Ligas Galegas: Dous empates e mellores sensacións
Nova xornada caseira para os nosos 3 equipos nas Ligas Autonómicas base. E se os resultados non foron moi positivos, dous empates e unha derrota, as sensacións de todos seguen sendo máis que positivas.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 9
- Resultado: Dumbría - Racing Ferrol (1-2).
- DUMBRÍA: Gabriel; Josiño, Pablo, Raúl, Fabio; Eloy (Adrián, min.41), Jose (Gabri Papín, min.60), Marcos, Borja (Gerardo, min.70); Ayoze (Luís Lojo, min.65) e Brandón.
O 1-2 que se levou o Racing de Ferrol do Conco pareceu excesivo para os merecementos dos dous equipos. E eso que os dumbrineses non fixeron un partido redondo e co esforzo do precedente vigués.
Os de Juan e Joaquin adiantáronse no marcador moi cedo. Corria o minuto 2, e Eloy controlaba o balón a uns 30 metros da porteria, soltou unha volea que acabou na escadra ferrolana, ante a sorpresa do cancerbeiro visitante. Outro golazo de volea, que parece a especialidade dos dumbrieses ests temoorada.
O Dumbría controlaba o partido sin aparente dificultade, pero pouco s pouco foi baixando a súa intensidade, e o Racing a acercarse ó portal de Gabriel, titular nesta xornada. Iso si, daba a impresión de que cada vez que se aproximaba o Dumbría a área ferrona habia dúbidas na súa defensa e perigo latente.
Pero quen empezou a crer e achegarse máis foron os verdes. Dun córner nunha xogada sin aparente perigo, veu o gol do empate, logo de que a zaga local non fora demasiado contundente na defensa desa acción.
Con ese gol, e coa calidade do seu capitán Sanmartín, o Racing estirouse, e aproveitou unha contra tras unha pérdida local para facer o seu 2° gol.
Tralo descanso, Juan Porrúa arriscou coa presenza de 3 puntas no campo, pero foi moi inconstante no seu dominio. Nin sufría demasiado, nin se creia demasiado que poidera empatar. Nunha das poucas combinacións veloces dos puntas costeiros, un centro de Brandon acabou na cabeza de Adrián, pero o seu remate foi repelido polo longueiro.
Con esa xogada, o Dumbría comezou a creer, e ainda que concedía espazos atrás, puxo cerco á área ferrolana. Pero as ocasións eran máis por coraxe que por fútbol, o gol estivo cerca... pero non chegou. E os 3 puntos colleron rumbo a Ferrol, cando algún ben puido quedar en Dumbría.
Liga Galega Cadete, xornada 9
- Resultado: Xallas de Santa Comba - Montañeros (1-1).
- XSC: Rubén, Guillín (Manuel), Alberto, Pablo, R; Raúl, Juanjo; Juan Lois, Carlos Baio, Thiago e Carlos Rieiro.
- Goles: 1-0, min.28: Carlos Rieiro; 1-1, min.73.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 9
- Resultado: Dumbría - Calasanz (0-0).
- DUMBRÍA: Juan; Sergio (Xulián, min.77), Berto, Toni, Samuel, Álex; Ezequiel (Hugo, min.41), Brais Fdez; Adrián; Xan (Brais Mtnez, min.65) e Brais Tajes (Ángel Sestayo, min.55)
Empate para o Dumbría infantil, diante dun rival, o Calasanz que amosou no Conco un moi bo nivel, polo que o punto sabe moi ben no bando local.
A tormenta de auga nahora previa do partido deixaba a sensación de que as condicións do campo non ían a ser moi boas para a vistosidade, e ainda que o terreo sintético foi drenando, un novo aguaceiro nos últimos 15 minutos, fixo que esa parte fora mais de waterpolo que de fútbol.
Antes, no primeiro tempo o Calasanz foi dono do balón e do partido, ainda que sin demasiado perigo. O Dumbría defendíase con esforzo, dedicación, orde, pero máis atrás do que lle gustaría ó dúo técnico Conde- Huelvis. Ese repliegue, motivado polo rival, o vento contrario e tamén pola carencia de saidas ofensivas de profundidade; fixo que o Calasanz rondase a área de Juan, pero careciu de remate. Só un par de remates en córners, e algunha internada pola banda esquerda do seu ataque, pero con centros que non encontraban destino. Esta vez si, Berto e Toni acompañaron ó sempre atento e concentrado Samuel nun moi salientable traballo defensivo local. O medio do campo traballou de maneira estajanovista, pero non foi quen de combinar demasiado.
O segundo tempo empezaba cun Dumbría 20 metros mais avanzado, e salindo a presionar e incomodar ós coruñeses no seu campo. Incluso Brais, Adrián, Xan e o revulsivo de Hugo tocaban con mais criterio.
O Calasanz tentou aproveitar a velocidade e o espazo á espalda da zaga blanca, pero os poucos remates, 3 foron neutralizados con seguridade por Juan.
O Dumbría estirouse coa entrada das pernas frescas de Sestayo e tivo as súas 2 ocasións antes de que a auga volvera a ser protagonista. O campo convertiuse en piscina, a roupa en improvisados traxes de baño, e Adrián no Phelps costeiro. Pareciu revivir do cansancio, e coa axuda dos demais "nadadores" brancos, neutralizaron a última oleada de ataques coruñeses.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- 2ª Autonómica: O Castriz non pode co ritmo de San Lorenzo e Zas.
- 1ª Autonómica: O Sofán non para e o Malpica sae do descenso a costa do Corme.
- Preferente: Doble premio cun importante debut.
- Análise e os 80 resultados da fin de semana no #FutboldaCosta.
Novas relacionadas
- Un repaso a todos os pichichis da Costa.
- Futsal Carballo: O Dolce&Cafe confirma a súa candidatura ao título:
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colaboran Huelvis e Corredoira.