Martín Varela segue sumando cun triunfo no segundo cadro de Florencia
Non vai parar este teimudo cormelán ata que o consiga. Apostamos que o ano que vén o veremos en Brasil, en Río, na Paraolimpiada. E para iso el segue de torneo internacional en torneo internacional, mentres lle dan os poucos cartos que puido xuntar este ano para competir a este nivel ante a falta de axudas. O último tivo lugar en FLorenacia, e o o tenista cormelán proclamouse campión do segundo cadro do Internazionale Citta’ di Firenze tras gañar ao italiano Marco Amadori na gran final.
Martín Varela superou en primeira rolda ao húngaro Bela Szabo nun partido que estivo marcado pola calor e no que o de Corme sacou adiante o encontro cun dobre 6/2 a pesares de que non practicou o seu mellor tenis.
Nos cuartos de final, o galego enfrontaríase ao tenista local, Manuel Zorzetto. Neste partido, Martín mellorou o seu xogo e cometiu poucos erros non forzados para acadar unha clara victoria, 6/1 e 6/0, e lograr o pase ás semifinais.
O sábado sería o día clave para o tenista da A. D. Vidú. Pola mañá, o cormelán tivo que remontar logo dun mal primeiro set que se levou o suízo Daniel Pellegrina por un claro 1/6. Tras esto, Martín sacou a súa característica garra para gañar o segundo e o terceiro set, por 6/4 e 6/3, respectivamente, e lograr o pase á gran final.
Tan só catro horas despois de rematar a semifinal, daría comezo o partido decisivo que enfrontaría ao cormelán co italiano Marco Amadori. O galego comezaría 1/2 por debaixo no tanteo nun encontro no que a Martín lle costaría coller o ritmo de xogo debido ao cansancio acumulado pola mañá. Pero, o cormelán recompoñeríase desta situación e a súa gran seguridade nos golpes levaríao ata a victoria final e a lograr o título de campión, cun tanteo de 6/3 e 6/0.
Con este triunfo, Martín Varela suma uns valiosísimos puntos na súa carreira cara Río.
En dobles
No que respecta ao cadro de dobres, o tenista de Corme e Martín De La Puente enfrentábanse á parella cabeza de serie do torneo, formada polo francés Frederic Cattaneo e o austriaco Martin Legner. A pesar de que polo tanteo, 6/1 e 6/2, parece que foi unha clara victoria, o encontro foi igualado pero os galegos víronse condenados polos erros non forzados a consecuencia da precipitación destes. Ademáis, a norma do punto de Ouro non beneficiou aos nosos tenistas xa que a pesar de chegar en moitos xogos a 40 iguales, a parella cabeza de serie do torneo levouse todos os puntos de Ouro excepto un.
Os Martín sacan moitas cousas en positivo deste partido como foi o gran xogo realizado e a compenetración que houbo entre eles na pista.
Entrevistas con Martín Varela
- David Castro fala con Martín Varela, un dos mellores deportistas da Costa da Morte.
- Entrevista de David Lourido: Martín Varela: “Para a Xunta non son deportista de alto nivel”.
Máis información
Novas relacionadas
- Martín Varela segue a súa carreira cara Río 2016 sumando puntos en Madrid.
- Martín Varela suma os primeiros puntos en Eslovaquia na súa carreira cara Río 2016.
- Martín Varela buscará esquecer o mal torneo checo na veciña Eslovaquia.
- Martín Varela segue á súa carreira cara Río 2016 cun subcampionato de España.
- Martín Varela comeza a carreira a #Río2016 con vitoria en Italia.
- Martín Varela, inicia en Italia a escalada cara Río2016 con novos patrocinadores.
- Martín Varela no inForum 2015.
- A Gala do humor logra recadar 4000€ para levar a Martín Varela a #Río2016.
- Agosto 2014: Martín Varela segue o camiño cara Brasil 2016 gañando os dobres no Open Internacional de Miranda.
- Xullo 2014: Martín Varela comeza o seu desafío para chegar ás Olimpiadas de Río 2016.
- Xuño 2014: Martín Varela pelexou polas medallas da Copa do Mundo coa Selección Española.
- Maio 2014: Martín Varela preparará o Campionato do Mundo co torneo da casa.
- Abril 2014: Martín Varela volve á Selección Española para disputar o Campionato do Mundo.
- Marzo 2014: Martín Varela volve á competición.
- Xuño 2013: Novo doblete de Martín Varela en Zaragoza.
- Abril 2013: Unha festa para mandar a Martín Varela ao Campionato do Mundo.
- Setembro 2012: Martín Varela pecha a tempada a golpe de títulos.
- Xuño 2012: Martín Varela e a Selección Española petan con Asia.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).