Venres. 03.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: O XSC tamén sabe gañar

Ligas Galegas: O XSC tamén sabe gañar
Un cadete do XSC na temporada pasada en San Pedro Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

Por fin. Tras 6 xornadas os 3 equipos costeiros nas Ligas Autonómicas xa saben o que é gañar. Os equipos dumbrieses vencían o maleficio a semana pasada, e tras varias merecendo moito máis, o XSC da Liga Galega Cadete sumaba a súa primeira vitoria na súa visita ao Santiago de Compostela, saíndo con 4 puntos dos postos de descenso.

Tamén vencía o Dumbría da División de Honra Cadete, na saída a Ourense, colocándose na zona morna con 7 puntos.
O que non puido seguir a boa racha foi o Dumbría Infantil, caendo na Coruña e quedando na zona baixa da táboa.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 6

  • Resultado: Ourense - Dumbría (0-2)
  • DUMBRÍA: Jorge, Josiño, Fabio, Pablo, Raúl, Jose, Ayoze, Marcos Mouro, Brandón, Borja e Luís Lojo. Tamén xogaron: Eloy, Gabri, Esteban e Mario.
  • Goles: 0-1, min.43: Luís Lojo de cabeza tras outra xogada a balón parado; 0-2, min.46: Pablo de gran remate de cabeza a unha gran falta botada por Borja.

Soubo aproveitar o seu momento o Dumbría de Juan Purrúa e Joaquín Quintáns para sumar a súa segunda vitoria consecutiva. Arrincaba a primeira metade con bastante imprecisións, nun campo con moita auga e cun Ourense moi forte que non permitía combinar aos dumbrieses. Así e todo os dous tiñan medo a perder e non houbo apenas ocasións. A medida que pasaban os minutos foron dominando máis.

Nada máis saír segunda metade, en 5 minutos sentenciu a balón parado o cadro dumbriés. Un remate de cabeza de Luís Lojo e outro salto impresionante de Pablo daban unha vantaxe imposible de remontar para os locais que se viñeron abaixo, quedando a mercé do dominio total do Dumbría, que pechou o partido cunha xusta vitoria.
A ver se consegue enlazar 3 vitorias seguidas.

Liga Galega Cadete, xornada 6

  • >Compostela - Xallas StComba (0-1).
  • XSC: Rubén, Rubén Suárez (Brais), Alberto, Pablo, R, Carlos Baio, Raúl, Manuel (Guillín), Carlos Rieiro, Juan Lois (Heitor) e Grille (Mosteiro).
  • Gol: 0-1, min.18: Grille.

Xusto e sufrido triunfo do XSC de Corredoira no terreo de xogo da SD Compostela, nun partido marcado polo forte vento. Na primeira metade, co vento a favor, os xalleiros gozaron de boas oportunidades para conseguir unha maior vantaxe que o 0-1 materializado por Grille, pero unha vez máis as súas atacantes non viron porta. O seu dominio foi absoluto, cun Compostela incapaz de superar a presión e o traballo dos verdenaranjas.

Na segunda metade, o Compos adiantou un pouco as súas liñas, intentando aproveitar o aire a favor, pero foi o XSC o que contou coas mellores ocasións de gol, sobre todo nun man a man de Carlos Rieiro que non acertou ante o meta local.
O bo labor de contención dos visitantes fixo que o Compostela non gozase de ningunha ocasión clara e a súa mellor oportunidade foi un lanzamento que detivo sen maiores problemas o meta Rubén.

Ao final, un merecido triunfo do Xallas de Santa Comba que suma a primeira vitoria da tempada ante un rival que segue na última praza da clasificación.


Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 6

  • Resultado: Orillamar - Dumbría (3-0)
  • DUMBRÍA: Juan (Breo, min.60), Xan (Sestayo, min.70), Samuel, Toni, Sergio, Ezequiel (Sebas min.55), Adrián, Brais Fdez, Hugo (Berto, min.41); Alex (Brais Mtnez, min.55) e Brais Tajes.

Madrugón de domingo para o Dumbría, e derrota na Coruña fronte a un Orillamar que tivo mais efectividade nas suas accions de ataque, aínda que no búmero de ocasións o partido estivo igualado. Durante o primeiro tempo era tal, que apenas os porteiros tiveran que intervir. Tan só o cancerbeiro coruñes tivo que responder cunha boa estirada, a unha falta ben lanzada por Adrian. O Orilla creou incertidume nun corner que se paseou por toda a área sin que atacantes nin defensores foran quen de convertirla nin neutralizala.

Mediado o primeiro acto, o Dumbría asentouse, cun Brais Fdez dono do tempo do partido e encontrando nas chegadas de Brais Tajes a profundidade necesaria para poder marcar. Cando mellor parecia estar o equipo costeiro, a falta de 6 min para o descanso, unha perda de balón visitante no seu campo, propiciou unha rápida combinación dos puntas coruñeses, e o seu 1° gol. O partido chegou o descanso coa sensación de que o Orilla conseguira demasiado botín.

Na reanudación, Conde e Huelvis adiantaron a posicion de Xan, na búsqueda de maior creatividade cerca da área rival. O partido seguía na tendencia de igualdade, ainda que os locais se defendian mais e buscaban roubar e salir. Asi chegaba o 2°. Roubo no medio, conducción rápida e, o punta local, aproveitábase dunha posicion moi dubidosa dentro da área para darlle maior renda.
Pero non parecia definitiva, porque o Dumbría estirouse. Adrián creaba perigo en cada acción e varios tiros rondaron o marco do Orilla. A mellor ocasión saiu dunha magnífica arrancada de Brais Mtnez, que deixou atrás a zaga azul, e só diante do porteiro, optou polo tiro antes que polo pase e no man a man ganou o porteiro. Na contra consiguiente, caiu o terceiro local, e a remontada que parecia posible, converteuse en imposible.


Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios