Sábado. 04.04.2020
El tiempo

Malpica queda sen oficina e presidente da Federación Galega pero fica co surf

Malpica queda sen oficina e presidente da Federación Galega pero fica co surf
O malpicán Juan José Rodríguez Hierro, de Silfo Camps, non vai presentarse para renovar a presidencia da Federación Galega de Surf

Rematou o convenio entre o Concello de Bergantiños e a Federación Galega de Surf polo cal o concello malpicán mantiña aberta unhas oficinas da delegación da entidade. O caso é que despois de 4 anos na presidencia, Juan José Rodríguez Hierro, responsable do campamento malpicán Silfo Surf Camp, non se presentará as vindeiras eleccións. E sen presidente na zona, as oficinas da Escola Unitaria de Beo carecen de sentido.

Preguntámoslle ao ata estes días Presidente da Federación Galega de Surf se esta nova situación vai alonxar o surf da Costa da Morte, e pode facer perigar a posición de privilexio que ten nestes últimos anos. E nada máis lonxe da realidade segundo o propio Juan José. “Se ben non nos favorece que haia só unha oficina en Vigo, penso que a Costa da Morte non vai perder importancia. Aínda imos dar máis caña para que saian máis rapaces da nosa Costa, porque a verdade é que por agora son moi poucos e hai que traballar na canteira”, sinala.
I é que a importancia está nas ondas, non nas oficinas!!

Estaremos atentos, en todo caso, ás Eleccións, que poden rematar cun presidente vigués, segundo as nosas pesquisas. I é que esta semana xa tivo lugar a convocatoria de eleccións dos órganos de goberno, Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada da Federación Galega de Surf.

Novas relacionadas

Máis novas

Outras novas

Fonte

comentarios