Ligas Galegas: O XSC pega o estirón
A igualdade de cada partido na máxima categoría Cadete, a División de Honra, fai que as vitorias ou as derrotas se diriman por pequenos detalles. Ese foi o caso da visita do Dumbria cadete ó campo do Victoria coruñés, un equipo de similar potencial, pero que inclinou a balanza ó seu favor con único tanto, un doloroso gol a balón parado no tempo de desconto do primeiro tempo. Quedan os dumbrieses na 12ª praza, con 11 puntos, con 4 de marxe sobre os postos de descenso.
Na Liga Galega Cadete, xusto triunfo do XSC no terreo de xogo coruñés de A Grela, ante un Imperátor que se viu absolutamente superado polos xalleiros no tramo final da primeira metade, onde os verde-laranxas conseguiron os seus tres tantos. Os de Corredoira ascenden ata a 12ª praza, xa con 7 puntos de marxe sobre o descenso.
E xa nos Infantís derrota dos dumbrieses na Coruña que os alonxa da zona media-alta (quedan a 6 puntos), pois xa sabemos que trala primeira volta (quedan 9 xornadas), os da metade da táboa para arriba compeitrán polo título e os de abaixo por evitar o descenso, de aí o importante que é esta parte da competición.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 10
Víctoria - Dumbría (1-0)
- DUMBRÍA: Gabriel: Josiño, Pablo (Mario, min.41), Raúl, Fabio; Jose, Marcos, Borja; Ayoze, Luís Lojo (Gabi, min.53) e Brandón (Adrián, min.65).
- Gol: 1-0, min.30.
O partido iniciouse cunha posesión sin perigo dos coruñeses, q ó chegar á liña de medios do Dumbría se enrredaba, e os blancos, roubaban e salian con velocidade e perigo. O plan de Juan e Joaquin, comezaba funcionando. Ós 3 minutos Brandon amenazaba sin concretar, e pouco despois era Fabio o que inquietaba o marco local cun lanzamento de falta. Neste 1° acto o Victoria apenas se achegou con algún tiro lonxano. Neste escenario, cun partido equilibrado sin moito perigo nas áreas, chegou, no alargue do 1° tempo, o gol do triunfo local. Nunha falta lateral ben botada, os atacantes estiveron máis prestos q os defensores costeiros, que penalizaron esa última falla de atención co gol da derrota.
O segundo tempo mudou de protagonismos. Era o Victoria o que se atrincheraba no seu territorio e o Dumbría o que trataba de crear. Pero caendo en demasiadas imprecisións, nun fútbol demasiado directo, que non conseguiu inquietar o rival. Nin a través do xogo, nin a través dos balóns parados, noutros momentos salvadores para este Dumbría cadete.
Liga Galega Cadete, xornada 10
Imperator - Xallas StComba (1-3)
- XSC: Rubén, Pablo (Manuel), Alberto (Rubén Suárez), Raúl, R; Carlos Baio; Juanjo; Thiago, Carlos Rieiro, Juan Lois (Mosteiro); Grille (Guillín).
- Goles: 0-1, min.23: Juan Lois; 0-2, min.28: Thiago; 0-3, min.37: Carlos Rieiro; 1-3, min.39.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 10
Ural - Dumbría (2-0)
- DUMBRÍA: Juan; Sergio, Berto, Toni, Samuel, Álex; Hugo, Brais Fdez; Adrián; Xan e Ángel Sestayo. Tamén xogaron: Jonathan, Alberto, Brais Martínez, Brais Tajes e Xulián.
- Goles: 1-0, min.38; 2-0, min.79.
Claves foron os últimos instantes de cada tempo para o devir do partido. Dous goles, dos chamados psicolóxicos, ao fío do descanso e a un minuto do final do partido, decantaron o choque para os herculinos, a pesar das ocasións que tiveron os dumbrieses de empatar o choque durante a sgeunda metade.
Non foi, en todo caso, un bo partido do equipo de Pablo Conde e Huelvis. O Ural foi dominador claro do partido, sen ser fisicamente superiores, e aos costeiros non lle duraba o balón nos pés, cunha actitude, por momentos, incorrecta. Merecida derrota dos costeiros que terán que mellorar nas vindeiras xornadas.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Máis información
- 3ª Autonómica: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O San Lorenzo marca o ritmo.
- 1ª Autonómica: O Sofán non cede nin co Malpica.
- Preferente: O Dumbría pega un salto.
- Resultados dunha nova xornada de FútboldaCosta pasada por auga.
Novas relacionadas
- Un repaso a todos os pichichis da Costa.
- Futsal Carballo: O Dolce&Cafe confirma a súa candidatura ao título:
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).