-4 Noelia, 3-5 Carla, 4-5 Andrea Muíño, 4-6 Silvia.

Partido disputado na tarde – noite do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo. O igual que no primeiro equipo as baixas azoutaron o filial, especialmente na portería o que fixo que Alejandra estivera baixo paus por segunda semana consecutiva.
Nun partido tolo a vitoria foi para un Troula que foi mellor e se levou a vitoria con xustiza, ante un filial que segue ca súa montaña rusa de sensacións e ca maldición de Vimianzo onde aínda non puntuou.
Ós dous minutos xa se adiantaban as visitantes cun gol de Silvia para poñer o cero a un. Pouco lles duraba a ledicia xa que os catro minutos Paula Fandiño aproveitaba o lanzamento dun libre indirecto na frontal para igualar o partido.
E no partido tolo de novo Silvia os seis minutos facía o segundo para as betanceiras. E a mesma Silvia mediada esta primeira metade poñía con dous de vantaxe as súas.
Cando parecía que se ía chegar con ese resultado o tempo de lecer, dous últimos minutos tolos con goles de Tamara primeiro e Paula Fandiño despois deixaban a igualada no tanteador.

A segunda metade dispúñase con outra perspectiva e nos primeiros minutos así foi. Pero cando os cinco minutos Noelia facía o tres a catro, volveron as dúbidas e o descontrol as locais.
Ós dez minutos Carla poñía o quinto visitante , deixando moi costa arriba o partido para o filial. Aínda así tentaron sacar algo cun último arreón final, cun gol de Andrea Muíño a falla de tres minutos. Que foi respostado case de seguido por Silvia que pechaba o seu cuarto gol e aseguraba a vitoria para as súas.
A vindeira semana tocaralles viaxar a terras de Ferrolterra para visitar as Ártabras.

1ª División Estatal, 16ª Xornada

Patri sacou con picardia unha falta clave para a vitoria do Amarelle
  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Poio Pescamar FSF (2-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Espi, Cris, Patri (cinco inicial), Lidia Mesías, Yaiza, Tati, Noe.
  • Goles: 0-1 Jenni (min. 4); 1-1 Tati (min. 32); 2-1 Espi (min. 39).

As xogadoras herculinas non tiraron a toalla e non abandonaron a súa disposición táctica para conseguir nos últimos minutos de partido dous importantes goles, para dar a volta ao partido e conseguir tres puntos vitais para abrir brecha cos postos de descenso ao impoñerse por 2-1 ás pontevedresas no derbi galego.

A primeira metade empezou cun Viaxes Amarelle FSF que cedeu o balón ás visitantes para que xogasen e aproveitar elas unha defensa pechada, buscando o roubo e a contra en velocidade. Pero aos catro minutos un balón chego cerca do área pequena para que Jenny non perdoase polo Poio Pescamar e adiantase ao seu equipo no marcador co 0-1.

Na reanudación, o partido seguiu unha dinámica moi similar. O partido parecía que non se ía a mover moito no marcador pero a falta de oito minutos, chegou unha falta en metade de cancha, que Patri moi hábil sacou rápido a Dolo, mentres as rivais estaban protestando ao colegiado, collendo Dolo a carreira por banda e cruzando o balón ao segundo pau onde Tati cun disparo desde a frontal do área batía a Silvia para igualar o partido. Este gol sería un punto de inflexión para as herculinas que se viñeron arriba e cada vez gozaban de máis ocasións, Tati ata en dúas ocasións quedouse no un para un contra Silvia, pero sen poder batela. O Poio Pescamar FSF tampouco desaprovechaba o partido e dispoñía de serias ocasións mandando un balón ao pau e con varias actuacións de renombre de Carmen, baixo os paus herculinos que impediron que as visitantes subisen algún tanto ao marcador. E cando faltaba pouco máis dun minuto para o final, Carmen saca un balón longo a Cris que controla por banda e vaise ata a área pequena onde dá un pase perfecto ao segundo pau no que Espi remata a pracer o 2-1, que concedía a vitoria momentánea ás herculinas. O conxunto visitante opto o último minuto polo xogo de cinco, pero non conseguiu xerar o perigo suficiente e ata as herculinas gozaron de tres ocasiones a porta baleira de sentenciar o partido, pero ao final o marcador quedouse nun 2-1, que deixa os tres puntos en terras herculinas.

O próximo partido terá lugar o vindeiro sábado 7 de febreiro de 2015 ás 18:45 horas no Pabellón Municipal Majori Kirodelgia (Ordizia) visitando a un rival directo, como o é o Estanda Ordizia KE.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas anteriores

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.

Comentarios