Ligas Base: O Outes, o primeiro campión

Facemos hoxe un repaso ás Ligas base, dende Cadetes ata Prebenxamíns.
O título dos Benxamíns Sur, decidido

E precisamente en Benxamíns é onde atopamos ao primeiro campión da temporada, que non é outro que o Outes, que a falta de 3 xornadas para o final celebraba o título Liga Benxamín Sur de F8 tras vencer en Cee, baixo unha espesa néboa, ao cadro azulón. A familia da Serra suma 19 vitorias en 19 partidos, con 160 goles a favor e 25 en contra, sacando 11 puntos a Fisterra e XSC A, os seus perseguidores dende a distancia.

Mentres, polo Norte (sabes que as ligas Norte comezaron máis tarde e son máis curtas que as do Sur) aínda imos pola 8ª xornada, con 10 por diante, e o Cabana é o que manda, despois de arrebatarlle o liderato ao As Baleas B, que caía ante o Sofán, 3º na táboa.
En Alevíns, polo Norte, tamén na 8ª xornada, son as EMF Vimianzo as que van de líderes, cun punto de vantaxe sobre o Cabana ao que vencía esta pasada semana no partido máis interesante da xornada.
E na Alevín Sur, a 3 xornadas para o final, aínda está todo por decidir. O Dumbría está líder, con 3 puntos sobre o Fisterra, os que se deixaba o cadro fisterrán en Esteiro esta semana. Entre ambos estará o título, cun Fisterra-Dumbría apaixoante na última xornada.
E os máis peques, os Prebenxamíns, están tamén a 3 xornadas do final das súas curtas ligas. No Oeste, Fisterra e Cee vai destacados, e no Este Outes e Esteirana van como motos.

División de Honra Cadete

- Resultado: Orillamar - Dumbría (2-2)
- DUMBRÍA: Maikel (Gabriel, min.45), Tomás, Jose M., Jose, Raúl, Samuel, Ismael (Ruben, min.65), Mauro, Luis, Borja e Gabriel (Adrian, min.68).
- Goles: 0-1, min.17: Luís; 0-2, min.32: Ismael; 1-2, min.35; 2-2, min.80.
A pesar das baixas o Dumbría puido volver cos puntos da Coruña ante un dos equipos da zona baixa. Púxose de cara o choque para os dumbrieses co gol de Luís ao cuarto de hora. Aí o Orillamar estirouse e o segundo chegaría á contra. Pero de contado o Orilla meteuse no partido cun gol rápido e con toda a segunda metade por diante. O empuxe dos coruñeses foi letal para os de Juan Purrúa, que xa apenas se xoga nada, coa salvación asegurada e na metade da táboa. E a 10 do final, o Orilla acadaba o merecido empate.
1ª Cadete
Tralo tropezo de hai dúas semanas en Cee, parece que o XSC volve á senda da vitoria. Os xalleiros teñen 6 puntos máis, e un partido menos, que o Fisterra, con 5 xornadas por diante, pero aínda cun enfrontamento directo na antepenúltima xornada en Ara Solis.
I Copa da Costa Infantil
E xa están os Cuartos da I Copa da Costa Infantil perfilados. Esta pasada fin de semaan celebrábase a volta doa Previa, na que o Muxía podía co Ponteceso, o Fisterra mallaba no Baio, e o Coristanco conseguía empatar cun Corme que xa sentenciara a eliminatoria na ida.
Os cormeláns, así como os campións, o Cee, e mais o Fisterra, que loitou ata o final polo título de Liga, parten como favoritos.

Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Xuvenís: O Dumbría proclámase campión de campións.
- 3ª Autonómica: O Baíñas campión e a Promoción perfilada.
- 2ª Autonómica: O Corme pega un estirón e por abaixo as cousas aprétanse.
- 1ª Autonómica: Camariñas e Ponteceso asinan a súa sentencia.
- Preferente: Dous en verdadeiros apuros e a un que se lle escapa a Promoción.
- Resultados e crónica dunha xornada con 3 títulos decididos no Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Jorge Parri.